John Houseman
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de setembro de 1902 Bucarest, Romanía |
Morte | 31 de outubro de 1988 (86 anos) Malibú, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro |
Educación | Clifton College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación, Produción de cinema e produción de televisión |
Ocupación | produtor de cinema, actor de cinema, actor de televisión, actor, produtor de televisión, actor de teatro, profesor de música, profesor universitario, director de cinema, guionista, produtor |
Período de actividade | 1930 - 1988 |
Empregador | Escola Juilliard Federal Theatre Project (en) |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Joan Courtney (1952–1988) Zita Johann (1929–1933), divorcio |
Parella | Henrietta Bingham |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Jacques Haussmann, nado en Bucarest (Romanía) o 22 de setembro de 1902 e finado en Malibú (California) o 31 de outubro de 1988 foi un actor e produtor británico-estadounidense, coñecido como John Houseman.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Houseman naceu en Bucarest. A súa nai era británica e o seu pai un xudeu nado en Alsacia. Estudou en Inglaterra e traballo no comercio de cereais antes de emigrar aos Estados Unidos en 1925, conseguindo a nacionalidade estadounidense en 1943.[1]
Houseman entrou no mundo do teatro tralo crac do 29. A súa primeira oportunidade importante chegou cando foi contratado polo músico Virgil Thomson para dirixir Four Saints in Three Acts, colaboración de Thomson con Gertrude Stein.[2]
En 1934 buscaba un elenco para a obra que producía baseada no drama de Archibald MacLeish, Panic, sobre un financeiro de Wall Street afectado pola crise de 1929. A pesar de que a personaxe central era un home de máis de cincuenta anos, Houseman obsesionouse cun actor novo chamado Orson Welles que vira en Romeo e Xulieta. Welles aceptou deixar a obra para entrar na produción de Panic. A pesar de que a obra obtivo críticas indiferentes, supuxo o inicio da frutífera colaboración entre Welles e Houseman, que deu lugar á produción de Macbeth, dirixida por Welles con actores de raza negra (1936), o musical The Cradle Will Rock (1937) e as obras para a radio do Mercury Theatre, coma a emisión de The War of the Worlds, adaptada da novela de H. G. Wells (1938).
A ruptura entre ambos os dous chegou coa escritura do guión de Cidadán Kane (1941), que Houseman afirmaba que correspondía a Herman J. Mankiewicz máis ca a Welles.
Trala ruptura, Houseman seguiu dirixindo (The Devil and Daniel Webster, 1939) e producindo obras teatrais e chegou a ser o vicepresidente de David O. Selznick Productions. Durante a segunda guerra mundial converteuse no xefe da división de ultramar da oficina de información.
Entre 1945 e 1962 produciu dezaoito filmes para Paramount, Universal e Metro-Goldwyn-Mayer, incluíndo The Blue Dahlia (1946) e Julius Caesar (1953) (for which he received an Academy Award nomination for "Best Picture"). Porén a súa popularidade para o público chegou coa súa interpretación do profesor Charles Kingsfield no filme The Paper Chase (1973), polo que gañou o Oscar ao mellor actor secundario e que repetiu na serie homónima.
Representacións de Houseman no cinema
[editar | editar a fonte]Houseman foi interpretado por Cary Elwes no filme de Tim Robbins Cradle Will Rock (1999) e por Eddie Marsan no filme de Richard Linklater Me & Orson Welles (2009).
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1938 | Too Much Johnson | Duelist | |
1964 | Seven Days in May | Vice-Adm. Farley C. Barnswell | sen acreditar |
1973 | The Paper Chase | Charles W. Kingsfield Jr. | |
1975 | Os tres días do cóndor | Wabash | |
Rollerball | Bartholomew | ||
1976 | St.Ives | Abner Procane | |
1976 | The Adams Chronicles | Justice Gridley | |
1978 | The Cheap Detective | Jasper Blubber | |
1979 | Old Boyfriends | Doctor Hoffman | |
1980 | The Fog | Mr. Machen | |
Gideon's Trumpet | Earl Warren | ||
A Christmas Without Snow | Ephraim Adams | ||
My Bodyguard | Mr. Dobbs | ||
Wholly Moses! | The Archangel | ||
1981 | Ghost Story | Sears James | |
1982 | Rose for Emily | Narrador | |
Murder by Phone | Stanley Markowitz | ||
1982 | Winds of War | Aaron Jastrow | |
1985 | A.D. | Gamaliel | |
1988 | Bright Lights, Big City | Mr. Vogel | |
Scrooged | El mesmo | ||
Another Woman | Pai de Marion | ||
The Naked Gun: From the Files of Police Squad! | Driving Instructor | sen acreditar |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Filmreference.com (ed.). "John Houseman". Consultado o 29 de marzo de 2010.
- ↑ Tommasini, Anthony. (1997) Virgil Thomson – Composer on the Aisle, pp.241–243.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- John Houseman na IMDb (en inglés).
- "The Theatre: Marvelous Boy" – Time Magazine 9 de maio de 1938Arquivado 24 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
- Entrevista con Howard Koch