Carrasca branca
Carrasca branca | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Carrasca branca en Cornualla (Erica vagans) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Erica vagans' L. |
A carrasca branca[1] (Erica vagans L.) é unha uz que poucas veces acada o metro de altura; moi ramalluda e de fino arume verticilado (4 ou 5) fortemente revolutas, que abunda nas rexións de montaña de toda Europa. Aparece tamén en Galiza.
Descrición
[editar | editar a fonte]Medra maiormente de xeito patente (en horizontal) no medio natural, polo que non adoita acadar grandes alturas, mais si cubrir extensións en noiros e abas. É unha planta vizosa e perenne. As inflorescencias son racemosas e aparecen nas partes superiores dos talos. As flores son urceoladas (cos pétalos soldados e de aspecto de campá) e de cor rosada-morada, diferenciándose doutras especies de Erica en que tanto os estames como o estigma sobresaen por fóra da corola. Segundo a zona florea a partir de xuño deica setembro-outubro.
Distribución
[editar | editar a fonte]É propia da rexión eurosiberiana, principalmente na faixa atlántica desde Portugal até Dinamarca. Sendo frecuente en Irlanda e Bretaña. No Reino Unido só se acha na península de The Lizard, en Cornualla. Na Península Ibérica medra no terzo norte: Galiza, Asturias, Cantabria e País Vasco.[2]
Hábitat
[editar | editar a fonte]Medra especialmente nas montañas, a partir dos 800 m, por isto é considerada unha urce de montaña. Como a meirande parte das especies do xénero Erica, medra ben en solos acedos e oligotróficos.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Crese que Erica deriva do grego ἐρείκειν ereikein: quebrar, en alusión ás súas pólas febles. O epíteto específico latino vagans significa literalmente vadío, vagabundo; referíndose ao contexto que ten unha ampla distribución.[3] En inglés recibe os nomes de Cornish heath (uz de Cornualla) e wandering heath (uz errante)
Cultivo
[editar | editar a fonte]Téñense desenvolvido numerosos cultivares de flores cun grande abano de cores: brancas, rosas, malva e púrpura. Os cultivares a seguir gañaron o premio de mérito de xardinaxe da Royal Horticultural Society británica:
- E. vagans f. alba 'Cornish Cream'[4] (variedade de flores abrancazadas)
- E. vagans f. alba 'Kevernensis Alba'[5] (variedade de flores abrancazadas)
- E. vagans f. aureifolia 'Valerie Proudley'[6] (variedade de follas douradas)
- Erica multiflora L. [1754, Fl. Angl. : ?] [1754]
- Erica didyma Stokes in With. [1787]
- Erica decipiens St.-Amans [1821]
- Gypsocallis vagans (L.) Gray [1821]
- Erica vaga Salisb.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar en galego preferido en Vocabulario forestal. Varios autores, Santiago de Compostela, 2012 Universidade de Santiago de Compostela / Escola Politécnica Superior de Lugo, Deputación de Lugo - https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#15515911
- ↑ RHS A-Z encyclopedia of garden plants. Reino Unido: Dorling Kindersley. 2008. p. 1136. ISBN 1405332964.
- ↑ Harrison, Lorraine (2012). RHS Latin for gardeners. Reino Unido: Mitchell Beazley. p. 224. ISBN 9781845337315.
- ↑ "RHS Plant Selector - Erica vagans f. alba 'Cornish Cream'". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 19 de xuño de 2013.
- ↑ "RHS Plant Selector - Erica vagans f. alba 'Kevernensis Alba'". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 19 de xuño de 2013.
- ↑ "RHS Plant Selector - Erica vagans f. aureifolia 'Valerie Proudley'". Consultado o 24 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carrasca branca |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carrasca branca |