Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina
Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina | |
---|---|
Tipo | academia de ciencias, sociedade científica e academia nacional |
Campo de traballo | ciencia |
Data de fundación | 1 de xaneiro de 1652 |
Fundador(es) | Johann Lorenz Bausch, Johann Michael Fehr, Georg Balthasar Metzger e Georg Balthasar Wohlfahrt |
Nomeado en referencia a | Emperador Leopoldo I |
Presidente/a | Gerald Haug (pt) (2020-) |
Sede | Halle (Saale) |
País | Alemaña |
51°29′15″N 11°57′48″L / 51.487453, 11.963394 | |
Na rede | |
https://www.leopoldina.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina (Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina, tamén coñecida simplemente como Leopoldina) é unha sociedade científica alemá, a máis antiga do mundo. Fundouse en 1652 en Schweinfurt (Baviera). Hoxe está situada na cidade de Halle, no estado alemán de Saxonia-Anhalt.[1]
Biblioteca
[editar | editar a fonte]A biblioteca da Leopoldina foi fundada en 1731, en Nürnberg. Hoxe e inclúe máis de 260 000 volumes, monografías e revistas da ciencia e a medicina, xa que está centrada sobre todo nas publicacións da historia da ciencia, en particular das ciencias naturais e da medicina, así como escritos de numerosas sociedades científicas.
A colección debeuse principalmente a intercambios de publicacións da Academia con socios de todo o mundo, e a través de doazóns dos membros da Academia.[2]
Membros
[editar | editar a fonte]A Leopoldina é unha asociación supranacional de científicos e académicos. Máis dunha cuarta parte dos seus membros son de países distintos de Alemaña.
Os novos membros da Leopoldina son elixidos polo Presidium sobre a base dos nomeados polos membros existentes e despois dun proceso de selección en varias etapas. Actualmente conta con máis de 1 500 membros de 30 países.
Desde a súa fundación en 1652 pertenceron á Academia uns 7 500 académicos. Entre eles máis de 170 Premios Nobel.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Werner E. Gerabek: Enzyklopädie Medizingeschichte, p. 23; online Google Books.
- ↑ Jörg Hacker (ed.) Ein Rundgang durch die Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina. Nationale Akademie der Wissenschaften.