Odd Hassel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1897 Christiania, Noruega (pt) |
Morte | 11 de maio de 1981 (83 anos) Oslo, Noruega |
Lugar de sepultura | Cemitério Vår Frelsers (pt) |
Catedrático | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Oslo Universidade Humboldt de Berlín |
Actividade | |
Campo de traballo | Fisicoquímica |
Ocupación | fisicoquímico, profesor universitario, químico, físico |
Empregador | Universidade de Oslo |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Ernst August Hassel |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Хассель Одд) |
Odd Hassel, nado en Oslo (Noruega) o 17 de maio de 1897 e finado o 11 de maio de 1981, foi un físico, químico e profesor universitario noruegués galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1969.
Biografía
[editar | editar a fonte]Odd naceu na cidade de Oslo, capital actual de Noruega, pero que naqueles momentos estaba unida ao Reino de Suecia baixo o dominio persoal de Óscar II de Suecia pero coa súa propia constitución e goberno. En 1915 ingresou na Universidade de Oslo para estudar física, química e matemáticas, e licenciouse en 1920. En 1924 realizou o doutoramento na Universidade de Berlín, e en 1934 aceptou a oferta da Universidade de Oslo para converterse en profesor de fisicoquímica, cargo que ocupou ata 1964, cando se xubilou.
Durante a ocupación de Noruega pola Alemaña nazi durante a Segunda guerra mundial, Hassel foi recluído dous anos no campo de concentración de Grini, onde compartiu cela con Ragnar Frisch, galardoado co Premio Nobel de Economía do ano 1969. Foi liberado en novembro de 1944.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Interesado inicialmente na química inorgánica, a partir da década de 1930 interesouse na estrutura molecular, en particular do composto químico ciclohexano. Foi o introductor en Noruega das medidas dos momentos de dipolo eléctrico e da difracción do electrón por parte dos vapores. Os seus traballos revelaron o modo de orientación dos átomos que forman parte dos compostos químicos.
Durante a década de 1950 os seus traballos sobre os compostos químicos foron ampliados posteriormente polo químico Derek Harold Richard Barton mediante a técnica de conformación química, o que abriu a posibilidade de crear moléculas sintéticas de aplicación farmacéutica. En 1969 foi galardoado co Premio Nobel de Química, xunto con Derek Barton, polas súas contribucións ao desenvolvemento do concepto da conformación química e o seu uso en química.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1969 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1969 (en inglés)
Predecesor: Lars Onsager |
Premio Nobel de Química 1969 con Derek Harold Richard Barton |
Sucesor: Luis Federico Leloir |