Asemblea Nacional de Polonia
Asemblea Nacional de Polonia | |
---|---|
Tipo | órgano administrativo e asemblea |
Data de fundación | 1989 |
Director/a | Szymon Hołownia |
Sede | Sejm and Senate Complex of Poland |
País | Polonia |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Asemblea Nacional (Zgromadzenie Narodowe) é o nome das dúas cámaras do parlamento polonés, o Sejm (cámara baixa) e o Senat (cámara alta). Está presidida polo Mariscal do Sejm (Marszałek Sejmu). Entre os anos 1922–1935 e 1989–1990, era a Asemblea Nacional quen elixía o Presidente de Polonia coa maioría dos votos. En 1935, foi substituída por unha Asemblea de Electores, que consistía no Primeiro Ministro, o Xefe da Xustiza, o Inspector Militar, 2/3 dos deputados do Sejm, e 1/3 do Senat. O Senado foi abolido en 1946, e así en 1947 Bolesław Bierut era escollido Presidente só polo Sejm. Non houbo presidentes desde 1952 até 1989, cando se recuperou o Senat e a Asemblea Nacional escolleu a Wojciech Jaruzelski como Presidente de Polonia.
De 1992 a 1997, a Asemblea Nacional elaborou e aprobou unha nova Constitución, ratificada por referendo o 25 de maio de 1997.