Negro de fume
Aparencia
(Redirección desde «Feluxe»)
O negro de fume é unha das variedades máis puras de carbón presentándose na forma amorfa, constituíndo unha dispersión coloidal de partículas moi finas.
Obtención
[editar | editar a fonte]Obtense pola combustión parcial (en medio rarefacto de osíxeno, é dicir, con pouca densidade ou proporción) de compostos orgánicos, principalmente do metano ou acetileno:
- Combustión parcial do metano ( CH4 ):
- CH4 + O2 → 2 H2O + C (negro de fume)
- Combustión parcial do acetileno ( C2H2 ):
- C2H2 + O2 → 2 H2O + 2 C (negro de fume)
Usos
[editar | editar a fonte]Os principais usos do negro de fume son para a fabricación de:
- Graxa para zapatos.
- Pneumáticos. Para dar a coloración negra;
- Tintas negras en xeral e tinta chinesa en particular
- Toner para impresoras e fotocopiadoras.