Saltar ao contido

Miguel III de Bulgaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Miguel Asen III de Bulgaria»)
Modelo:BiografíaMiguel III de Bulgaria

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1280 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xullo de 1330 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Welbaschd (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorto en combate Editar o valor en Wikidata
Déspota
Tsar de Bulgaria
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloTsar Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastia Shishman (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeTeodora Paleóloga (1324 (Gregoriano)–)
Ana Neda da Sérvia (1323 (Gregoriano)–1324 (Gregoriano)) Editar o valor en Wikidata
FillosJoão Estêvão da Bulgária
 () Ana Neda da Sérvia
Shishman
 () Ana Neda da Sérvia Editar o valor en Wikidata
PaisShishman of Vidin Editar o valor en Wikidata  e Maria Editar o valor en Wikidata
IrmánsBelaur Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Miguel III de Bulgaria (en búlgaro: Михаил Асен III, Mihail Asen III), comunmente chamado Miguel Shishman (en búlgaro: Михаил Шишман, Mihail Šišman),[nota 1] gobernou como tsar de Bulgaria de 1323 a 1330. Descoñécese o ano exacto do seu nacemento, pero ocorreu probablemente entre 1280 e 1292.[1] Foi o fundador da última dinastía gobernante do Segundo Imperio búlgaro, a dinastía Shishman. Con todo, despois de ser coroado usou o nome de Asen para salientar a súa relación coa dinastía Asen, a primeira en gobernar sobre o Segundo Imperio.[2]

Gobernante enérxico e ambicioso, Miguel III dirixiu unha política exterior agresiva, aínda que oportunista e incoherente, contra o Imperio bizantino e o Reino de Serbia, que lle custou a vida na desastrosa batalla de Velbazhd.[3] Tamén foi o último gobernante medieval búlgaro que aspirou á hexemonía militar e política do Imperio búlgaro nos Balcáns e o último que tentou apoderarse de Constantinopla. Sucedeulle o seu fillo Iván Estevo e despois o seu sobriño Iván Alexandre, quen cambiou a súa política mediante a formación dunha alianza con Serbia.[4]

Primeiros anos e ascensión ao trono

[editar | editar a fonte]

Nado entre 1280 e 1292, Miguel era o fillo do déspota Shishman de Vidin e dunha nobre búlgara cuxo nome é descoñecido, que ademais era filla do sebastocrátor Pedro e a súa esposa Ana Teodora Asenina.[5][4][6] Ana Teodora, á súa vez, era filla de Iván Asen II e Irene Comnena de Epiro.[7] Miguel tamén era polo lado paterno un parente afastado dos tsares de Bulgaria, Teodoro Svetoslav e Xurxo Terter II.[8] Despois da firma da paz entre o seu pai e Estevo Milutin de Serbia en 1292, foi comprometido en matrimonio coa filla do rei serbio, Ana Neda, coa que casou en 1298 ou 1299.[9]

Desde mediados do século XIII, Vidin foi unha rexión autónoma aínda que nominalmente sometida á autoridade de Tarnovo, e estivo sucesivamente gobernada por Xacobe Svetoslav (falecido en 1276), Shishman (falecido entre 1308 e 1313), e despois por Miguel.[10] Shishman e o seu fillo recibiron o título de déspotas do seu curmán Teodoro Svetoslav; unha fonte veneciana da época menciona a Miguel como «déspota de Bulgaria e señor de Vidin».[9] A rexión dependía até certo punto da protección serbia para librarse do dominio de Teodoro Svetoslav, pero Miguel, a quen lle desgustaba esta dependencia, aproveitou a rivalidade entre os dous adversarios para obter a máxima autonomía para si.[11] Coa morte do rei serbio Estevo Milutin en 1321 e as consecuentes loitas intestinas en Serbia, que eliminaron a influencia desta en Vidin, Miguel III puido finalmente dedicarse á política na capital do Imperio búlgaro, Tarnovo.[10] A principios dos anos 1320 converteuse nunha das máis importantes personalidades na xestión dos asuntos internos do país e, despois de que Xurxo Terter II morrese sen descendencia a finais de 1322, acabou sendo elixido tsar de Bulgaria pola nobreza — entre finais de 1322 e xuño de 1323—.[12] Segundo algúns historiadores, foi elixido porque era descendente da dinastía Asen e interpretaron a súa ascensión ao trono non como o comezo dunha nova dinastía, senón máis ben como unha continuación da casa de Asen.[2] O seu irmán Belaur sucedeuno como déspota de Vidin.[13] A dinastía Shishman rexeu Bulgaria até a derrota final desta a mans dos otománs.[13]

Relacións co Imperio bizantino

[editar | editar a fonte]

Guerra contra Bizancio

[editar | editar a fonte]
Bulgaria durante o reinado de Miguel III. Movementos dos exércitos búlgaro (en vermello), serbio (en verde) e bizantino (en azul) antes da batalla de Velbazhd.

Á repentina morte de Xurxo Terter seguíralle un breve período de confusión e incerteza que aproveitou o emperador bizantino Andrónico III Paleólogo, quen invadiu a rexión do nordés de Tracia en 1323 e conquistou diversas cidades importantes, incluídas Yambol, Rusokastro, Anquialo, Sozopol e Agatopol.[14] O territorio entre Sliven e Mesembria, con abundante poboación grega, optou por unirse ao Imperio bizantino. A ameaza bizantina favorecera a Miguel: gran parte da nobreza perdera terras a mans dos bizantinos ou temía perdelas, o que a levou a apoiar o seu ascenso ao trono búlgaro ao consideralo a figura máis poderosa e capaz de enfrontarse a Constantinopla. Ao mesmo tempo, un pretendente ao trono apoiado polos bizantinos, Voisil, irmán do antigo tsar búlgaro Smilets, tomou Kran e pasou a controlar os vales entre os montes Balcáns e Sredna Gora desde Sliven até Kopsis.[14] Miguel, recentemente entronizado, marchou cara ao sur para facer fronte aos bizantinos mentres Andrónico III estaba a cercar Filipópole con outro exército.[15][14] A cidade estaba defendida por unha gornición búlgara dirixida por Iván o Ruso e o asedio foi un fracaso, a pesar de que os bizantinos empregaron unha enorme torre de asedio de cinco pisos movida por cen soldados.[14][16][17] Mentres o exército bizantino estaba ocupado en Filipópole, Miguel dirixiu as súas tropas cara ao nordés de Tracia e rapidamente recobrou as cidades perdidas, o que obrigou aos bizantinos a retirarse.[15][14]

Aínda que Miguel obrigou a Andrónico III a repregarse, os bizantinos lograron tomar Filipópole[11] mentres os búlgaros estaban a cambiar a gornición.[15][18] A pesar da perda, Miguel foi capaz de expulsar a Voisil e recuperar completamente o norte e nordés de Tracia en 1324.[19] En 1324, o emperador búlgaro invadiu o Imperio bizantino avanzando até Traxanópole[nota 2] e Vira, no curso inferior do río Maritsa.[21] Andrónico III, en inferioridade numérica, non se atreveu a enfrontar directamente ao exército búlgaro e desafiou a Miguel III a un duelo para resolver o conflito. O tsar búlgaro respondeu as palabras citadas por Xoán VI Cantacuzeno:[22][23]

Estúpido sería o ferreiro que no canto de tomar o ferro quente cunhas pinzas o tomara coas súas mans. El mesmo sería ridiculizado polos búlgaros se non arriscase o seu numeroso e forte exército senón o seu propio corpo.[22].

Cantacuceno tamén afirmou que o emperador bizantino púxose furioso coa resposta e por mor da astucia do búlgaro.[22] Pero Miguel, que coñecía do conflito do emperador contra o seu avó, Andrónico II, deu a entender que podería axudalo no futuro en caso de guerra e regresou a Bulgaria prometendo que pronto habería negociacións entre ambos.[22]

Acordo de paz e participación na guerra civil bizantina

[editar | editar a fonte]
1- Andrónico II. Miniatura da Historia de Xurxo Paquimeres (século XIV).
2- Andrónico III Paleólogo. Miniatura do século XIV feita por un autor bizantino descoñecido.

Nun concilio realizado en Constantinopla sobre as relacións con Bulgaria, decidiuse que os dous países debían comezar as negociacións a pesar das demandas para castigar aos búlgaros pola invasión. As conversacións entre búlgaros e bizantinos sucedéronse ao longo de 1323 e 1324 e conduciron a un pacto. Miguel divorciouse da súa esposa serbia Ana Neda e casou coa bizantina Teodora Paleóloga, viúva do emperador Teodoro Svetoslav e irmá de Andrónico III.[24][25] As razóns exactas deste acto non están claras. Moitos historiadores suxiren que a deterioración das relacións entre Bulgaria e Serbia tiñan as súas raíces na invasión serbia de Macedonia.[26][27] O matrimonio consolidou o tratado de paz co Imperio bizantino. A necesidade dun aliado contra os serbios fixo a Miguel III propenso a facer concesións: decidiuse que a fronteira debía seguir a liña Filipópole-Chernomen-Sozopol.[26] O acordo asinouse finalmente no outono de 1324 e Miguel III pasou os seguintes anos en paz cos seus veciños.[26][28]

En 1327 Miguel participou na guerra civil bizantina, tomando partido polo seu cuñado Andrónico III, mentres que o avó e rival deste, Andrónico II, conseguiu o apoio do rei de Serbia.[25][29][30] Andrónico III e Miguel reuníronse en Chernomen —ou, segundo Nicéforo Grégoras, en Demotika— e asinaron unha alianza militar contra Serbia.[31] Andrónico III prometeu a Bulgaria un territorio con varias cidades importantes, ademais dunha gran suma de diñeiro, se podía converterse no único emperador.[32] Grazas a esta alianza, Andrónico III conseguiu tomar Macedonia, pero o seu éxito fixo que Miguel III, máis interesado nun prolongado conflito entre os bizantinos que no triunfo do seu aliado, tamén iniciase conversacións con Andrónico II, ofrecéndolle apoio militar a cambio de diñeiro e a concesión de territorios fronteirizos.[25][33] O tsar enviou un destacamento de cabalaría de tres mil homes baixo o mando de Iván o Ruso, de Yambol, para custodiar o palacio imperial de Constantinopla e a Andrónico II, pero a súa verdadeira intención era capturar ao vello emperador e a cidade.[34][35] Advertido polo seu neto, Andrónico II prudentemente mantivo afastados aos búlgaros da capital e de si mesmo.[36] Cando Miguel decatouse de que os seus plans foran desvelados, mandou unha carta a Iván para que se retirase, cunha pluma coa punta chamuscada que significaba que as ordes tiñan que executarse inmediatamente.[36] As tropas dedicáronse ao saqueo de Tracia antes de retirarse. Andrónico III, mediante negociacións e ameazas a Miguel, tamén contribuíra á retirada das forzas búlgaras; unha vez que estas partiron, Andrónico III puido entrar en Constantinopla o 24 de maio de 1328 e facerse co trono pacificamente.[25]

Despois do triunfo de Andrónico III sobre o seu avó, Miguel III tratou de obter algúns territorios pola forza. Invadiu Tracia en xuño de 1328 e saqueou os arredores de Viza, pero retirouse ante o avance de Andrónico III.[37][38] Outro enfrontamento fronte a Adrianópole sesenta días despois terminou sen batalla e coa renovación do tratado de paz en outubro de 1328; despois diso Miguel III regresou ao seu país, pero non sen antes obter un gran tributo.[39][40] A cambio, os búlgaros devolveron a fortaleza de Bucoleón, que tomaran durante as etapas iniciais da campaña.[41] A comezos de 1329, o tsar búlgaro solicitou unha reunión persoal co seu homólogo bizantino para negociar un tratado definitivo e planear operacións militares conxuntas contra o crecente poder de Serbia.[4] Na localidade coñecida como Krimni, entre Sozopol e Anquialo, os dous asinaron «unha paz duradeira e unha alianza eterna».[37][42]

Relacións con Serbia

[editar | editar a fonte]
A batalla de Velbazhd. Miguel perdeu a vida no combate, que supuxo unha desfeita para as armas búlgaras e outorgou primacía a Serbia nos Balcáns até as vitorias otomás medio século máis tarde. Fresco do mosteiro de Visoki Dechani (século XVI).

O divorcio e encarceramento de Ana Neda —e do seu fillo, até entón herdeiro de Miguel— en 1324 empeorou as relacións entre Bulgaria e o Reino de Serbia, que foran cordiais desde inicios do século XIV.[29][43] Ana Neda tivo que abandonar Tarnovo cos seus fillos e buscou refuxio na corte do seu irmán Estevo Dečanski, o rei de Serbia.[26] Con todo, Dečanski estaba en guerra contra o seu curmán Ladislau de Sirmia e non podía oporse a Miguel.[24] O tsar búlgaro mesmo recoñeceu a Estevo Ladislau como rei de Serbia, pero o seu apoio foi insuficiente. Na primavera de 1324, Dečanski enviou ao futuro arcebispo de Serbia Danilo II para negociar co tsar en Tarnovo, pero a súa misión non obtivo ningún resultado.[31] Os dous países estaban de novo en bandos opostos durante a guerra civil bizantina, cos búlgaros aliados de Andrónico III e os serbios coligados con Andrónico II.[24][33][44] Disputábanse, ademais, o control de Macedonia. Para protexer esta rexión das incursións serbias, Andrónico III renovou a súa alianza con Miguel en outubro de 1328.[45]

Despois do novo acordo con Andrónico III, Miguel comezou os preparativos para atacar mentres os serbios estaban a saquear os arredores de Ohrid —as hostes serbias retiráronse sen lograr conquistar a cidade cando Andrónico enviou forzas para expulsalas—.[1] Andrónico e Miguel decidíronse a lanzar unha campaña conxunta contra Serbia en 1330. Segundo os cronistas serbios, Miguel soberbiamente esixiu a submisión do rei serbio —que solicitara infrutuosamente a paz— e ameazou con «establecer o seu trono no centro do territorio serbio».[45][46] En 1330, Miguel marchou cara a Serbia cun exército de quince mil homes —incluíndo reforzos dos seus vasalos de Valaquia e Moldova- e esperaba reunirse co exército de Andrónico III, que avanzaba desde o sur.[45][46] Nun principio dirixiuse a Vidin, onde os historiadores cren que quería unir forzas co seu irmán Belaur, para despois marchar cara ao sur.[47] Debido á mala coordinación cos bizantinos, o exército búlgaro atopouse só cos serbios, cuxo exército era duns quince mil homes, preto de Velbazhd (Kyustendil).[39][48] Nunha reunión persoal, os dous gobernantes acordaron unha tregua dun día, pois ambos esperaban reforzos.[49][50] Confiando no acordo, Miguel permitiu ao seu exército dispersarse para buscar provisións. Con todo, na mañá do 28 de xullo, chegou un importante reforzo serbio de mil xinetes almogávares capitaneados polo fillo do rei, Estevo Dušan, e os serbios romperon o acordo atacando aos búlgaros.[49][50][51] A pesar do inesperado ataque, Miguel tratou de reunir ás súas hostes, pero foi demasiado tarde e os serbios saíron vitoriosos do combate.[46][52] O resultado da batalla definiu o balance de poder nos Balcáns durante as seguintes décadas e, aínda que Bulgaria non cedeu territorio a Serbia —pero si o perdeu no norte, onde a debilidade búlgara permitiu á Horda de Ouro avanzar até o Danubio, e no sur, onde os bizantinos, que romperon a alianza que non respectaran, aproveitaron para recuperar terreo—, os serbios puideron conquistar gran parte de Macedonia.[53][54] Serbia dominou os Balcáns durante o medio século seguinte, até a vitoria final otomá na rexión.[50] O vencedor logrou ademais impor á nobreza búlgara a restauración na posición da súa irmá, que regresou á capital búlgara, e o recoñecemento dos dereitos do seu sobriño Iván Estevo ao trono.[55] Pronto, emporiso, a aristocracia búlgara rebelouse contra este e impuxo no trono ao sobriño de Miguel, Iván Alexandre, que casou á súa irmá co novo rei serbio Estevo Dušan —a nobreza serbia tamén se alzou contra Estevo Dečanski e asasinouno—, aliouse con el, tomou as armas contra os bizantinos e recuperou o territorio meridional perdido tras a derrota de Miguel en Velbazhd.[46][48][49][49][51][54]

Morte e legado

[editar | editar a fonte]
A igrexa de San Xurxo, onde Miguel III foi enterrado.

As circunstancias da morte de Miguel III son pouco claras. Segundo o emperador e historiador bizantino Xoán Cantacuceno, o tsar búlgaro foi ferido mortalmente na batalla e morreu inmediatamente, mentres que outro historiador bizantino suxire que viviu tres días máis, inconsciente, e que faleceu ao cuarto.[49][56] As crónicas serbias afirman que o seu cabalo foi derrubado durante a batalla e esmagouno.[3][50] Cando o seu corpo foi levado ante Dečanski, este entristeceuse, aínda que lembrou que o búlgaro prefería a guerra á paz.[3] O historiador e clérigo búlgaro de principios do século XV Gregorio Tsamblak afirma que Miguel foi capturado e asasinado polo fillo do rei serbio, Estevo Dušan.[3] Miguel III foi enterrado na igrexa de San Xurxo en Staro Nagoričane.[57]

O tsar Miguel III é considerado un monarca agresivo e oportunista, cuxa mudable política exterior probablemente culminou na batalla que lle custou a vida.[3] Por outra banda, era claramente de forte carácter e enérxico; foi capaz de superar e reverter as perdas de Bulgaria durante o período de debilidade que precedeu ao seu ascenso ao trono e tamén conseguiu manter a paz e a seguridade interna de Bulgaria durante o seu reinado.[3] Andreev considérao o máis notable monarca búlgaro do século XIV.[3] Segundo Cantacuceno, Miguel desexaba expandir o seu país desde «Bizancio até o Istros», é dicir, desde Constantinopla até o Danubio; foi o último gobernante medieval búlgaro que tentou conquistar a capital bizantina.[27][32] Tamén foi o primeiro gobernante búlgaro en décadas en tratar de levar a cabo unha política máis activa en Macedonia.[58] O reverso dos billetes búlgaros de dous levs, emitidos en 1999 e 2005, mostran o selo de Miguel III.[59]

Matrimonios e descendencia

[editar | editar a fonte]

Miguel III primeiro estivo casado con Ana Neda de Serbia, a filla de Estevo Uroš II Milutin de Serbia, e deste matrimonio tivo catro fillos:[60]

  • Iván Estevo, que lle sucedeu como emperador de Bulgaria. Recibiu o título de tsar en vida do seu pai.
  • Miguel, que gobernou pouco tempo como déspota[60] de Vidin.
  • Shishman, pretendente ao trono de Bulgaria en oposición a Iván Alexandre.[61]
  • Ludovico, que aparece mencionado nun documento napolitano que non indica que posuíse título algún.[60]

Do seu segundo matrimonio con Teodora Paleóloga, a filla de Miguel IX Paleólogo e viúva de Teodoro Svetoslav, Miguel III tivo varios fillos cuxos nomes se descoñecen.[60]

Devanceiros

[editar | editar a fonte]
  1. O uso común de Miguel Shishman é tecnicamente inexacto, xa que consiste no nome Miguel seguido polo patronímico Shishman, é dicir, "Miguel (o fillo de) Shishman". Fontes contemporáneas búlgaras e bizantinas din que este emperador reinou baixo o nome de Miguel Asen. Tamén é coñecido entre os historiadores como Miguel III Shishman ou Miguel III Shishman Asen.
  2. Traxanópole foi unha poboación próxima á actual Feres, situada a 2 quilómetros do río Maritsa na Tracia occidental.[20]

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Historia do Estado Bizantino, (en castelán)
  2. 2,0 2,1 (Вожилов & Гюзелев 1999, p. 562)
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 (Андреев & Лалков 1996, p. 264)
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 (Kazhdan 1991, p. 1365)
  5. Fine 1987, p. 268.
  6. 6,0 6,1 (Андреев & Лалков 1996, p. 255)
  7. (Varzos 1984, p. 637)
  8. (Biliarsky 2011, p. 284)
  9. 9,0 9,1 (Fine 1987, p. 268)
  10. 10,0 10,1 (Бакалов & Куманов 2003)
  11. 11,0 11,1 Historia Medieval II (séculos XIII-XV), (en castelán)
  12. (Fine 1987, pp. 268–269)
  13. 13,0 13,1 (Fine 1987, p. 269)
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 (Андреев & Лалков 1996, p. 256)
  15. 15,0 15,1 15,2 Fine 1987, p. 269.
  16. (Kyriakidis 2011, p. 102)
  17. (Колектив 1980, p. 224)
  18. (Колектив 1980, p. 227)
  19. (Вожилов & Гюзелев 1999, p. 563)
  20. (Колектив 1980, p. 230)
  21. (Андреев & Лалков 1996, pp. 256–257)
  22. 22,0 22,1 22,2 22,3 (Андреев & Лалков 1996, p. 257)
  23. (Колектив 1980, p. 228)
  24. 24,0 24,1 24,2 (Fine 1987, p. 270)
  25. 25,0 25,1 25,2 25,3 Ostrogorsky 1987, p. 496.
  26. 26,0 26,1 26,2 26,3 (Андреев & Лалков 1996, p. 258)
  27. 27,0 27,1 (Вожилов & Гюзелев 1999, p. 566)
  28. (Вожилов & Гюзелев 1999, p. 564)
  29. 29,0 29,1 Fine 1987, p. 270.
  30. (Bartusis 1997, p. 90)
  31. 31,0 31,1 (Вожилов & Гюзелев 1999, p. 565)
  32. 32,0 32,1 (Андреев & Лалков 1996, p. 259)
  33. 33,0 33,1 (Андреев & Лалков 1996, pp. 259–260)
  34. (Jireček 1977, p. 419)
  35. (Павлов 2005)
  36. 36,0 36,1 (Андреев & Лалков 1996, p. 260)
  37. 37,0 37,1 (Андреев & Лалков 1996, p. 261)
  38. Bartusis 1997, p. 91.
  39. 39,0 39,1 Ostrogorsky 1987, p. 498.
  40. (Fine 1987, p. 271)
  41. (Вожилов & Гюзелев 1999, pp. 567–568)
  42. (Boya 2014, p. 115)
  43. (Андреев & Лалков 1996, p. 250)
  44. (Gregory 2005, p. 355)
  45. 45,0 45,1 45,2 Fine 1987, p. 271.
  46. 46,0 46,1 46,2 46,3 (Андреев & Лалков 1996, p. 262)
  47. (Вожилов & Гюзелев 1999, p. 571)
  48. 48,0 48,1 (Fine 1987, pp. 271–272)
  49. 49,0 49,1 49,2 49,3 49,4 (Колектив 1980, p. 265)
  50. 50,0 50,1 50,2 50,3 Fine 1987, p. 272.
  51. 51,0 51,1 (Boya 2014, p. 116)
  52. Bartusis 1997, p. 92.
  53. Ostrogorsky 1987, p. 499.
  54. 54,0 54,1 (Fine 1987, p. 272)
  55. Fine 1987, p. 272-273.
  56. (Андреев & Лалков 1996, pp. 263–264)
  57. (Вожилов & Гюзелев 1999, p. 573)
  58. (Вожилов & Гюзелев 1999, p. 569)
  59. "Централната банка на Република България е изградена и функционира въз основа на Закона за Българската народна банка". 
  60. 60,0 60,1 60,2 60,3 Biliarsky 2011, p. 283.
  61. "TSARS OF BULGARIA 1323-1393 (FAMILY of ŠIŠMAN)". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Xurxo II Terter
 Tsar de Bulgaria 
1323 - 1330
Sucesor:
Iván Estevo
Predecesor:
Shishman de Vidin
 Déspota de Vidin 
aprox. 1308/1313 - 1330
Sucesor:
Belaur