Robert Ridgway
Robert Ridgway sentado no seu escritorio, lendo un libro. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1850 Mount Carmel, Illinois |
Morte | 25 de marzo de 1929 Olney, Illinois |
Residencia | Larchmound (en) (1913–1929) |
País de nacionalidade | estadounidense |
Actividade | |
Campo de traballo | Ornitoloxía |
Ocupación | naturalista, ornitólogo |
Empregador | Smithsonian Institution |
Membro de | |
Influencias | |
Participou en | |
31 de maio de 1899 | Harriman Alaska Expedition (en) |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Ridgway |
Familia | |
Irmáns | John L. Ridgway |
Premios | |
Membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos Medalla Daniel Giraud Elliot (1919) Medalla Brewster (1921) | |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Ridgway, Robert) |
Lista
|
Robert Ridgway, nado o 2 de xullo de 1850 en Mount Carmel, Illinois, e finado o 25 de marzo de 1929 en Olney, no mesmo estado de Illinois, foi un naturalista e ornitólogo estadounidense.
Trayectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Mount Carmel, Illinois, Ridgway foi un protexido do zoólogo Spencer Fullerton Baird, quen, cando foi nomeado secretario da Smithsonian Institution, propuxo a Ridgway como primeiro conservador a tempo completo de aves do U.S. National Museum. Neste posto Ridgway serviu desde 1880 até a súa morte en 1929.
Ridgway publicou un dos primeiros e máis importantes sistemas de cores para a identificación de aves, no seu libro de 1886 A Nomenclature of Colors for Naturalists (Boston: Little, Brown & Co.)
En 1912 publicou unha obra aínda maior sobre nomenclatura de cores, Color Standards and Color Nomenclature, co diñeiro que conseguiu do seu amigo José Zeledón, de Costa Rica. Ornitólogos de todo o mundo continúan citando os libros de Ridgway sobre a cor.
Na primavera de 1867, á idade de 16 anos, Ridgway foi contratado como naturalista do estudo de Clarence King. Neste estudo, no que permaneceu case dous anos, Ridgway recolleu moitos espécimes de aves, e foi un dos membros principais dos catro grandes estudos do Oeste norteamericano. Á súa volta á Smithsonian, traballou de forma informal até que foi formalmente nomeado conservador de ornitoloxía. Aínda que Ridgway só cursou o bacharelato, era moi elocuente e tiña amplos coñecementos de forma que serviu moitos anos coma voceiro da Smithsonian. Os seus amigos e colegas describírono como patoloxicamente tímido e, en xeral, evitou a publicidade e ser o foco de atención.
Ridgway foi coautor (xunto con Thomas Mayo Brewer e Spencer Fullerton Baird) de History of North American Birds (Boston, 1875-1884; Land Birds, 3 vols., Water Birds, 2 vols). Tamén escribiu outros libros e monografías, e máis de 450 artigos en revistas científicas.
En 1899 uniuse a E. H. Harriman na súa famosa exploración da costa de Alasca, onde acompañou a John Muir e a outros moitos naturalistas e científicos.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]- A abreviatura Ridgway emprégase para recoñecer a Robert Ridgway como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
- A abreviatura Ridgway emprégase para recoñecer a Robert Ridgway como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Honores
[editar | editar a fonte]Distincións
[editar | editar a fonte]- Medalla Daniel Giraud Elliot (1919)
- Medalla Brewster (1921)
Epónimos
[editar | editar a fonte]- Aves
- Xénero
- Especies de aves
- Vexetais
- Especies vexetais
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Robert Ridgway |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrow, Mark V. (1998). A Passion for Birds: American Ornithology after Audubon. Princeton, NJ: Princeton University Press. ISBN 9780691044026.
- Harris, Harry (xaneiro–febreiro 1928). "Robert Ridgway, with a Bibliography of His Published Writings and Fifty Illustrations" (PDF). The Condor 30 (1): 5–118. doi:10.2307/1362947. Consultado o 15 de marzo de 2019.
- Lewis, Daniel (2012). The Feathery Tribe: Robert Ridgway and the Modern Study of Birds. New Haven, CT: Yale University Press. ISBN 9780300175523. Consultado o 15 de marzo de 2019.
- Oberholser, Harry C. (abril 1933). "Robert Ridgway: A Memorial Appreciation" (PDF). The Auk 50 (2): 159–169. doi:10.2307/4076862. Consultado o 15 de marzo de 2019.
- Wetmore, Alexander (1931). "Biographical Memoir of Robert Ridgway, 1850–1929" (PDF). Biographical Memoirs (National Academy of Sciences of the United States of America) 15: 57–101. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xuño de 2011. Consultado o 15 de marzo de 2019.