Saltar ao contido

Elemento de resposta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Elemento de resposta a hormonas»)

Os elementos de resposta son curtas secuencias de ADN dentro do promotor dun xene ou dunha rexión amplificadora (enhancers) ás que se poden unir factores de transcrición específicos e regular a transcrición de xenes.

En condicións de estrés, unha proteína activadora da transcrición únese ao elemento de resposta e estimula a transcrición. Se a mesma secuencia de elemento de resposta está localiada en rexións de control de diferentes xenes, entón estes xenes serán activados polo mesmo estímulo, producindo así unha resposta coordinada.

Elemento de resposta a hormonas

[editar | editar a fonte]

Un elemento de resposta a hormonas (HRE na literatura científica inglesa) é unha curta secuencia de ADN dentro do promotor dun xene ao que se pode unir a un complexo receptor de hormona e así regular a transcrición.[1] A secuencia é na maior parte dos casos un par de repeticións invertidas separadas por tres nucleótidos, que tamén indica que o receptor se une en forma de dímero. Especificamente, o elemento de resposta a hormonas responde a hormonas esteroides, xa que o receptor de esteroides activado é o factor de transcrición que se une ao elemento de resposta a hormonas. Isto regula a transcrición de xenes sinalizados pola hormona esteroide.

Un xene pode ter moitos elementos de resposta diferentes, o que permite que se exerza un complexo control sobre o nivel e velocidade de transcrición.[2]

Os elementos de resposta a hormonas utilízanse en células de animais transxénicos como indutores da expresión xénica.

Exemplos de elementos de resposta a hormonas son os elementos de resposta a estróxenos e os elementos de resposta a andróxenos.

Exemplos de elementos de resposta son:

  1. 1,0 1,1 Kimball, John W. (25 de abril de 2011). "Steroid Hormone Receptors and their Response Elements". Kimball's Biology Pages. 
  2. Krieger, Monty; Scott, Matthew P; Matsudaira, Paul T.; Lodish, Harvey F.; Darnell, James E.; Lawrence, Zipursky; Kaiser, Chris; Berk, Arnold (2003). Molecular Cell Biology (Fifth ed.). San Francisco: W.H. Freeman. p. 973 páxinas. ISBN 0-7167-4366-3. 
  3. Penvose, A; Keenan, JL; Bray, D; Ramlall, V; Siggers, T (7 de xuño de 2019). "Comprehensive study of nuclear receptor DNA binding provides a revised framework for understanding receptor specificity.". Nature Communications 10 (1): 2514. Bibcode:2019NatCo..10.2514P. PMC 6555819. PMID 31175293. doi:10.1038/s41467-019-10264-3. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.