Saltar ao contido

Dejan Bodiroga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDejan Bodiroga

(2006) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Zrenjanin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSerbia
República Federal Socialista de Iugoslavia
Serbia e Montenegro Editar o valor en Wikidata
Altura205 cm Editar o valor en Wikidata
Peso110 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata - 2007 Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua serbia Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaRepública Federal Socialista de Iugoslavia
Serbia e Montenegro
Serbia Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Convocado porSacramento Kings Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1989-1990 KK Proleter Zrenjanin (pt) Traducir
1990-1991 KK Zadar
1992-1994 Pallacanestro Trieste
1994-1996 Olimpia Milano
1996-1998 Real Madrid Baloncesto
1998-2002 Panathinaikos BC
2002-2005 FC Barcelona Bàsquet
2005-2007 Pallacanestro Virtus Roma Editar o valor en Wikidata
Participou en
2005Campionato europeo de baloncesto de 2005
2004Xogos Olímpicos de 2004
2002Campionato mundial de baloncesto de 2002
2001Campionato europeo de baloncesto de 2001
2000Xogos Olímpicos de 2000
1999EuroBasket 1999 (pt) Traducir
1998Campeonato Mundial de Basquetebol Masculino de 1998 (pt) Traducir
1997EuroBasket 1997 (pt) Traducir
1996Xogos Olímpicos de 1996
1995EuroBasket 1995 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webdejanbodiroga.com Editar o valor en Wikidata

Dejan Bodiroga (en serbio cirílico: Дејан Бодирога), nado o 2 de marzo de 1972 en Zrenjanin, Iugoslavia (actual Serbia) é un ex xogador profesional de baloncesto serbio. Está considerado un dos mellores xogadores da historia de Europa. Cunha altura de 2,05 metros xogaba na posición de escolta, aínda que podía desenvolverse ben como base ou aleiro, e mesmo axudar no xogo interior.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bodiroga comezou a xogar ao baloncesto competitivo aos trece anos, xogando no Mašinac baixo a supervisión do xogador de baloncesto local Rade Prvulov. Aos quince anos xa medía 2,05 metros, polo que non tardou en ser promocionado ao primeiro equipo. Aos dezasete, nun amigábel contra o KK Zadar consegue anotar trinta e dous puntos, sendo visto xogar por Krešimir Ćosić, o cal insistiu ao xogador para incorporarse ao equipo de Zadar. Bodiroga accedeu finalmente, mais tras dous anos alí estalou a guerra dos Balcáns, polo que tivo que marchar fóra do país a xogar. Recibiu importantes ofertas do AEK Atenas (equipo que adestraba nese momento Ćosić) e do Olympiacos, con todo ambos equipos esixíanlle que adoptase a nacionalidade grega. Bodiroga rexeitou a nacionalización, polo que optou por marchar xogar a Italia.

En Italia estivo durante catro anos, de 1992 a 1996, xogando no Stefanel Trieste e no Stefanel Milano, equipo co que gañou no seu último ano a Liga e a Copa dese país. Cómpre destacar que en 1995 Bodiroga optou ao draft da NBA, onde foi elixido de 51 polos Sacramento Kings, aínda que finalmente non quixo xogar alí. Durante os seguintes anos xogou na liga ACB e na HEBA, conseguindo múltiples títulos, como tres Euroligas. Tamén conseguiu durante eses anos varios títulos a nivel de selección, entre os que destacan dous mundiais e tres EuroBasket.

Cunha estatura de 2,05 metros e un peso 110 kg, destacaba pola súa polivalencia, xa que podía xogar en case calquera posición. Gran tirador de longa distancia, converteuse no líder de tódolos conxuntos nos que xogou. Actualmente e dende a súa retirada en 2007, exerce como "manager" da Virtus Roma, o seu último equipo como xogador. Era curmán en segundo grado do defunto xogador Dražen Petrović.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Colectivo

[editar | editar a fonte]
Selección de Iugoslavia
Competicións europeas de clubs
2 co Panathinaikos Atenas: 2000 e 2002.
1 co FC Barcelona: 2003.
Co Real Madrid Teka: 1997.
  • 3 veces subcampión da Copa Korac:
1 co Stefanel Trieste: 1994.
2 co Stefanel Milan: 1995 e 1996.
Competicións nacionais de clubs
1 Lega Basket, co Stefanel Milan: 1995-1996.
1 Copa de Italia, co Stefanel Milan: 1995-1996.
3 A1 Ethniki, co Panathinaikos Atenas: 1998-1999, 1999-2000 e 2000-2001.
2 Liga ACB, co FC Barcelona: 2002-2003 e 2003-2004.
1 Copa do Rei, co FC Barcelona: 2002-2003.
1 Supercopa ACB, co FC Barcelona: 2004-2005.

Individual

[editar | editar a fonte]
Distincións internacionais
  • Mellor Xogador do Campionato do Mundo de Grecia 98
  • MVP Europeo da tempada 1998-1999 pola revista francesa "Basket Hebdo"
  • Integrante do Quinteto Ideal do Eurobasket de París-99
  • Integrante do Quinteto Ideal da Euroliga na tempada 2001-2002
  • Mellor Xogador Europeo da tempada 2001-2002 pola revista BasketNews
  • MVP da Final Four da Euroleague de Boloña-2002
  • MVP da Final Four da Euroleague de Barcelona-2003
  • Integrante do quinteto ideal da Euroleague na tempada 2002-2003
  • Mellor Xogador Europeo da tempada 2002-03 pola revista "Basketnews"
  • Integrante do quinteto ideal da Euroleague na tempada 2003-2004
  • Seleccionado entre os 35 mellores xogadores da historia da Euroliga
Distincións en España
  • MVP da liga ACB na tempada 1997-1998
  • MVP da Copa do Rei de Valencia 2003
  • "Gigante" Estranxeiro da tempada 2002-03 pola revista "Gigantes del Basket"
  • Integrante do Quinteto Ideal da liga ACB na tempada 2003-2004
Distincións en Iugoslavia
  • Mellor Xogador Iugoslavo de 1996 polo diario deportivo iugoslavo "Sportski Zurnal"
  • Mellor Deportista Iugoslavo do ano 1998
  • Deportista Iugoslavo do ano 2002 polo Comité Olímpico Nacional de Iugoslavia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]