Bomba atómica
Unha bomba atómica é unha arma explosiva cuxa enerxía deriva dunha reacción nuclear, xa sexa de fisión ou unha combinación de fisión e de fusión. Ambas as reaccións liberan grandes cantidades de enerxía a partir de cantidades relativamente pequenas de materia. As bombas atómicas teñen un poder destrutivo inmenso, e unha única bomba é capaz de destruír unha cidade grande enteira.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira proba dunha bomba de fisión ("atómica") liberou a mesma cantidade de enerxía que preto de 20 mil toneladas de TNT. A primeira proba dunha bomba termonuclear ("de hidróxeno") liberou unha cantidade de enerxía equivalente a cerca de 10 millóns de toneladas de TNT.
Unha arma termonuclear moderna, pesando pouco máis de 1 100 kg, pode producir unha forza explosiva equivalente á detonación de máis de 1,2 millóns de toneladas de TNT.[1] Así, mesmo un pequeno dispositivo nuclear non moito maior co das bombas tradicionais, pode devastar unha cidade enteira a través da xigantesca explosión e polos incendios e radiación subsequentes. As armas nucleares son consideradas armas de destrución masiva e o seu uso e control ten sido un dos principais focos da política das relacións internacionais desde a súa creación.
Bombas atómicas só foron usadas dúas veces en guerra, ambas polos Estados Unidos contra o Xapón, nas cidades de Hiroshima e Nagasaki, durante a segunda guerra mundial (sendo dos maiores ataques a unha poboación civil, con case 200.000 mortos). No entanto, as bombas atómicas xa foran usadas centenares de veces en probas nucleares feitas por varios países.[Cómpre referencia]
As potencias que dispoñen da arma nuclear declaradas son os EUA, Rusia, o Reino Unido, Francia, a República Popular da China, India, Paquistán e Israel. Estes países xa posúen este material para fins ofensivos. Outro país que testou armamento nuclear foi Corea do Norte, porén asinou un acordo coa ONU para se desarmar.
Efectos
[editar | editar a fonte]Os efectos predominantes dunha bomba atómica (a explosión e a radiación térmica) son os mesmos dos explosivos convencionais. A grande diferenza é a capacidade de liberar unha cantidade inmensamente maior de enerxía dunha soa vez.
O dano producido polas tres formas iniciais de enerxía liberada difire de acordo co tamaño da arma. A enerxía liberada na explosión segue a ecuación de Einstein, E=mc², onde E é a enerxía liberada, m é a masa da bomba que "suma" na explosión e c (celeritas) é a velocidade da luz.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bomba atómica |