Saltar ao contido

Marina Mayoral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarina Mayoral

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalMarina Mayoral Díaz [1]
Biografía
Nacemento12 de setembro de 1942 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Mondoñedo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, columnista, novelista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Premios

BNE: XX888871 Bitraga: 1325 BUSC: mayoral-marina-1942 Dialnet: 1958266

Marina Mayoral Díaz, nada en Mondoñedo[2] o 12 de setembro de 1942, é unha escritora galega en galego e castelán.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou os primeiros cursos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid. Desde os 19 anos vive en Madrid, pero sempre mantendo fortes lazos afectivos e culturais con Galicia.[3] Doutorouse en 1971, con premio extraordinario, cunha tese sobre a poesía de Rosalía de Castro

Foi catedrática de Literatura Española na Universidade Complutense de Madrid. Publicou numerosos traballos de investigación e crítica literaria, entre os que destacan os estudos sobre Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Valle Inclán.[4] Tamén realizou moitas análises de poesía e prosa contemporáneas.

Colabora en La Voz de Galicia desde 1990. Foi codirectora da colección Biblioteca de Escritoras de Editorial Castalia e dirixiu a colección Relatos de Editorial Edhasa e a colección Club de Clásicos de Ediciones SM.[5]

Varias das súas novelas foron traducidas ao alemán, italiano, polaco, portugués, catalán e chinés.[6] A acción da maioría das súas novelas desenvólvese en Brétema, un lugar imaxinario de Galicia.

En 2017 foi escollida académica de honra da Real Academia Galega.[7]

En galego

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
Unha árbore, un adeus, de Marina Mayoral, esta incluído na Biblioteca Galega 120.
  • Contra morte e amor (1987). Xerais. 266 páxs. Trad. do castelán.[8]
  • O reloxio da torre (1988). Galaxia. 88 páxs.
  • Unha árbore, un adeus (1988). Galaxia. 92 páxs.[9] Foi traducida ao castelán.[10]
  • Chamábase Luís (1989). Xerais. 160 páxs. Ed. ePub. Foi traducida ao castelán,[11] ao catalán[12] e ao portugués.[13]
  • A man de neve (1992). Contos do Castromil.
  • Tristes armas (1994). Xerais. 136 páxs. 30ª edición en 2019. Ed. ePub. Foi traducida ao portugués[14] e ao inglés.[15]
  • Querida amiga (1995). Galaxia. 112 páxs. Foi traducida ao castelán.[16]
  • Ao pé do magnolio (2004). Galaxia. 216 páxs.[17]
  • Case perfecto (2007). Xerais. 296 páxs.[18]
  • Quen matou a Inmaculada de Silva? (2009). Xerais. 192 páxs. Trad. do castelán.[19]
  • O anxo de Eva (2013). Xerais. 352 páxs. Ed. ePub.
  • O que queda de nós (2023). Vigo: Galaxia. 284 páxs. ISBN 978-84-9151-895-2. Reedición de Unha árbore, un adeus (1988) e Ao pé do magnolio (2004).
  • Por que Murguía destruíu as cartas de Rosalía?. Discurso lido no acto de recepción como académica de honra da RAG, 2017[20]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

En castelán

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Cándida, otra vez (1979). Ámbito Literario. Novela. Gañadora do Premio Ámbito Literario.
  • Al otro lado (1980). Magisterio Español S.A. Novela. Gañadora do Premio Novelas y Cuentos.
  • La única libertad (1982). Cátedra. Novela.
  • Contra muerte y amor (1985). Cátedra. Novela.
  • Morir en sus brazos y otros cuentos (1989). Aguaclara. Relatos.
  • El tiburón, el ángel y otros relatos (1991). Compañía Europea de Comunicaciones e Información. Relatos.
  • Recóndita armonía (1994). Alfaguara. Novela.
  • Dar la vida y el alma (1996). Alfaguara. Novela.
  • Recuerda, cuerpo (1998). Alfaguara. Novela.
  • La sombra del ángel (2000). Alfaguara. Novela
  • Querida amiga (2001). Alfaguara. Novela.
  • Solo pienso en ti (2006). H. KLICZKOWSKI. Novela.
  • ¿Quién mató a Inmaculada de Silva? ( 2009). Novela
  • Deseos (2011). Alfaguara. Novela.
  • El abrazo (2015). Stella Maris. Novela
  • El amor, la vida y mas allá (2017). Teófilo. Relatos
  • La única mujer en el mundo (2019). Edhasa. Novela
  • La poesía de Rosalía de Castro (1974). Gredos.
  • Rosalía de Castro y sus sombras (1976). Fundación Universitaria Española.
  • Análisis de cinco comedias (1977). Castalia.
  • Análisis de textos (Poesía y prosa españolas) (1977). Gredos.
  • Rosalía de Castro (1986). Cátedra.
  • El oficio de narrar (1989). Cátedra.
  • Escritoras románticas españolas (1990). Fundación Banco Exterior.
  • El personaje novelesco (1990). Cátedra.
  • 2019: Premio Voz de Liberdade, outorgado polo PEN Club Galicia.[22]
  • 2021: premio Xosé Luís Alvite, que concede a Asociación de Periodistas de Galicia pola súa traxectoria.[23]
  1. 1,0 1,1 "Mayoral Díaz, Marina". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 298. 
  2. "Marina Mayoral. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-10-26. 
  3. "Membros da Academia - Plenario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-10-26. 
  4. "Marina Mayoral". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-26. 
  5. "Marina Mayoral". Raspabook (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-26. 
  6. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-26. 
  7. P., E. (2/12/2017). "Mayoral analiza os motivos polos que Murguía destruíu as cartas de Rosalía, no seu ingreso na RAG". Galicia Confidencial. 
  8. "Contra morte e amor". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-06. 
  9. "Unha árbore, un adeus". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-10-26. 
  10. "Un árbol, un adiós". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-06. 
  11. "Se llamaba Luis". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-06. 
  12. "Es deia Lluís". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-06. 
  13. "Chamava-se Luís". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-06. 
  14. "Tristes armas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-06. 
  15. "Sad Weapons". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-06. 
  16. "Querida amiga". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-06. 
  17. "Ao pé do magnolio". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-10-26. 
  18. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-26. 
  19. "Quen matou a Inmaculada de Silva?". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-06. 
  20. Mayoral, Marina (2017). Por que Murguía destruíu as cartas de Rosalía?. Real Academia Galega. ISBN 978-84-947823-0-5. 
  21. Cañas, Gabriela (1983-03-17). "Marina Mayoral ganó el primer premio de cuentos Hucha de Oro". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-10-26. 
  22. Redacción. "O PEN Clube premia Marina Mayoral “pola súa defensa das mulleres escritoras”". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-26. 
  23. "O premio Alvite distingue a traxectoria como articulista de Marina Mayoral". La Voz de Galicia. 2021-05-02. Consultado o 2021-05-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Vídeos externos
Rosalía na voz de Marina Mayoral
13 fragmentos.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]