Saltar ao contido

Megapodíidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Megapodiidae»)
Megapodíidos
Megapodiidae
Talégalos, megápodos

Talégalo australiano (Alectura lathami), macho
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Superorde: Galloanserae
Orde: Galliformes
Familia: Megapodiidae
Lesson, 1831
Xéneros
Véxase o texto
Leipoa ocellata.
Macrocephalon maleo.

A dos Megapodíidos (Megapodiidae) é unha familia de aves da orde dos galiformes, que comprende vinte e dous especies repartidas en sete xéneros, coñecidas vulgarmente como talégalos (cultismo derivado do xénero Talegalla),[1] e tamén como megápodos (outro cultismo).

Características

[editar | editar a fonte]

Son galiformes de tamaño de mediano a grande (de 27 a 60 cm, e de 0,9 a 8 kg de peso), de aparencia semellamte á dos pavos, coa cabeza pequena e as patas longas (ao que alude o seu nome). A súa plumaxe é de cor negra ou apardazada A súa plumaxe é de cor negra, gris ou apardazada; algungas especies teñen a cabza espida de plumas, e presentan cristas ou carúnculas de cores rechamantes, vermellas ou amarelas.[2]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Habitan en selvas tropicais húmidas primarias e secundarias, zonas de matogueiras xerófitas monzónicas e na vexetación propia das praias, na rexión Indo-Pacifica, desde as illas Nicobar ao noroeste, até Australia e as illas Tonga, Marianas e Palau no suroeste, a través de Malaisia, Indonesia, Filipinas e Nova Guinea.[2]

Costumes e alimentación

[editar | editar a fonte]

Evitan voaren e pasan a maior parte do tempo no solo, alimentándose de semente, insectos, froitos, raíces, cangrexos e caracois.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1831 polo naturalista francés René Primevère Lesson,[3] na súa obra Traité d'ornithologie, ou, Tableau méthodique des ordres, sous-ordres, familles, tribus, genres, sous-genres et races d'oiseaux : ouvrage entièrement neuf, formant le catalogue le plus complet des espèces réunies dans les collections publiques de la France (Texto completo).

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico da famiia, Megapodiidae, está formado pola unión dos elementoe do latín científico Magapodi- e -ǐdae. O primeiro esta tirado do xenitivo do nome do xénero tipo da familia, Megapodius, e o segundo é a desinencia coa que se forman os nomes das familias de animais.

Para a etimoloxía de Megapodius, véxase Megapodius.

Megapodius reinwardt.

Na actualidade, na famiia recoñécense os sete xéneros seguintes:[4]

Familia Megapodiidae Lesson, 1831

Filoxenia

[editar | editar a fonte]

As relacións filoxenéticas dos xéneros son, de acordo con Harris el al. (2014), as que mostra o seguinte cladograma:[5]

 
 
 

Talegalla

 
 

Leipoa

 
 

Alectura

 

Aepypodius

 
 

Macrocephalon

 
 

Eulipoa

 

Megapodius

  1. del Hoyo et al. 1994.
  2. 2,0 2,1 2,2 VV. AA. (1986): Natura. Enciclopedia de los animales. Volume IV Aves. Barcelona: Ediciones Orbis, S. A. ISBN 84-7634-433-5, p. 138.
  3. Wikispecies.
  4. Megapodiidae no ITIS.
  5. Harris R. B.; Birks S. M. & Leach A. D. (2014): "Incubator birds: biogeographical origins and evolution of underground nesting in megapodes (Galliformes: Megapodiidae) J. Biogeogr. 41: 2045-2056.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A. and Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona: Lynx Edicions / Cambridge, UK: BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.
  • del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal, J. (1994): Handbook of the Birds of the World. Volume 2: New World Vultures to Guineafowl. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]