Concello de Hultsfred
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Kalmar | ||||
Capital | Hultsfred (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 13.794 (2024) (11,62 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.187,01 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | hultsfred.se | ||||
Hultsfred é un municipio sueco (kommun) do condado de Kalmar.[1] A súa capital é Hultsfred. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 14 103 habitantes.[2]
O municipio limita ao oeste co concello de Vetlanda e ao noroeste co de Eksjö, os dous no condado de Jönköping. Ao norte limita co municipio de Vimmerby, ao leste co de Oskarshamn e ao sur co de Högsby, no condado de Kalmar. E ao suroeste limita co concello de Uppvidinge, no condado de Kronoberg.
Administración histórica
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Gårdveda, Järeda, Lönneberga, Målilla, Mörlunda, Tveta, Vena e Virserum. Nestas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862.
O köping de Hultsfreds fundouse en 1927 como unha excisión do municipio rural de Vena.
Coa reforma municipal de 1952 naceron os grandes concellos (storkommun) de Målilla (a partir da fusión dos concellos de Gårdveda e Målilla), Mörlunda (de Mörlunda e Tveta) e Virserum (de Järeda e Virserum), mentres que os concellos rurais de Lönneberga e Vena e o köping de Hultsfred permaneceron sen cambios.
O köping de Virserum fundouse en 1956 a través da reorganización do municipio rural de Virserum. Ao mesmo tempo disolveuse a localidade municipal de Virserum, creada o 9 de febreiro de 1917.
En 1969 os municipios rurais de Lönneberga e Målilla incorporáronse ao köping de Hultsfred. O concello de Hultsfred naceu coa reforma municipal de 1971 a partir dos köping de Hultsfred e Virserum, e dos concellos rurais de Mörlunda e Vena.[3]
Dende a súa formación ata o ano 2005 o concello pertenceu ao partudo xudicial de Oskarshamn e dende entón pertence ao de Kalmar.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-03.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-09-03.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Oskarshamns tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 8 de outubro de 2022.