Saltar ao contido

Jean Paul Getty

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJean Paul Getty

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de decembro de 1892 Editar o valor en Wikidata
Minneapolis (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xuño de 1976 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Guildford (Reino Unido) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPacific Palisades (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónMagdalen College
John H. Francis Polytechnic High School (en) Traducir
Universidade do Sur de California
Universidade de California, Berkeley
Harvard-Westlake School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncoleccionista de arte, industrial, emprendedor, autobiógrafo, mecenas Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1907 Editar o valor en Wikidata - 1976 Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaGetty family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeTheodora Getty Gaston (1939–1958), divorcio
Ann Rork Light (1932–1936), divorcio
Adolphine Helmle (1928–1932), divorcio
Allene Ashby (1925–)
Jeannette Dumont (1923–1926), divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaUrsula d'Abo Editar o valor en Wikidata
FillosGeorge Franklin Getty II
 () Jeannette Dumont
Jean Ronald Getty
 () Adolphine Helmle
Paul Getty
 () Ann Rork Light
Gordon Getty
 () Ann Rork Light
Timothy Getty
 () Theodora Getty Gaston Editar o valor en Wikidata
PaisGeorge Getty Editar o valor en Wikidata  e Sarah Catherine McPherson Risher Editar o valor en Wikidata
IrmánsGertrude Lois Getty Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1535011 BNE: XX995631 WikiTree: Getty-92 Find a Grave: 6730 Editar o valor en Wikidata

Jean Paul Getty, nado en Minneapolis (Minnesota) o 15 de decembro de 1892 e finado en Londres o 6 de xuño de 1976, foi un empresario estadounidense, fundador da compañía Getty Oil.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Getty naceu nunha familia petroleira e foi unha das primeiras persoas do mundo cunha fortuna superior aos mil millóns de dólares. Ávido coleccionista de arte e de antigüidades, a súa colección e a súa mansión de Malibú foron a base do museo J. Paul Getty en California.

Estudou na Universidade de California do Sur e na de Berkeley antes de graduarse en 1914 polo Magdalen College, Oxford en economía e ciencias políticas. Traballou durante os veráns nos campos petroleiros do seu pai en Oklahoma. Conseguiu o seu primeiro millón de dólares en 1916 coa súa primeira compañía petroleira en Tulsa. O ano seguinte anunciou a súa retirada aos Ánxeles para converterse nun playboy. Aínda que máis tarde volvese aos negocios, Getty perdera o respecto do seu pai. Pouco antes de que George Franklin Getty falecese en 1930, pensaba que Jean Paul levaría a empresa familiar á ruína, e así llo comunicou.

Mudouse a Inglaterra na década de 1950 e viviu e traballou ata a súa morte en Sutton Place, unha mansión do século XVII preto de Guildford (Surrey), onde faleceu en 1976.[1] Foi enterrado en Pacific Palisades, Os Ánxeles, na Getty Villa. A súa tumba non está aberta ao público.[2]

Secuestro de John Paul Getty III

[editar | editar a fonte]

En 1973, o seu neto, John Paul Getty III, foi secuestrado. Getty rexeitou pagar o rescate ata que recibiu a orella dereita do neno. Getty defende o seu rexeitamento inicial a pagar o rescate con dúas razóns. Primeiro, argumenta que tiña outros catorce netos, e someterse ás peticións dos secuestradores poríaos en risco ante réplicas do secuestro. A segunda é que acceder a estas demandas garante a continuidade e incremento do terrorismo.[3] Ao final o seu neto foi liberado.

Getty casou en cinco ocasións:

En 2013, con 99 anos, a quinta esposa de Getty, Louise, agora coñecida como Teddy Getty Gaston, publicou unhas memorias indicando como Getty lle rifara por gastar cartos demasiado libremente na década de 1950 no tratamento do seu fillo Timmy, de seis anos, que quedara cego por un tumor cerebral. Timmy morreu aos doce anos, e Getty, que vivía en Inglaerra lonxe da súa esposa e do seu fillo, non asistiu ao funeral. Teddy divorciouse del ese mesmo ano.[4] Teddy Gaston morreu en abril de 2017 aos 103 anos.[5]

Un dos seus bisnetos é o actor Balthazar Getty.

Obra publicada

[editar | editar a fonte]
  • Getty, J. Paul. The history of the bigger oil business of George F.S. F. and J. Paul Getty from 1903 to 1939. Os Ánxeles, 1941.
  • Getty, J. Paul. Europe in the Eighteenth Century. [Santa Monica, Calif.]: impresión privada, 1949.
  • Le Vane, Ethel, e J. Paul Getty. Collector's Choice: The Chronicle of an Artistic Odyssey through Europe. Londres: W.H. Allen, 1955.
  • Getty, J. Paul. My Life and Fortunes. Nova York: Duell, Sloan & Pearce, 1963.
  • Getty, J. Paul. The Joys of Collecting. Nova York: Hawthorn Books, 1965.
  • Getty, J. Paul. How to be Rich. Chicago: Playboy Press, 1965.
  • Getty, J. Paul. The Golden Age. Nova York: Trident Press, 1968.
  • Getty, J. Paul. How to be a Successful Executive. Chicago: Playboy Press, 1971.
  • Getty, J. Paul. As I See It: The Autobiography of J. Paul Getty. Englewood Cliffs, N.J. : Prentice-Hall, 1976. ISBN 0-13-049593-X.
  1. Whitman, Alden (6 de xuño de 1976). "J. Paul Getty Dead at 83; Amassed Billions From Oil". On This Day. The New York Times. New York City: New York Times Company. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2016. Consultado o 13 de setembro de 2018. 
  2. "J. Paul Getty (1892 - 1976)". Find a Grave. 
  3. Getty, 1976, p. 139
  4. Newman, Judith (30 de agosto de 2013). "His Favorite Wife: 'Alone Together,' by Teddy Getty Gaston". The New York Times (Nova York: New York Times Company). Consultado o 31 de agosto de 2013. 
  5. Miller, Mike (10 de abril de 2017). "J. Paul Getty’s Ex-Wife Teddy Getty Gaston Dies at 103". People. Nova York: Meredith Corporation. Consultado o 30 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]