Burela
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Burela | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.454 (2023) (1.152,93 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 8,2 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 25 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Xoán o Bautista | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Carmela López Moreno | ||||
Eleccións municipais en Burela | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27880 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27902 | ||||
Páxina web | burela.org |
Burela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Mariña Central. En 2015 tiña 9.580 habitantes. O xentilicio é burelao,[1] burelense[2] ou burelés.[3] É o segundo concello máis poboado da comarca despois de Foz. Está bañado polo mar Cantábrico polo norte e leste. Limita polo oeste co concello de Cervo, e polo sur co de Foz. O seu porto é un dos máis importantes da costa galega, cunha gran frota pesqueira. A poboación creceu considerablemente nos últimos anos do século XX, pasando dos 7.834 habitantes de 1995 aos 9.660 que ten en 2014. A súa economía baséase principalmente na pesca, destacando a pesca da pescada e do bonito. Como consecuencia desta actividade desenvolveuse tamén a industria conserveira de gran calidade. Ademais disto conta tamén con cerámicas, estaleiros, serradoiros e un hospital comarcal.
Ata 1994, cando se segrega, formaba parte de Cervo. Debido á gran demanda de persoal para traballar no mar, Burela é un concello multicultural, xa que actualmente residen nel comunidades de caboverdianos (establecidos desde hai anos) e recentemente incrementouse a chegada de suramericanos e filipinos.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Burela atópase na chamada Mariña Luguesa e no bordo norte da chaira lucense. En Burela comeza a rasa cantábrica, superficie chá situada entre o mar e os contrafortes montañosos, orixinando un tipo de costa liñal de longas praias formadas aos pés dos cantís e separadas a miúdo por farallóns.
Burela fai fronteira polo noroeste co concello de Cervo, polo norte co Mar Cantábrico, polo sueste co concello de Foz, e polo leste co Mar Cantábrico. A poboación de Burela distribúese tan só nunha única parroquia chamada Santa María de Burela.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia de Burela remóntase aos tempos prerromanos. Os restos máis antigos de poboacións achados na zona corresponden ao Castro de Burela situado na parte extrema do cabo. Foron os habitantes destes castros, a poboación castrexa, a que deixou un dos emblemas do concello, o Torque de Burela -que actualmente se atopa no museo Provincial de Lugo-, e que forma parte do escudo de Burela.
Cerca do porto de Burela, durante a construción da lonxa nova, atopáronse restos dun hipocausto romano, datado inicialmente entre os séculos II e III, cerca do porto de Burela en fase de escavación.
Preto dos restos castrexos atópase un vilaris e unha vila romana. Este pequeno asentamento vai dar orixe a unha freguesía rural que se erixe en parroquia baixo a protección de Santa María no 1250, e pertencendo á diocese de San Martiño de Mondoñedo.
Burela estivo baixo xurisdición da igrexa ata que en 1593 Filipe II incorpora á Coroa Real a xurisdición do coto redondo de Santa María de Burela e concede unha carta privilexio a favor do bispo de Mondoñedo.
Coa Constitución das Cortes de Cádiz (1812) termináronse as antigas xurisdicións e señorías e xurdiron os novos concellos. Nunha lista de novos concellos publicados en 1835 aparecen os concellos de San Cibrao e o de Nois, pertencendo a parroquia de Burela a este último. Estes dous concellos tan só duraron 5 anos.
En 1840 produciuse unha reforma da división xudicial e municipal da provincia de Lugo que estableceu o concello de Cervo, ao que pasou a pertencer a parroquia de Burela. A capital do concello quedou establecida en Cervo.
Tramitouse varias veces o expediente para cambiar o nome do concello de Cervo polo Concello de Burela, sen resultado. Finalmente, en 1994 a localidade de Burela separouse de Cervo, constituíndose en concello.
Demografía
[editar | editar a fonte]Cunha poboación de 9580 habitantes en 2015[4], Burela supera por primeira vez na década do 2000 na súa historia os 9000 habitantes, e sitúase como o segundo maior concello da comarca despois de Foz e o oitavo da provincia.
O concello posúe unha superficie de 7,3 km² e unha densidade de poboación de 1256,30 hab./km², feito que o converte no primeiro concello da provincia de Lugo en densidade, e o cuarto concello galego con maior densidade, tan só despois das cidades da Coruña, Vigo e Ourense. Burela constitúe un dos concellos máis novos de Galicia, xa que a súa historia como concello independente remóntase ao ano 1994 cando se segregou do veciño Cervo.
Cunha idade media ao redor dos 41 anos, e unha poboación moza que supera amplamente aos maiores de 65 anos, o concello de Burela é un dos concellos máis novos de Galicia e o de menor idade media da súa provincia[5]. Así mesmo, Burela é un dos concellos galegos cunha maior tradición de acollida de estranxeiros, 1193 do total de habitantes, e onde estes se atopan máis integrados na sociedade[6], como exemplo cómpre resaltar a súa comunidade caboverdiana que mora no concello dende hai décadas[7]. A esta comunidade uníuselle máis recentemente inmigrantes procedentes de países latinoamericanos, principalmente do Perú e de Indonesia para traballar na pesca.
Censo total 2015 | 9580 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 1337 (13,95 %) |
Entre 15 e 64 anos | 6715 (70,09 %) |
Maiores de 65 anos | 1528 (15,95 %) |
Evolución da poboación desde | |||||||||||
1996 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | |
7834 |
7925 | 7939 | 8045 | 8105 | 8176 | 8380 | 8348 | 8621 | 8755 | 8873 | 9171 |
Economía
[editar | editar a fonte]O sector pesqueiro ten o seu máximo expoñente no porto de Burela, o máis importante de todo o Mar Cantábrico[Cómpre referencia]. As especies máis importantes neste porto son: a pescada, que supón o 50 % da facturación da lonxa, o bonito, sendo Burela o porto boniteiro máis importante do Cantábrico e, en menor medida, outras especies do cerco ou arrastre como a xarda, xurelo, sardiña etc. Ao amparo da pesca xeráronse ao redor de 4.476 postos de traballo cunha frota diversificada en palangre, artesanal, arrastre litoral e boniteira.
O sector secundario atópase representado polas industrias de transformación da madeira, as cerámicas, as fábricas de xeo, os talleres gráficos e mecánicos, os estaleiros e os postos relacionados coa próxima Alúmina-Aluminio de San Cibrao, ademais do crecemento do subsector construtivo, en auxe polo desenvolvemento económico e turístico en todo o municipio.
O sector terciario, en auxe nos últimos anos, alcanzou un gran desenvolvemento como consecuencia do "boom" demográfico, económico e turístico. É destacábel a existencia do Hospital da Costa, xa que xera un gran número de empregos e presta un servizo básico para A Mariña.
Alcaldes
[editar | editar a fonte]Esta sección precisa reformularse seguindo unha orde cronolóxica. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Comunicacións
[editar | editar a fonte]Estradas
[editar | editar a fonte]A principal estrada do concello é a N-642, coñecida como a Estrada da Mariña que vai de Ferrol a Foz. Actualmente bordea a vila de Burela en dirección noroeste-sueste, pois hai varios anos fíxose esta circunvalación que suprimía o paso da estrada polo centro da vila, pola Avenida Arcadio Pardiñas.
Ferrocarril
[editar | editar a fonte]Polo concello de Burela pasa a liña de ferrocarril de vía estreita que vai de Ferrol a Oviedo, pertencente a FEVE. No centro da vila está situada a estación de ferrocarril de Burela.
Hai catro trens diarios procedentes de Oviedo e Ribadeo con destino a Ferrol, e outros catro en sentido contrario, dous a Ribadeo e os outros dous a Oviedo.
Comunicacións aéreas
[editar | editar a fonte]O aeroporto da Coruña é o aeroporto máis próximo a Burela, situado a 132 km. Dende este aeroporto hai voos directos a diversas cidades españolas e tamén a europeas.
O aeroporto de Santiago de Compostela está pouco máis lonxe que o da Coruña, a 159 km. Hai voos directos a varias cidades españolas peninsulares e insulares, e tamén a cidades europeas e americanas.
O Aeroporto de Asturias está a 136 km pola estrada N-642. Hai voos directos a varias cidades españolas peninsulares e insulares, e tamén a París e Bruxelas.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Barrio do Cantiño. Zona residencial que conta coas praias do Cantiño, Areoura e a praia dos Alemás, un paseo marítimo cunha zona de lecer (parque, zona de grelladas...).
- A Marosa (bandeira azul). Conta coa praia da Marosa, as instalacións deportivas da S.D. Burela e un paseo marítimo.
- O Portelo (bandeira azul). Praia artificial en pleno centro urbano da poboación. Unida coa Marosa polo paseo marítimo anterior. Está pegada a unha pequena cala chamada O Cabaliño. Entre A Marosa e O Cabaliño sitúase outra pequena cala chamada Praia de Ril (bandeira azul).
- O Castelo. Zona de recreo situada na cima do monte O Castelo. Conta cun campo de tiro, unha ermida e un miradoiro con magníficas vistas.
- Igrexa de Vila do Medio, con pinturas murais que datan da Idade Media.
- Porto pesqueiro. Un dos máis importantes de Galicia.
- Castro de Burela denominado Chao do Castro, próximo ao paseo marítimo que une as praias da Marosa e O Portelo.
- Hipocausto romano datado inicialmente entre os séculos II e III, cerca do porto de Burela, descuberto no ano 2004 e en certo estado de degradación.
- Zona xeolóxica do Perdouro, considerado xeoloxicamente como un dos espazos máis interesantes da Península, xa que neste punto conflúe a rasa cantábrica -cuarzitas- e o batolito de San Cibrao -granito-
- Barco Museo Boniteiro "Reina del Carmen"
Festividades
[editar | editar a fonte]- Festas Patronais na honra a Virxe do Carme e San Xoán Bautista, no mes de xuño. Dentro desta celebración hai que destacar as súas procesións, a primeira a do sábado pola noite, é a procesión que acompaña á patroa dos mariñeiros, a Virxe do Carme, desde a igrexa parroquial ao porto, a través de fermosas alfombras florais, para despedir e bendicir aos seus mariñeiros próximos a partir.
- Romaría e Subida ao Monte Castelo, en xullo.
- Feira do bonito, o primeiro domingo de agosto, coincidente coa feira de artesanía e ecoloxía Produart.
- Expomar, feira monográfica náutico-pesqueira celebrada en maio.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Burela.
-
Letreiro á entrada
-
Vista de Burela
-
Alfombras florais nas festas patronais
-
Dende A Marosa (esq.) ó porto (der.)
-
Casa do concello.
-
Placa altimétrica.
Lugares de Burela
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Burela vexa: Lugares de Burela.
Lugares da parroquia de Burela no concello de Burela (Lugo) | |
---|---|
Parroquias
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Burela | |
---|---|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para burelao.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para burelense.
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0201001002 Arquivado 13 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Censo 2007 Lugo
- ↑ http://www.burela.gal/demografia.htm Arquivado 12 de outubro de 2016 en Wayback Machine. Demografía de Burela
- ↑ http://es.youtube.com/watch?v=UOm14IGACXQ
- ↑ http://www.iesparquedelisboa.org/comenius2/Inmigracion/pdf/eps27102002/p1.html Arquivado 13 de abril de 2008 en Wayback Machine. Afrogallegos
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Burela |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Torque de Burela
- Castro de Burela
- Sociedade Deportiva Burela
- Club Deportivo Burela Fútbol Sala
- Eleccións municipais en Burela