Neonazismo
O neonazismo é un movemento social e político xurdido despois da segunda guerra mundial que busca a recuperación do nazismo.[1][2][3][4] O termo neonazismo pode referirse tamén á ideoloxía deses movementos.[5][6]
O neonazismo toma elementos da doutrina nazi, incluíndo o nacionalismo militar, o racismo, a xenofobia, a homofobia, o antisemitismo e o comezo do "Cuarto Reich". A negación do Holocausto é un elemento frecuente, así como a incorporación dos símbolos nazis e a admiración a Adolf Hitler.
O neonazismo é un fenómeno global, con representacións organizadas en moitos países e con redes internacionais. Algúns países de Europa e de América Latina teñen leis que prohiben a expresión en termos pro-nazis, racistas pro-Nazi, antisemitas ou homófobos. Moitos símbolos relacionados co nazismo están prohibidos en países europeos nun esforzo de diminuír o neonazismo.[7][8] [9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ McGowan, Lee (2002). The Radical Right in Germany: 1870 to the Present. Pearson Education. pp. 9, 178. ISBN 0-582-29193-3. OCLC 49785551.
- ↑ Bailer-Galanda, Brigitte. "Right-Wing Extremism in Austria: History, Organisations, Ideology". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de agosto de 2018.
- ↑ Frost, Martin. "Neo Nazism". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2007. Consultado o 28 de xullo de 2014.
- ↑ Lee, Martin A. 1997. The Beast Reawakens. Boston: Little, Brown and Co, pp. 85–118, 214–234, 277–281, 287–330, 333–378. On Volk concept," and a discussion of ethnonationalist integralism, see pp. 215–218
- ↑ Peter Vogelsang & Brian B. M. Larsen (2002). "Neo-Nazism". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2007. Consultado o 8 de decembro de 2007.
- ↑ Ondřej Cakl & Klára Kalibová. "Neo-Nazism". Faculty of Humanities at Charles University in Prague, Department of Civil Society Studies. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 8 de decembro de 2007.
- ↑ Werner Bergmann; Rainer Erb (1997). Anti-Semitism in Germany: The Post-Nazi Epoch Since 1945 (en inglés). Transaction Publishers. p. 91. ISBN 1-56000-270-0. OCLC 35318351.
- ↑ Martin Polley (200). A-Z of Modern Europe Since 1789. Routledge. p. 103. ISBN 0-415-18597-1. OCLC 49569961.
- ↑ "Neo-Nazism" (en inglés). ApologeticsIndex.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Neonazismo |