Bula dourada
Aparencia
(Redirección desde «Bula Dourada»)
Bula Dourada (do latín bulla aurea; derivado do grego χρυσόβουλλο -chrysóvoullo- «selo de ouro») é un decreto ao que foi dado un selo dourado. Foron emitidas no Imperio Bizantino e, posteriormente, no resto de Europa polos monarcas durante a Idade Media e o Renacemento.
Algúns exemplos:
- A Bula Dourada de 1213 foi emitida por Frederico II, do Sacro Imperio Romano Xermánico.
- A Bula Dourada de 1222 foi un decreto emitido polo rei André II de Hungría, confirmando os dereitos de nobreza; foille imposto da mesma forma que o rei Xoán de Inglaterra foi obrigado a asinar a Carta Magna. André tamén promulgou unha Bula Dourada en 1224, a Goldenen Freibrief, garantindo certos dereitos aos habitantes saxóns da Transilvania.
- Máis frecuentemente, o termo refírese á Bula Dourada de 1356, un decreto emitido por unha Dieta (Reichtag) en Nuremberg liderada polo Sacro Imperador Carlos IV (ver Dieta de Nuremberg) que fixou, por un período de máis de 400 anos, un aspecto fulcral da estrutura do Sacro Imperio Romano.