Saltar ao contido

Santuario de Loiola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santuario de Loiola
Vista da basílica
Datos xerais
PaísEspaña España
RexiónPaís Vasco País Vasco
TipoBasílica
AdvocaciónIgnacio de Loiola
LocalizaciónAzpeitia
Coordenadas43°10′28″N 2°16′57″O / 43.1744367256, -2.28236514026
Culto
CultoIgrexa católica
DioceseDiocese católica latina de Donostia
Orde relixiosaCompañía de Xesús
Arquitectura
Construción1689-1738 (igrexa e á sur)
1760-1767 (á norte)
EstiloBarroco e churrigueresco (interior)
Páxina websantuariodeloyola.org/
Santuario de Loiola en País Vasco
Santuario de Loiola
Santuario de Loiola
editar datos en Wikidata ]

O Santuario e Basílica de Loiola é un complexo monumental e relixioso construído ó redor da casa natal de Ignacio de Loiola, fundador da Compañía de Xesús, coñecida como os Xesuítas. Atópase no barrio de Loiola do municipio guipuscoano de Azpeitia, no País Vasco. O santuario atópase a beiras do río Urola entre as poboacións de Azpeitia e Azcoitia.

Ignacio de Loiola, que en realidade se chamaba Iñigo López de Loiola, era fillo do señor de Loiola, Beltrán Ibáñez de Oñaz (cabeza dos Oñacinos), e da ondarresa Marina Sánchez de Licona, membro dunha importante familia oñacina biscaíña.[1] Naceu no ano 1491 na casa torre familiar de Loiola.[2]

A Compañía de Xesús converteuse nunha poderosa institución que tiña moita influencia na cúpula dirixente católica. Ignacio, o seu fundador, foi nomeado santo e, como era lóxico, a súa casa natal pasou a ser un lugar de devoción.[3] Cando no século XVII a casa torre onde nacera foi cedida ós xesuítas, estes construíron alí, ó redor da casa natal do seu fundador, todo un complexo relixioso no cal destaca a súa basílica.

  1. Castejón, Antonio. "LOYOLA. Oñaz Loyola Ascendientes de Ignacio de Loyola. Señores de las casas Oñaz y Loyola.". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de novembro de 2007. 
  2. Las Siervas de los Corazones Traspasados (2006). "San Ignacio de Loyola Fundador de la Compañía de Jesús (jesuitas)" (23-11-07 ed.). Las Siervas de los Corazones Traspasados de Jesús y María. Consultado o 25 de novembro de 2007. 
  3. "Compañía de Jesús". ACI-PRENSA Enciclopedia Católica. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2007. Consultado o 14 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]