Chabuca Granda
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Granda.
María Isabel Granda Larco, máis coñecida como Chabuca Granda, nada en Cotabambas en 1920 e finada en Miami en 1983, foi unha cantautora e folclorista peruana. Creou e interpretou un gran número de valses crioulos e valeuse para tal efecto dos ritmos afroperuanos. O seu tema máis coñecido no mundo é "La flor de la canela", reversionada entre outros artistas por María Dolores Pradera.