Saltar ao contido

José Antonio Castro López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Antonio Castro López
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1928 Editar o valor en Wikidata
Barallobre, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de agosto de 1951 Editar o valor en Wikidata (23 anos)
Neda, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 1545

José Antonio Castro López, Tucho, nado en Barallobre (Fene) o 18 de xuño de 1928 e finado en Neda o 30 de agosto de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os seus pais foron perseguidos despois da vitoria franquista. Foi enlace da guerrilla. En 1947 fixo o servizo militar no rexemento de artillaría de Ferrol. Desertou en xullo con José Vilariño Fernández da gornición do Castelo da Palma, con catro fusís e munición, e ambos incorporáronse á guerrilla. A súa familia foi represaliada. Incorporado á IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, foi quen executou ao axente infiltrado Alejo Pablo Mora García. Foi abatido pola Garda Civil no Puntal (Neda) o 30 de agosto de 1951 con outros tres compañeiros, Antonio Veiga Mejuto, José Freire Barcia e José Sancho Riera.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]