Saltar ao contido

Eleccións xerais de España de 1907

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eleccións Xerais 1907 en España»)
Eleccións xerais de España de 1907
 ← 1905 Editar o valor en WikidataEspaña Editar o valor en Wikidata 1910 Editar o valor en Wikidata  → 
Data21 de abril de 1907 Editar o valor en Wikidata
TipoEleccións xerais en España Editar o valor en Wikidata
Cargo elixidoPresidente do Goberno de España
deputado no Congreso dos Deputados Editar o valor en Wikidata
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
Antonio MauraElixido/a
0
 

As eleccións xerais de España de 1907 foron convocadas o 21 de abril, trala crise do goberno liberal pola dimisión de Eugenio Montero Ríos debido aos incidentes que se sucederon tralo asalto á revista ¡Cu-Cut! en 1906. As eleccións celebráronse baixo sufraxio universal masculino. En total foron elixidos 404 deputados, e o partido máis votado foi o Partido Conservador, dirixido por Antonio Maura. O partido liberal quedou moi debilitado, e ademais presentouse por separado a sección liberal demócrata de José Canalejas.

Foi elixido presidente do Congreso o conservador Eduardo Dato, e presidente do Senado Marcelo de Azcárraga.

O xefe de goberno foi Antonio Maura, quen debido á Guerra de Marrocos e a durísima represión no que se coñece como a Semana Tráxica (coa condena a matar de Francesc Ferrer i Guàrdia) foi destituído en outubro de 1909. Foi substituído entón polo liberal Segismundo Moret, pero non contaba co apoio do seu propio partido e tivo que dimitir o 9 de febreiro de 1910, de maneira que se convocaron novas eleccións.

Composición do Congreso dos Deputados tralas eleccións

[editar | editar a fonte]

Eleccións Xerais en España, 21 de abril de 1907

Partido Porcentaxe Escanos Líder
Partido Conservador 60,0 % 242 Antonio Maura
Partido Liberal 17,7 % 73 Segismundo Moret
Solidaritat Catalana[1] 6,9 % 40 Enric Prat de la Riba
Unión Republicana 3,2 % 16 Nicolás Salmerón
Demócratas Monárquicos (escisión do Partido Liberal) 2,6 % 9 José Canalejas
Comuñón Tradicionalista (jaimista) 1,4 % 8 Matías Barrio Mier
Católicos independentes 3 Fernando María Ybarra
Partido de Unión Republicana Autonomista (PURA) 1,1 % 2 Vicente Blasco Ibáñez
Partido Integrista 1,1 % 2 Juan de Olazábal
Republicanos antisolidarios 0,9 % 1 Alejandro Lerroux
Independentes 3
TOTAL 399

Resultados en Galicia

[editar | editar a fonte]

Os deputados que foron elixidos nos distritos galegos foron os seguintes:[2][3]

A Coruña

[editar | editar a fonte]
Pedro de Miranda Cárcer
Guillermo de Osma
Gabino Bugallal

Pontevedra

[editar | editar a fonte]
Antonio Aguilar y Correa
  1. En Cataluña presentouse a coalición coñecida como Solidaritat Catalana, que logrou un éxito sen precedentes ao sumar 41 deputados da Lliga Regionalista (14), Partido Republicano Democrático Federal (6), Unión Republicana (9), Centro Nacionalista Republicano (3), Carlistas (6) e independentes (2).
  2. Agrupados por Provincias
  3. Congreso dos Deputados
  4. Tamén foi deputado pola Coruña. Dado de alta por Lugo entre o 5 de maio de 1907 e o 28 de maio de 1907

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]