Acción Popular
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Acción Popular | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | conservadorismo |
Data de fundación | 1931 |
Data de disolución | 1933 |
Sede | Madrid |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Acción Popular foi un partido político español confesional católico durante a Segunda República, que foi o núcleo principal que deu orixe á Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi constituído apresuradamente o 29 de abril de 1931, ao instaurarse a República. Inicialmente co nome de Acción Nacional ata 1932 que cambiou a súa denominación a Acción Popular. O seu promotor foi Ángel Herrera Oria, director de El Debate, que pasou a ser o órgano oficial do partido. Xurdiu como unha fronte política para defender á relixión católica, á propiedade e á familia[1].
Desde o principio anunciou que acataría a nova legalidade republicana, aínda que non era republicana, converténdose en refuxio das forzas monárquicas.
Cando Herrera Oria renunciou á presidencia do partido o 19 de outubro de 1931, constituíuse un comité dirixido por José María Gil-Robles, xunto a Antonio Goicoechea e o conde de Vallellano. Estes eran dous destacados monárquicos e en xaneiro de 1933 separáronse de Acción Popular para fundar Renovación Española. Nas Cortes constituíntes de 1931 contaron co deputado Ricardo Cortes Villasana. Seguidamente en febreiro de 1933 Herrera Oria retirouse da dirección de El Debate, co que Gil-Robles, que era o parlamentario de máis talle entre os seus correlixionarios, consagrouse como xefe do partido en vésperas da constitución da CEDA. A CEDA, en coalición con Renovación Española, tradicionalistas, agrarios e nalgúns distritos cos radicais e republicanos conservadores, triunfou nas eleccións de 1933.
A súa organización xuvenil eran as Juventudes de Acción Popular (JAP).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martínez Bande, J. M. (2997): Los años críticos: República, conspiración y Alzamiento. Madrid, Ediciones Encuentro. ISBN 978-84-7490-883-1, p. 39.