Saltar ao contido

Heinz-Harald Frentzen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHeinz-Harald Frentzen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de maio de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Mönchengladbach (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata

Páxina webfrentzen.de Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1571055 Musicbrainz: 5c68d855-3d98-4265-95e0-dd85e22ffa25 Editar o valor en Wikidata

Heinz-Harald Frentzen (nado o 18 de maio de 1967), tamén coñecido como 'HHF', é un piloto de carreiras profesional alemán retirado. Foi o subcampión no campionato do mundo de pilotos da fórmula un de 1997, pilotando para Williams.

Frentzen naceu o 18 de maio de 1967 na cidade de Alemaña Occidental de Mönchengladbach (Renania do Norte-Westfalia) fillo de Heinrich-Harald Frentzen, un empresario de pompas fúnebres alemán e a súa esposa española Angela. Ten dúas irmás, Sylvia, teóloga, Sonia, mestra e dúas medias irmás Samantha e Nicole-Nadine. A súa familia estaba conectada co automobilismo; o seu pai correu entre 1950 e 1957. Os pais de Frentzen se divorciaron cando tiña oito anos e o seu pai casou posteriormente cunha mexicana Araceli, mentres Angela regresou a España.[1]

Frentzen comezou nos Kart aos doce anos de idade, despois de que o seu pai regaloulle o seu primeiro kart, e fixo uns inicios extraordinariamente acertados.[2] En 1981, con catorce anos, Frentzen gañou o Campionato Alemán Júnior Kart. Dous anos máis tarde, Frentzen participou no CIK Asia Pacific Championships en Australia pilotando un Dino aínda que non terminou.[3] En 1984, terminou en segundo lugar na clase 100cc.[4] Financiado e apoiado polo seu pai, propietario dunha funeraria, quen tamén actuou tanto como xefe de equipo como de xefe mecánico.

En 1986, Frentzen pasou a competir nas series Fórmula Ford 2000 alemá. Logo de dúas tempadas na Fórmula Ford foi subcampión na serie en 1987, malia non participar en todas as carreiras. Frentzen progresou á Fórmula alemá Opel Lotus en 1988 no Equipo Júnior do expiloto de Fórmula Un Jochen Mass, quen quedara impresionado polas actuacións de Frentzen na Fórmula Ford. Frentzen foi campión da serie alemá no seu primeiro ano e o seu compañeiro de equipo Marco Werner terminou terceiro no campionato. Tamén participou na Fórmula Opel Lotus Euroseries, onde terminou 6º no campionato, con 56 puntos.

O seguinte paso foi o Campionato Alemán de Fórmula 3 en 1989, onde Frentzen competiu contra moitas futuras estrelas, incluíndo Michael Schumacher e Karl Wendlinger. Nese momento, houbo un grande apoio de Bernie Ecclestone para ter un piloto alemán no Campionato do Mundo de Fórmula Un, polo que o ONS (Oberste Nationale Sportkommission, comité nacional do automobilismo alemán) decidiu apoiar a Frentzen e Schumacher. O ONS ofertou unha recompensa dunha proba na Fórmula Un para o primeiro piloto que lograra unha vitoria nunha carreira de Fórmula 3. Gañou Schumacher, nunha polémica carreira en Zeltweg, Austria, na que Frentzen afirmou que Schumacher obrigouno a abandonar a pista. Con todo, Schumacher non obtivo a proba na Fórmula Un de todos os xeitos; Karl Wendlinger gañou o campionato alemán de Fórmula 3 e Frentzen converteuse en subcampión conxunto con Schumacher (os dous terminaron empatados a puntos).

En 1990, Frentzen incorporouse a serie fórmula 3000 Internacional pilotando para Eddie Jordan Racing xunto con Eddie Irvine. Frentzen terminou a tempada 16º no campionato, anotando 3 puntos. No mesmo ano, tamén participou no World Sports Prototype Championship pilotando un Mercedes-Benz C11 cun podio e seis puntos. En 1991, Frentzen continuou pilotando na Fórmula 3000 International para Vortex Motorsport e anotou cinco puntos.

Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

Sauber (1994-1996)

[editar | editar a fonte]
Frentzen no GP de Francia de 2003

Na tempada 1994 de Fórmula 1, Peter Sauber ofreceulle ao alemán unha proba para a Fórmula 1 nun coche Sauber C13 con motor Mercedes-Benz, para ser compañeiro de equipo de Wendlinger. A súa actuación impresionou a Frank Williams, tanto que este lle ofreceu substituír o falecido Ayrton Senna en Williams trala morte do brasileiro, pero Frentzen decidiu seguir con Sauber, e as súas actuacións mantiveron o nivel do equipo despois de que Wendlinger sufrise varias feridas en Mónaco.

Na tempada 1995 de Fórmula 1, cos novos motores Ford, Frentzen conseguiu o seu primeiro podio e acabou noveno no Campionato de Pilotos. Con todo, na tempada 1996, a falta de fiabilidade do Sauber fixo que se retirase en moitas carreiras. Das súas actuacións naquel ano destaca que foi un dos catro pilotos que logrou acabar o Gran Premio de Mónaco de 1996, no que as fortes choivas fixeran acto de presenza.

Williams (1997-1998)

[editar | editar a fonte]

A tempada 1997 debería ser a da explosión de Frentzen, dado que asinou co equipo Williams-Renault, que dominara a tempada anterior. Logrou a súa primeira vitoria no Gran Premio de San Marino, pero a tempada foi desalentadora para o piloto alemán, xa que pasou dunha atmosfera de equipo case familiar en Sauber a ter problemas con Patrick Head. Malia que se clasificaba ben, adoitaba perder posicións durante a carreira e quedar detrás do seu compañeiro de equipo Jacques Villeneuve. Na seguinte tempada, xa sen o motor Renault, Williams perdeu posicións con respecto a Ferrari e McLaren, sendo o mellor resultado de Frentzen un terceiro posto no Gran Premio de Australia, a primeira carreira da tempada.

Jordan (1999-2001) e Prost (2001)

[editar | editar a fonte]

Na tempada de Fórmula 1 de 1999, Frentzen pasouse a Jordan-Honda, gozando da que probablemente sería a súa mellor tempada na Fórmula 1, con dúas vitorias nos Grandes Premios de Francia e Italia, acabando terceiro no mundial de pilotos. Co seu triunfo en Monza na décimo terceira cita pasou a ser o terceiro en discordia na loita polo mundial, colocándose a só dez puntos de Mika Häkkinen e a nove de Eddie Irvine. Na sesión de cualificación do Gran Premio de Europa de 1999, o alemán lograba a súa primeira pole do ano. Con todo, a metade da carreira viuse obrigado a abandonar debido a un problema eléctrico cando lideraba comodamente a proba, feito que sumado aos problemas clasificatorios en Malaisia quitáronlle calquera opción de alzarse co campionato. Sumou seis podios aquel ano. As tempadas 2000 e 2001 foron os escenarios dunha batalla co equipo British American Racing, ao que Honda comezou tamén a fornecer motores. Frentzen conseguiu dous podios no 2000, pero Jordan acabou igualmente por baixo de BAR no Campionato de Construtores. Frentzen abandonaría o equipo na tempada 2001, tras varias carreiras sen puntos, lesións e unha serie de retiradas, sendo substitudo por Jean Alesi. O alemán ocupou o lugar de Alesi na escudería Prost durante o resto da tempada.

Arrows (2002) e Sauber (2002-2003)

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2002, Frentzen participou en varias carreiras con Arrows ata a creba da escudaría. Puido participar con Sauber no Gran Premio dos Estados Unidos de 2002 substituíndo a Felipe Massa, acabando en décimo terceira posición. En 2003, foi piloto titular de Sauber xunto a Nick Heidfeld, logrando un terceiro posto no Gran Premio dos Estados Unidos.

Rexistro de carreiras

[editar | editar a fonte]

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Resultados completos na Fórmula 3000 International

[editar | editar a fonte]

(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 DC Puntos
1990 Eddie Jordan Racing Reynard 90D Mugen DON
Ret
SIL
Ret
PAU
Ret
JER
17
MNZ
Ret
PER
5
HOC
6
BRH
7
BIR
Ret
BUG
Ret
NOG
NSC
18º 3
1991 Vortex Motorsport Lola T91/50 Mugen VAL
Ret
PAU
Ret
JER
12
MUG
6
PER
5
HOC
NSC
BRH
12
SPA
5
BUG
Ret
NOG
Ret
14º 5

Resultados completos na Fórmula 3000 xaponesa

[editar | editar a fonte]

(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (carreiras en itálica indican volta rápida)

Anor Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 DC Puntos
1992 Team Nova Lola T92/50 Mugen SUZ FUJ MIN SUZ AUT SUG FUJ FUJ SUZ
6
FUJ
7
SUZ
3
14º 5
1993 Team Nova Lola T93/50 Mugen SUZ
Ret
FUJ
Ret
MIN
Ret
SUZ
8
SUG
14
FUJ
2
SUZ
10
FUJ
12
SUZ
5
8

Resultados Completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Anor Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Pts.
1994 Sauber Mercedes Sauber C13 Mercedes 2175B 3.5 V10 BRA
Ret
PAC
5
SMR
7
MON
NTS
ESP
Ret
CAN
Ret
FRA
4
GBR
7
ALE
Ret
HUN
Ret
BEL
Ret
ITA
Ret
POR
Ret
EUR
6
XPN
6
AUS
7
13º 7
1995 Red Bull Sauber Ford Sauber C14 Ford ECA Zetec-R 3.0 V8 BRA
Ret
ARX
5
SMR
6
ESP
8
MON
6
CAN
Ret
FRA
10
GBR
6
ALE
Ret
HUN
5
BEL
4
ITA
3
POR
6
EUR
Ret
PAC
7
XPN
8
AUS
Ret
15
1996 Red Bull Sauber Ford Sauber C15 Ford JD Zetec-R 3.0 V10 AUS
8
BRA
Ret
ARX
Ret
EUR
Ret
SMR
Ret
MON
4
ESP
4
CAN
Ret
FRA
Ret
GBR
8
ALE
8
HUN
Ret
BEL
Ret
ITA
Ret
POR
7
XPN
6
12º 7
1997 Rothmans Williams Renault Williams FW19 Renault RS9 3.0 V10 AUS
8
BRA
9
ARX
Ret
SMR
1
MON
Ret
ESP
8
CAN
4
FRA
2
GBR
Ret
ALE
Ret
HUN
Ret
BEL
3
ITA
3
AUT
3
LUX
3
XPN
2
EUR
6
42
1998 Winfield Williams Williams FW20 Mecachrome GC37-01 V10 AUS
3
BRA
5
ARx
9
SMR
5
ESP
8
MON
Ret
CAN
Ret
FRA
15
GBR
Ret
AUT
Ret
ALE
9
HUN
5
BEL
4
ITA
7
LUX
5
XPN
5
17
1999 Benson & Hedges Jordan Jordan 199 Mugen Honda MF-301 HD 3.0 V10 AUS
2
BRA
3
SMR
Ret
MON
4
ESP
Ret
CAN
11
FRA
1
GBR
4
AUT
4
ALE
3
HUN
4
BEL
3
ITA
1
EUR
Ret
MAL
6
XPN
4
54
2000 Benson & Hedges Jordan Jordan EJ10 Mugen Honda MF-301 HD 3.0 V10 AUS
Ret
BRA
3
SMR
Ret
GBR
17
ESP
6
EUR
Ret
MON
10
CAN
Ret
FRA
7
AUT
Ret
11
Jordan EJ10B Mugen Honda MF-301 HE 3.0 V10 ALE
Ret
HUN
6
BEL
6
ITA
Ret
USA
3
XPN
Ret
MAL
Ret
2001 Benson & Hedges Jordan Honda Jordan EJ11 Honda RA001E 3.0 V10 AUS
5
MAL
4
BRA
11
SMR
6
ESP
Ret
AUT
Ret
MON
Ret
CAN EUR
Ret
FRA
8
GBR
7
ALE 13º 6
Prost Acer Prost AP04 Acer 3.0 V10 HUN
Ret
BEL
9
ITA
Ret
USA
10
XPN
12
2002 Orange Arrows Arrows A23 Cosworth CR-3 3.0 V10 AUS
DSC
MAL
11
BRA
Ret
SMR
Ret
ESP
6
AUT
11
MON
6
CAN
13
EUR
13
GBR
Ret
FRA
NSC
ALE
Ret
HUN BEL ITA 18º 2
Sauber Petronas Sauber C21 Petronas 02A 3.0 V10 USA
13
XPN
2003 Sauber Petronas Sauber C22 Petronas 03A 3.0 V10 AUS
6
MAL
9
BRA
5
SMR
11
ESP
Ret
AUT
NTS
MON
Ret
CAN
Ret
EUR
9
FRA
12
GBR
12
ALE
Ret
HUN
Ret
ITA
13
USA
3
XPN
Ret
11º 13

Resultados completos no DTM

[editar | editar a fonte]

(clave)

ano Equipo Coche 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos Puntos
2004 OPC Team Holzer Opel Vectra GTS V8 2004 HOC
11
EST
12
ADR
12
LAU
Ret
NOR
Ret
SHA
7
NÜR
Ret
OSC
14
ZAN
Ret
BRN
6
HOC
12
14º 3
2005 OPC Team Holzer Opel Vectra GTS V8 2005 HOC
Ret
LAU
14
SPA
15
BRN
3
OSC
14
NOR
6
NÜR
12
ZAN
3
LAU
7
IST
Ret
HOC
18
17
2006 Abt Sportsline Audi A4 DTM 2006 HOC
3
LAU
13
OSC
4
BRA
17
NOR
11
NÜR
6
ZAN
5
CAT
3
BUG
10
HOC
14
24

Unha carreira fóra de campionato disputouse en 2004 nas rúas de Shanghai, China.

Resultados Completos nas 24 Horas de Le Mans

[editar | editar a fonte]
Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase voltas Pos. xeral Pos. clase
1992 Países Baixos Euro Racing Países Baixos Charles Zwolsman, Sr.
Shunji Kasuya
Lola T92/10-Judd C1 271 13º
2008 Aston Martin Racing Italia Andrea Piccini
Austria Karl Wendlinger
Aston Martin DBR9 GT1 339 16º
  1. von Lorentz, Frank (4 de abril de 2004). "Ein Mädchen gibt Vollgas" [A girl goes full throttle] (en German). Die Welt. Consultado o 22 de outubro de 2014. 
  2. "Frentzen: The man behind the wheel". BBC Sport. British Broadcasting Corporation. 25 de xullo de 2001. Consultado o 22 de outubro de 2014. 
  3. Phillips, Sean (10 de decembro de 2013). "The 1983 CIK Asia Pacific Championships". KartSportNews.com. Consultado o 22 de outubro de 2014. 
  4. Вице Чемпионы формулы 1: Хайнц-Харальд Френтцен [Vice champion of Formula 1: Heinz-Harald Frentzen] (en Russian). avtosport.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2014. Consultado o 23 de outubro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]