A Praia América
A Praia América | |
---|---|
Características xerais | |
Lonxitude | 1300 m |
Grao de ocupación | media |
Características específicas | |
Tipo de area | Fina |
Condicións do baño | |
Aspectos medioambientais | |
Bandeira Azul | Si |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Policía local | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Accesible a discapacitados | |
Tipo de acceso | Estrada |
Sinalización do acceso |
A Praia América | |
---|---|
Solpor na Praia América. | |
Parroquia | A Ramallosa |
Concello | Nigrán |
Coordenadas | 42°08′00″N 8°49′00″O / 42.13333, -8.81667 |
Poboación | 239 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Praia América (orixinalmente Praia de Lourido)[1] é un lugar da parroquia da Ramallosa, no concello de Nigrán, e tamén é o nome común que recibe a Praia de Lourido, praia situada diante deste barrio. O nome orixinal da praia era Praia de Lourido ou de Area Loura (nome que lle vén pola cor das súas areas), pero dende os anos 30 promoveuse o nome de Praia América pola construción do Hotel América e da primeira urbanización do lugar. O nome logo acadou popularidade.[1]
Cunha extensión total de 1.700 metros, limita coa praia de Panxón (da que está separada polo río Muíños), río que tamén fai de estrema entre os lugares de Vilameán (Capital do concello de Nigrán) e Area (barrio que linda co de Praia América), das parroquias de Nigrán (San Fiz) e San Pedro respectivamente.
Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 239 habitantes (131 homes e 108 mulleres).
Litoral
[editar | editar a fonte]Lourido é un dos areais e praias de Nigrán, bañados polo océano Atlántico. Foi discernida en varias ocasións coa Bandeira azul da Fundación para a Educación Ambiental, en recoñecemento pola calidade das súas augas e dos seus servizos; a última delas en 2015[3].
Lourido atópase nunha contorna urbana; con esta praia, lindan varios lugares ou barrios de diferentes parroquias, porén, todas pertencentes ao concello de Nigrán. Sendo o barrio de Praia América, o que ten máis contacto directo coa praia. Area Loura presenta condicións de vagas e ventos moderados. Dende as súas praias de area branca e gran tenue, vense os lugares de Baiona, Panxón e Monteferro entre outros, ademais das illas Estelas, que pola súa riqueza ecolóxica foron declaradas espazos a protexer pola Rede Natura 2000. Ademais, un paseo peonal percorre toda a súa extensión, con zonas de xardíns e unha pasarela encol do río Muíños, cuxa foz, situada na parroquia de Nigrán (San Fiz) fai de estrema entre as praias de Area Loura e a Praia de Canido. Polo que estariamos a falar, de dúas praias, pertencentes a cadansúa parroquia, pero que teñen un linde en común situado nunha terceira parroquia, que fica entre ámbalas dúas outras.
Clima
[editar | editar a fonte]Praia América, coma Nigrán, benefíciase dun microclima caracterizado polas avelaíñas temperaturas do inverno e o abondoso sol durante o verán, tempada na que acada a maior afluencia de turistas. As temperaturas que se rexistran ó longo de todo o ano son avelaíñas, roldando a media dos 10 °C en xaneiro e os 20 en xullo. Os ventos do suroeste traen abondosas chuvias, sobre todo entre os meses de outubro e abril (1.700 – 1.900 mm. anuais).
Historia
[editar | editar a fonte]En 1927 Manuel Lemos, un empresario que emigrara á Arxentina rebautizou á Praia de Lourido co nome de Praia América co gallo de atraer o turismo e converter Nigrán no Niza de Galicia. Promocionou tamén a construción de chalés de granito para persoas adiñeiradas da comarca, fundou un hotel de luxo e un centro social (‘Pavillón Bleu’)[4].
Festas
[editar | editar a fonte]A patroa de Praia América é A Virxe do Carme, capela situada en Monte Lourido (pequena península con rango de lugar, pertencente á mesma parroquia ca Praia América, á de San Pedro).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Ramallosa
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia da Ramallosa no concello de Nigrán (Pontevedra) | |
---|---|
A Area | As Barreiras | O Barrio de Pías | A Cabreira | Camesella | O Carballal | A Carrasca | Os Cotros | O Cruceiro | A Foz | A Golada | A Igrexa | Mallón | O Monte Lourido | A Pereira | A Praia América | A Ramallosa | Rans | A Romana | San Pedro | O Souto | As Tomadas | Vilariño de Abaixo | Vilariño de Arriba | O Viso | A Xesteira | A Xunqueira |
Parroquias de Nigrán
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Artigo sobre a praia en Vigo.é
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ Relación de praias galegas con bandeira azul, 2008, Publicada por Vieiros
- ↑ Artigo sobre a praia en Vigo.é