Loki
Ilustración de Loki nun manuscrito islandés do século XVIII | |
Nome orixinal | (non) Loptr |
---|---|
Biografía | |
Residencia | Midgard Asgard |
Grupo étnico | Jotun |
Actividade | |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Sigyn |
Parella | Angur |
Fillos | Nari () Sigyn Hela () Angur Sleipnir () Svadilfari Fenrir () Angur Váli () Sigyn Jörmungandr () Angur Narvi |
Pais | Farbanti e Laufey |
Irmáns | Byleist Helblindi Odín |
Cronoloxía | |
Lokasenna (pt) | |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Loki |
Loki en islandés e Loke nas linguas escandinavas continentais (sueco, noruegués e danés) e en variantes xermánicas Lohho é un deus da mitoloxía nórdica. É o deus das bromas e o engano, un ser malévolo e traizoeiro,[1] crese que iniciaría o Ragnarök e ademais é considerado covarde, egoísta e luxurioso.[2]
Entrou en Asgard, o fogar dos deuses, ao conseguir facerse irmán de sangue de Odín a través dun pacto no que compartiron o sangue aínda que era descendente de xigantes.[2]
Loki foi pai de bestas como o lobo Fenrir e a serpe Jörmungandr, e chegou a estar preñado tras comer un corazón de muller e del naceu Sleipnir, o cabalo de Odín.[3]
Paralelismos e homólogos de Loki
[editar | editar a fonte]Loki ten paralelismos en deuses e personaxes de diversas culturas. En certos aspectos, pode ser comparado con Lugh do panteón celta, asociados con habilidades múltiples e o desafío ás normas e categorías establecidas polos deuses.[4]
Tamén pode atoparse un paralelo con Hermes, na mitoloxía grega, pola súa capacidade para enganar aos deuses e a súa natureza astuta.[5] A historia de Loki pode ser comparada tamén co mito de Prometeo: ambas figuras son castigadas por desafiar aos deuses e sometidas a un castigo eterno.[6] Algúns fontes tamén vinculan a Loki con Saturno/Cronus, particularmente na era viquinga, onde a súa representación coma Saeter podería ser un intento de sincretismo ou interpretatio romana.[7]
Na mitoloxía polinesia, o semideus Māui é tamén un semideus tramposo que, a pesar de causar problemas aos deuses, frecuentemente o fai co obxectivo de beneficiar aos humanos.[8]
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Mitoloxía nórdica na cultura popular.
Literatura, anime e BD
[editar | editar a fonte]Loki aparece en animes e mangas como Kenichi, Matantei Loki Ragnarok, Boku Girl, High School DxD Born e Saint Seiya.
Loki é un personaxe na obra de Neil Gaiman The Sandman e en American Gods un criminal chamado «Low Key Lyesmith» revélase logo como Loki.
A novela curta Loki: Historia de un cambiante, de Manuel Escutia trata da vida de Loki segundo distintas versións da mitoloxía.[9]
Aparece na banda deseñada Thor de Marvel Comics.
Audiovisuais
[editar | editar a fonte]É interpretado por Tom Hiddleston nos filmes de Marvel Thor (2011), Thor: the Dark World (2013), Thor: Ragnarok (2017), Avengers: Infinity War (2018) e Avengers: Endgame (2019), na serie de Disney +, Loki (2021 e 2023) e na serie animada What If...? (2021).
Na serie de TV Supernatural, o arcanxo Gabriel descende á terra e toma a forma de Loki ante o resto de deuses pagáns.
Na serie Stargate, un científico de la raza alienígena asgard chamado Loki era o responsábel de abducións de seres humanos para estudalos.
O filme The Mask trata sobre unha máscara que en realidade é o deus Loki desterrado por Odín de Asgard e convertido en máscara, facendo que o que a poña adquira poderes sobrenaturais. Aparece tamén no filme Shūmatsu no Valkyrie.
Xogos
[editar | editar a fonte]É un personaxe dos videoxogos Smite, Persona 5, The Binding of Isaac, Warframe e God of War, e aparece nos xogos de cartas da franquía Yu-Gi-Oh!
Vulcanismo e astronomía
[editar | editar a fonte]Existe un xigante de lume denominado Logi; debido á similitude na pronuncia, moitas veces é confundido con el e asóciase co lume. Richard Wagner presentou a Loki baixo o nome xermanizado de Loge na ópera Das Rheingold (O ouro do Rin).[10]
En Escandinavia, a estrela Sirius era chamada Lokabrenna, algo así como «a tea de Loki».[11][12][13]
Na lúa Ío, o satélite máis próximo a Xúpiter está o volcán Loki, o máis activo do Sistema solar.
O volcán Laki está situado no sur de Islandia, preto do canón de Eldgjá e a vila de Kirkjubæjarklaustur. Aínda que nalgúns contextos, Laki e Loki foron confundidos ou asociados pola súa similitude fonética e semántica, na realidade non está verificado que estean etimoloxicamente conectados. "Laki" en islandés pode provir de "fenda", ou, pola súa forma, dos estómagos de ruminantes.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lindow, John (2002-10-17). Norse Mythology: A Guide to Gods, Heroes, Rituals, and Beliefs (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-983969-8.
- ↑ 2,0 2,1 "Prose Edda (Full Text)". Mythopedia (en inglés). Consultado o 2023-10-14.
- ↑ Crossley-Holland, Kevin (1980). The Norse myths. New York : Pantheon Books. ISBN 978-0-394-50048-5.
- ↑ MacKillop, James (1998). Dictionary of Celtic mythology. Oxford ; New York : Oxford Universtiy Press. ISBN 978-0-19-869157-0.
- ↑ Bremmer, Jan; Erskine, Andrew, eds. (2010-07-30). "The Gods of Ancient Greece". OUP Academic (en inglés). doi:10.3366/edinburgh/9780748637980.001.0001.
- ↑ Kerényi, Karl (1963). Prometheus : archetypal image of human existence. [New York : Bollingen Foundation; distributed by] Pantheon Books.
- ↑ Larrington, Carolyne (2017-02-14). The Norse Myths: A Guide to Viking and Scandinavian Gods and Heroes (en inglés). National Geographic Books. ISBN 978-0-500-25196-6.
- ↑ charlz, mommy (2023-02-27). "How Maui Slowed The Sun Story With Moral Lesson And Summary". EnglishTutorHub (en inglés). Consultado o 2023-10-14.
- ↑ "Lektu - Descargar Ebook Loki: Historia de un cambiante". Lektu (en castelán). Consultado o 2023-10-14.
- ↑ "Wagnermania: Das Rheingold -- Sinópsis". www.wagnermania.com. Consultado o 2023-10-14.
- ↑ Cleasby, Richard; Guðbrandr, Vígfusson (1957). Oxford University Press, ed. An Icelandic-English Dictionary (en inglés e islandés) (2ª ed.). Oxford, Reino Unido. pp. 79, 594. ISBN 978-0198631033.
- ↑ The Viking Answer Lady. "Viking Age Star and Constellation Names" (en inglés).
Loki's brand; Loki's torch", Sirius. Under brenna Cleasby says, "According to Finn Magnusson (Lex. Mythol.) Sirius is called Loka brenna, 'the conflagration of Loki', referring to the end of the world.
- ↑ "Viking Age Star and Constellation Names" (en inglés).
«Loki's brand; Loki's torch», Sirius. Under brenna Cleasby says, «According to Finn Magnusson (Lex. Mythol.) Sirius is called Loka brenna, 'the conflagration of Loki', referring to the end of the world.»
- ↑ "Af hverju heitir fjallið Laki, sem Lakagígar eru nefndir eftir?". Vísindavefurinn (en islandés). Consultado o 2023-10-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Loki |