Saltar ao contido

Pedro Casaldáliga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Casaldáliga

(2005) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ca) Pere Casaldàliga i Pla Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1928 Editar o valor en Wikidata
Balsareny, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de agosto de 2020 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Batatais, Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Bispo titular
27 de agosto de 1971 – 26 de maio de 1978
Diocese: Altava (en) Traducir
Administrador apostólico
27 de abril de 1970 –
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPastoral, missionary work (en) Traducir, teologia católica (pt) Traducir, Teoloxía da liberación, proteção de direitos humanos (pt) Traducir e poesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1971–), sacerdote católico (1952–), activista político, Teólogo católico, poeta, escritor, misioneiro, teólogo Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaClaretianos Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónFernando Gomes dos Santos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX822667 Dialnet: 293154 Musicbrainz: fb63fff6-9c50-40c2-8414-1e7290a5da58 Editar o valor en Wikidata

Pedro Casaldáliga Pla, nado en Balsareny (Barcelona) o 16 de febreiro de 1928 e finado en Batatais (Estado de São Paulo) o 8 de agosto de 2020,[1] foi un bispo católico, escritor e poeta catalán radicado no Brasil activista dos dereitos humanos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia labrega, formado no seminario de Vic foi ordenado sacerdote o 31 de maio de 1952 en Montjuïc (Barcelona).

En xuño de 1968 mudouse para o Mato Grosso, na Amazonía brasileira. O Papa Paulo VI nomeouno bispo de Araguaia en 1971. Adoptou como lema da actividade pastoral: Nada possuir, nada carregar, nada pedir, nada calar e, sobretudo, nada matar.

Comprometido coa xustiza social, a prol dos dereitos dos desfavorecidos e da identidade cultural dos indíxenas e dos seus dereitos económicos e sociais, enfrontouse a sectores latifundistas e militares e foi branco de ameazas de morte. Chegou a ser detido cando acudiu á delegación de Policía do poboado de Ribeirao Bonito o 12 de outubro de 1976 a parar determinadas torturas. Foi a poboación quen, tras a misa do sétimo día, o liberou. O seu colaborador e vicario João Bosco foi asasinado ao ser confundido con el.

Durante a ditadura militar iniciouse ata por catro veces o seu proceso de expulsión do país. De feito, foi remiso a saír para evitar o risco de non poder entrar de novo. Roma amosoulle as súas reservas o seu apoio á implicación de relixiosos nicaraguanos a prol da revolución e a súa aproximación á teoloxía da liberación. Con todo, nunca se lle abriu un proceso nin foi formalmente sancionado e recibiu o apoio da conferencia episcopal brasileira. Tras a súa xubilación, amosouse partidario dunha participación popular na elección dos bispos.

Aos seus 84 anos, por indicación da policía federal brasileira e escoltado por ela, viuse obrigado a abandonar a súa casa de Araguaia. A razón foi a intensificación das ameazas de morte que recibe dos facendeiros que se apropiaron violentamente das terras de Maraiwatseré, desposuíndo aos indios Xavantes. Estes indíxenas contaron sempre co apoio do bispo brasileiro, pero este mantívose e en paradeiro descoñecido por razóns de seguridade.

Por mor das súas ideas, tivorelación directa con varios papas, sendo amonestado por Xoán Paulo II e defendido por Paulo VI e Francisco, tendo influencia na encíclica Laudato Si' en 2015.[2]

Enfermo de Parkinson seguiu apoiando a causa da liberación dos marxinados no Brasil.

  • Creio na justiça e na esperança.
  • Com Deus no meio do povo.
  • Opção pelos pobres (con Leonardo Boff e outros).
  • Espiritualidade de libertação.
  • Quando os días dão que pensar.
  • Orações de caminhada.
  • Sonetos neobíblicos, precisamente.
  1. Solé Altimira, Oriol (8 de agosto de 2020). "Muere Pere Casaldàliga, el obispo de los pobres". eldiario.es (en castelán). Consultado o 9/08/2020. 
  2. Bastante, Jesús (2020-08-08). "Pedro Casaldáliga, la muerte del obispo de la Amazonía". elDiario (en castelán). Consultado o 2020-08-10.