Planta oleaxinosa
As plantas oleaxinosas ou plantas aceiteiras son vexetais (normalmente cultivos) de cuxa sementes ou froitos pode extraerse aceite, nalgúns casos comestíbel e noutros casos de uso industrial. As oleaxinosas máis sementadas son a soia (Glycine max), o dendeceiro ou palma aceiteira (Elaeis), o cacahuete (Arachis hypogaea), o xirasol (Helianthus annuus), o millo (Zea mays) e o liño (Linum spp.). Cada planta, á su vez, pode ter outros usos económicos, coma o liño, do que se poden extraer fibras téxtiles, fariñas e sementes alimenticias, ou o millo, a soia e o cacahuete, cuxos froitos e sementes tamén se poden comer; no caso das nogueiras (Juglans spp.) pode extraerse tamén a madeira. Outras plantas oleaxinosas son o azafrán bastardo ou cártamo (Carthamus tinctorius), a colza (Brassica napus) (aceite de canola), a oliveira (Olea europaea) a nogueira (Juglans), o rícino (Ricinus communis), o sésamo (Sesamum indicum), a xoxoba (Simmondsia chinensis), o tung (Vernicia fordii), a amendoeira (Prunus dulcis), o arroz (aceite de farelo de arroz) e incluso os bagos de videira.
O aceite de soia é o de maior produción mundial, seguíndolle o aceite de palma, a colza e o xirasol.
En Galiza cultívanse dende a antigüidade distintas especies oleaxinosas como o millo, o liño ou a nogueira, aínda que ningunha delas para a produción de aceites. A oliveira cultivouse nalgunhas zonas de Galiza para obter aceite, como na Ribeira Sacra ou en Quiroga; os reis católicos impediron que o cultivo da oliveira se xeneralizase para favorecer a produción noutras zonas de España, gravando a actividade a través de altos impostos que obrigaron aos labregos a arrincar todos os pés do país e dedicarse a outros cultivos. Porén nos últimos anos está a medrar a produción de aceite de oliva en Galiza.[1]
Extracción do aceite
[editar | editar a fonte]Os métodos e maquinarias para extraer o aceite presente nos froitos ou sementes, varían de acordo á planta.
Na extracción do aceite das sementes oleaxinosas existen dous sistemas, un mecánico e o outro empregando disolventes. Ambos os dous sistemas requiren que as sementes estean previamente limpas, debulladas, esmagadas, escachadas e moidas.[2]
A extracción mecánica consiste nos pasos a seguir:
- As sementes xa moidas pasan a un acondicionador onde se obtén unha masa homoxénea;
- A masa pasa a unha prensa de parafuso, que nun só paso esmaga a masa separando o aceite e deixando unha "torta proteínica";
- O aceite pasa a unha peneira vibratoria co fin de proceder a unha primeira etapa de filtración de grandes impurezas;
- O aceite peneirado pasa a un filtro do que se obtén o aceite cru filtrado:
- A torta proteínica pode xerar un plus de aceite sendo sometida a extracción por disolventes, o pode tamén destinarse a producir alimento equilibrado para animais en forma de pellets.[2]
A extracción por disolventes consiste nos pasos a seguir:
- As sementes moidas son esmagadas a xeito de rodetes;
- O rodete pasa a un acondicionador para a súa homoxeneización;
- O rodete homoxéneo pasa a un muíño onde se desfai en anacos moi finos para facilitar a extracción;
- O rodete dividido pasa a un extractor, onde é sometido á acción dun disolvente de materias graxas, sendo o hexano o máis utilizado na industria moderna;
- O disolvente arrastra as graxas a un evaporador onde son separadas, en tanto aquel volve ao extractor;
- O farelo restante lévase a un separador do disolvente para eliminalo.[2]
Na extracción do aceite de oliva utilízase un muíño de aceite.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.elmundo.es/elmundo/2011/03/20/galicia/1300638851.html Noticia sobre a recuperación da produción oliveira en Galiza
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Extracción do aceite de sementes oleaxinosas Arquivado 21 de maio de 2008 en Wayback Machine., Agroinformación (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Planta oleaginosa, EUROVAC;
- Nutriking, produtor de aceite de soia, de colza e de xirasol (en ccastelán).