Saltar ao contido

Edgar Allan Poe

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Edgar A. Poe»)

Modelo:BiografíaEdgar Allan Poe

(1849) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1809 Editar o valor en Wikidata
Boston (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Morte7 de outubro de 1849 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Baltimore (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWestminster Hall and Burying Ground (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Redactor xefe
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Virxinia
Academia Militar dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, crítico literario, ensaísta, escritor, novelista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1827 Editar o valor en Wikidata - 1849 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticopoesía
MovementoRomanticismo Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioEdgar A. Perry Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeVirginia Eliza Clemm Poe Editar o valor en Wikidata
PaisDavid Poe Jr. Editar o valor en Wikidata  e Elizabeth Arnold Poe Editar o valor en Wikidata
IrmánsWilliam Henry Leonard Poe
Rosalie Mackenzie Poe Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000590 Allocine: 36902 Allmovie: p313943 TCM: 358455 Metacritic: person/edgar-allan-poe TV.com: people/edgar-allan-poe IBDB: 5209
Facebook: EdgarAllanPoeAuthor BNE: XX895673 Bitraga: 205 Dialnet: 3761019 Spotify: 6pcPyOpEwaoP9q7wOjqHx0 iTunes: 2066399 Musicbrainz: f72fcfda-b560-4f16-95e1-8c25acf60288 Discogs: 436717 IMSLP: Category:Poe,_Edgar_Allan Allmusic: mn0001585029 WikiTree: Poe-521 Find a Grave: 822 Deezer: 357570 Editar o valor en Wikidata

Edgar Allan Poe, (/p/) nado como Edgar Poe o 19 de xaneiro de 1809 en Boston e finado o 7 de outubro de 1849 en Baltimore, foi un novelista, ensaísta, editor e crítico literario estadounidense, coñecido pola súa poesía e as súas historias curtas, en particular os seus contos de misterio e terror. Está amplamente considerado unha das figuras principais do romanticismo escuro nos Estados Unidos e na literatura estadounidense no seu conxunto, e foi un dos primeiros escritores de historias curtas do seu país. Poe considérase xeralmente o inventor do xénero de ficción de detectives e acredítaselle unha contribución ó xénero emerxente da ciencia ficción.[1] Foi o primeiro escritor estadounidense con certa fama en tentar gañarse a vida só coa escritura, pasando por mor disto diversas dificultades económicas na súa vida e carreira profesional.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación e primeira publicación

[editar | editar a fonte]

Os seus pais foron David e Elizabeth Arnold Poe, mais o seu pai abandonounos ó pouco de nacer Edgar. A súa nai morreu en Richmond en 1811. Edgar foi acollido entón por Frances Allan e John Allan. Este nunca adoptou legalmente a Poe, mais si lle deu o seu apelido. As tensións desenvolvéronse posteriormente polas disputas entre John Allan e Edgar por mor das débedas deste último, incluíndo as provocadas polas apostas e os custos da súa educación secundaria. Poe asistíu á Universidade de Virxinia durante un semestre, pero deixou os estudos por falta de cartos. Mantivo un litixio con Allan sobre os cartos para a súa educación e finalmente alistouse no exército en 1827 baixo un nome falso. Foi neste tempo cando comezou a súa carreira literaria, se ben de forma humilde, coa colección anónima Tamerlane and Other Poems, acreditada a "un bostoniano". Coa morte de Frances Allan en 1829, Poe e John Allan reconciliáronse de forma temporal. Poe suspendeu as probas para oficial cadete en West Point, declarando o seu firme desexo de ser poeta e escritor, e finalmente puxo fin á súa relación familiar con John Allan.

Revistas e relatos curtos

[editar | editar a fonte]

En 1831 volve a Baltimore, á casa da súa tía María Clemn. Ese ano desátase a peste en Baltimore. Esta inspiroulle The King Pest (1834) e A Máscara da Morte Bermella (1842). En 1836 casou coa súa curmá Virginia Eliza Clemm Poe, de trece anos de idade (el tiña vinte e sete), en segredo. En 1837 trasladouse a Nova York e publicou As aventuras de Arthur Gordon Pym. En 1838 trasladouse a Filadelfia, onde traballou coma axudante de edición na revista Burton's Gentleman's. En 1840 a editorial Lea & Blanchard publica 25 relatos en dous volumes: Tales of the Grotesque and Arabesque. Deixa Burton's Gentleman's e comeza a tentar lanzar a súa propia revista crítica independente. Logo do primeiro fracaso nesa tentativa, entra en Grahan's Magazine.

Foi entre os anos 1842-1847 en Nova York cando acadou o seu maior éxito, en particular logo de que o New York Times publicase o seu máis célebre poema: "O corvo". Chega a facerse co Broadway Journal como editor e propietario. En 1847 morre Virxinia, de tuberculose, e Poe colapsa no alcohol. Nos derradeiros días de lucidez publica Eureka, un poema en prosa sobre a creación e a evolución do Universo.

Entre as súas obras máis célebres cóntanse:

  1. Stableford 2003, pp. 18–19.
  2. Meyers 1992, p. 138.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]