Afonso II de Oviedo
Miniatura de Afonso II no Tombo A da catedral de Santiago de Compostela. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 759 (Gregoriano) Oviedo, España |
Morte | 20 de marzo de 842 (Gregoriano) (82/83 anos) Oviedo, España |
Lugar de sepultura | panteón real da catedral de Oviedo |
Monarca do Reino de Asturias | |
791 – 842 ← Vermudo I o Diácono – Ramiro I de Oviedo → | |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Título | Rei de Asturias |
Familia | Dinastía ástur-leonesa |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Froila I e Munia de Áraba |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Galega Universal |
Afonso II de Oviedo, o Casto, nado cara o ano 762 e finado en Oviedo no 842, foi rei de toda a Galicia altomedieval entre os anos 791 e 842.[a] Fillo do rei Froila I, educouse no mosteiro de Samos, e foi durante o seu reinado cando se produciu en Compostela a descuberta do sartego do apóstolo Santiago. No tempo do seu longo reinado o caudillismo que exerceran Paio ou Afonso I acadou un verdadeiro nivel de monarquía organizada.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do rei Froila I (así se asegura na crónica de Afonso III),[10] o seu pai foi asasinado no ano 768, sendo el aínda neno. Para salvarlle a vida, seus partidarios agochárono no mosteiro de Samos.[11] Alí foi educado, gañando, posibelmente, a moral cristiá que o levou a non contraer nunca matrimonio, e que lle valeu o alcume de "rei casto".[12] Catro nobres usurparon sucesivamente o trono (Aurelio, Silo, Mauregato e Vermudo I) até que tivo acceso a el no 14 de setembro de 791,[13] cando o rei Vermudo "o diácono" abdicou e ingresou nun mosteiro.[14]
Unha das súas primeiras decisións foi instalar a sede regia nunha humilde vila asturiana onde seu pai posuía terras: Oviedo.[15] Este antigo asentamento romano (ovetao), achábase aínda próximo a vía que unía as sedes relixiosas de Astorga e Lugo co porto de Gigia (Xixón), e non contaba, a diferenza das antigas capitais da Gallaecia, con ningún poder nobiliario ou episcopal que limitase o seu señorío.[12] O establecemento alí da capital do reino galego motivou, máis adiante, a construción dunha catedral palatina e a consecuente retirada de territorios ás históricas dioceses de Britonia e Lugo para dotar o novo bispado.[16][17]
As mudanzas no campo cristián foron aproveitadas polo emir cordobés Hisham I. Os seus exércitos atacaron Asturias en 794, destruíndo parcialmente Oviedo. As incursións musulmás, que se repetiron no verán dos dous anos seguintes, motivaron que o rei Afonso procurase de auxilio alén dos Pireneos. Nos anos 795 e 796 foron enviadas embaixadas ao imperio carolinxio, que rivalizaba coa dinastía Omeia polo dominio da Península Ibérica.[18] E, xa no 797, os cristiáns pasaron á ofensiva, un exército galego atacou e saqueou Lisboa, nun rotundo éxito militar. Unha parte do botín obtido foi enviado ao propio emperador Carlomagno.
Inventio apostólica
[editar | editar a fonte]O auxilio franco fíxose patente tamén no eido político-relixioso. No tempo do rei Afonso, a cristiandade achábase sacudida polo apoio de Elipando, arcebispo de Toledo, á herexía adopcionista. Dita doutrina, conciliadora co islam, foi condenada nos Concilios de Ratisbona e Frankfurt coa presenza do clero galego,[19] e impulsou a separación do clero galego da histórica sé toledana.
Foi daquela cando, arredor do ano 812, se produciu a oportuna descuberta na diocese de Iria do sepulcro do Apóstolo Santiago. O achado xustificou o nacemento da nova igrexa, apoiada polo papado e o imperio carolinxio, separada da histórica sé hispano-visigoda de Toledo.[20]
A inventio apostólica funcionou ademais como un factor de cohesión interna para a nacente monarquía, cuxos monarcas aínda debería loitar moitos anos para impoñer a súa autoridade sobre o resto do estamento nobiliario. O propio rei Afonso foi apartado do trono no ano 802 por un grupo de nobres rebeldes, tendo que recollerse por un tempo no mosteiro asturiano de Abelania.[12]
Arredor da tumba apostólica, nun mausoleo da época romana, a "arca marmorica", Afonso II ordenou construír un pequeno templo relixioso que chegaría a ser a Catedral de Compostela, o maior edificio da cristiandade no seu tempo,[21] e destino de millóns de peregrinos.[12]
Derradeiros anos
[editar | editar a fonte]Os conflitos fronteirizos volveron a coller un novo pulo coa chegada ao goberno en Córdoba de Abderramán II. No ano 825, dous exércitos musulmáns foron vencidos, un nun lugar chamado Naharon e outro no río Anceo. No ano seguinte comezou unha tregua pactada que durou os últimos doce anos do reinado de Afonso. O seu goberno supuxo a consolidación política do reino galego fronte a Hispania musulmá. As crónicas sinalan a súa morte no ano 842. Sen cónxuxe nin fillos, á súa morte ocupou o trono de xeito efémero o nobre palatino Nepociano, que foi axiña deposto por Ramiro I.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Península ibérica no tempo de Afonso II.
-
Estatua de Afonso II en Santiago de Compostela.
-
Relevo ó pé da estatua de Afonso II, Santiago de Compostela.
-
Afonso II "O Casto".
-
Libro de Retratos de los Reyes, Alcázar de Segovia
-
Representación de Afonso II no século XIX.
-
Estatua na entrada da catedral de Oviedo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑
Malia que a historiografía tradicional adoita presentar a Afonso como rei de Asturias, non existe entre a documentación histórica medieval mención ningunha a un reino de tal nome.[1]. Polo contrario, os textos da época sinalan inequivocamente o monarca como rei de Galicia:
- É citado como rei de Galicia e rei dos galegos nas crónicas musulmás[2].
- Nunha misiva do ano 832 el mesmo afirma ser rei de toda Galicia[3].
- Na biografía do emperador Lois o Piadoso, Vita hludovici (ca. 840), aparece como príncipe das Galicias[4].
- É rei de Galicia no Codex Augiensis (ca. 850)[5].
- Nos Annales regni Francorum (741-829) é nomeado rei de Galicia e Asturias[6].
- Na biografía de Carlomagno, Vita Karoli Magni, escrita polo clérigo Exinhardo(†840), aparece como rei de Galicia e Astorga[7]; .
- O bispo Ado de Vienne (†875) fai del rei de Galicia e Austria[8].
- É denominado tamén rei de Galicia por Rodrigo Ximenez de Rada(†1247) xá no século XIII[9]
- É citado como rei de Galicia e rei dos galegos nas crónicas musulmás[2].
- Referencias
- ↑ Besga Marroquín, Armando (2011). "El problema del nombre (y de la naturaleza) del Reino de Asturias". Letras de Deusto (en castelán) 41 (130): 154.
el nombre "reino de Asturias" no aparece en la documentación de la época (..) la fórmula regnante in Asturias (..) sólo fue una forma de datar los documentos
- ↑ Carballeira Debasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales (en castelán). CSIC. p. 136, 145.
señor de Yilliqiya (Ibn Hayyan) rey de los gallegos(Ibn Hayyan e Ibn Khaldun)
- ↑ Masdeu, Juan Francisco (1804). Diploma de Ramiro I. p. 299.
Dei Adefonsus Rex Froilani Regis filius, postquam auxiliante Deo regni totius Galletiae
- ↑ "Vita Hludovici (Annales ecclesiastici Francorum)". Consultado o 07/03/2018.
Adefonsi Galleciarum Principis
- ↑ "Patrologiae cursus completus: sive Bibliotheca universalis". Codex Augiensis.
Hadefuns Rex Gallaeciae
- ↑ "Annales Regni Francorum". p. 798.
Hadefonsi Regis Galleciae et Asturiae
- ↑ Einhardi Vita Caroli Magni. p. 16.
Hadefonsum Galleciae atque Asturicae regem
- ↑ Usuardus (Sangermanensis). Usuardi Martyrologium: Praemittuntur Sancti Adonis opera, (1852 ed.).
Hadefons rex Galliciae et Austriae
- ↑ Ximenez de Rada, Rodrigo. Historia Arabvum. Roderici Ximenii de Rada Opera omnia.
et plura bella exercuit cum rege Gallecie Aldefonso
- ↑ López Teixeira (2010). p.91
- ↑ Cotarelo Valledor, Armando (1933). Alfonso III el Magno. Último rey de Oviedo y primero de Galicia (en castelán). ISBN 8470902652.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 Peres Vigo, Alexandre (2022-09-19). "Afonso II. Un reino na escena europea". Nós Diario. Consultado o 2022-10-09.
- ↑ Gil Fernandez (ed.). Crónica Rotense (en latín) (1985 (Crónicas asturianas) ed.). Universidad de Oviedo. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2020.
Era DCCCXXVll/I. Hunctus est in regno predictus rex magnus Adefonsus XVIII kalendas octobris era qua supra.
- ↑ Carriedo Tejedo, Manuel (2019). "Gallaecia y Galicia (1)" (PDF). Rudesindus (en castelán): 64. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2020. Consultado o 09 de outubro de 2022.
(Bermudo) el 'rey de Yilliqiya abdicó y se hizo monje
- ↑ Carriedo Tejedo, Manuel (2019). "Gallaecia y Galicia (1)" (PDF). Rudesindus (12). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2020. Consultado o 27 de outubro de 2022.
- ↑ Masdeu, Juan Francisco (1804). Diploma de Ramiro I. p. 299.
- ↑ Cotarelo Valledor, Armando (1933). Alfonso III el Magno. Último rey de Oviedo y primero de Galicia (en castelán). p. 417.
- ↑ Torna, Cilia (2018-06-09). "As relacións do Reino de Galiza con Carlomagno". Nós Diario. Consultado o 2022-10-11.
- ↑ Menéndez Pelayo, Marcelino (1880). Historia de los heterodoxos españoles (en castelán) 1 (CSIC ed.). p. 457.
- ↑ López Teixeira (2010). pp. 111-112
- ↑ History of the tallest building in Europe.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Afonso II. Un reino na escena europea. |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barbosa Álvares, José Manuel; Gonçales Ribeira, José Manuel (2008). Atlas histórico da Galiza. Edições da Galiza. ISBN 978-84-936218-1-0.
- López Carreira, Anselmo; Fernández Calo, Tucho (2003). Os reis de Galicia. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-96203-27-1.
- —————— (2005). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. ISBN 84-96403-54-8.
- López Teixeira, Xosé Antonio (2003). Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910). Trivium. Toxosoutos. ISBN 84-95622-78-5.
- López Teixeira, Xosé Antonio (2010). A formación do Reino de Galiza. Trivium. Toxosoutos. ISBN 978-84-92792-76-4.
- Nogueira, Camilo (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Afonso II de Oviedo |
Reino de Galicia | ||
---|---|---|
Segue a: Vermudo I o Diácono |
Afonso II de Oviedo | Precede a: Nepociano |
Reinado de Afonso II (791-842) |