Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais
O Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais é un premio de literatura dramática en lingua galega convocado primeiro anualmente polo IGAEM e financiado pola Xunta de Galicia e logo bienal e convocado polo AGADIC.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Convócase dende o ano 1988 e ata hai pouco[cando?] era o premio máis prestixioso e con mellor dotación económica de teatro galego, superado agora polo Premio Rafael Dieste que organiza a Deputación da Coruña e implica a representación do texto premiado.
A dotación actual do premio inclúe a publicación da obra gañadora e, nun principio, implicaba a súa representación por parte do Centro Dramático Galego. Esta última era incumprida frecuentemente e xeraba certa polémica, polo que acabou por ser retirada das bases e substituída por unha base, a oitava, que implicaba "sacar a concurso a posta en escena do texto premiado".
Na convocatoria do ano 2006 suprimiuse tamén esta base e actualmente a dotación consiste na posibilidade da publicación do texto (se hai orzamento) e en 6000 euros, cantidade semellante á coa que foi dotado no momento da súa creación no ano 1988.
Inicialmente tivo unha periodicidade anual, pero en 2013 pasou a ser bienal[1].
Obras premiadas
[editar | editar a fonte]- 1988 (I edición): Roberto Salgueiro por O arce do xardín.
- 1989 (II edición): Euloxio R. Ruibal por Azos de esguello.
- 1990 (III edición): Agustín Magán por Os rebertes.
- 1991 (IV edición): Roberto Vidal Bolaño por Saxo tenor.
- 1992 (V edición): Andrés A. Vila e Xosé Cid Cabido por Copenhague.
- 1993 (VI edición): Manuel Riveiro Loureiro por O prazo.
- 1994 (VII edición): Raúl Dans por Lugar.
- 1999 (VIII edición): premio deserto.
- 2000 (IX edición): Roberto Salgueiro por Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado.
- 2001 (X edición): Afonso Becerra de Becerreá por Agnus patris.
- 2002 (XI edición): Roberto Salgueiro por Molière final.
- 2003 (XII edición): Siro López por Hai que confiar na esperanza.
- 2004 (XIII edición): Antón Lopo por Os homes só contan até tres.
- 2005 (XIV edición): Rubén Ruibal por Limpeza de sangue.
- 2006 (XV edición): Manuel Guede por Ocaso Otero.
- 2007 (XVI edición): Roberto Salgueiro por Historia da chuvia que cae todos os días.
- 2008 (XVII edición): Teresa González Costa por Sempre quixen bailar un tango.
- 2009 (XVIII edición): Manuel Lourenzo por Flores de Dunsinane.
- 2010 (XIX edición): Raúl Dans por Chegamos despois a unha terra gris.
- 2011 (XX edición): Marcos Abalde por A cegueira.
- 2012 (XXI edición): Gustavo Pernas por Isobaras.
- 2014 (XXII edición): Santiago Cortegoso por Raclette.
- 2016 (XXIII edición): Manuel Lourenzo por Suite Artabria.
- 2018 (XXIV edición): AveLina Pérez por Ás oito da tarde, cando morren as nais.
- 2020 (XXV edición): Carme Varela por As desterradas.[2]
- 2022 (XXVI edición): Fernando Castro Paredes por O traxe.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Camilo Franco (2 de xullo de 2013). "O premio Álvaro Cunqueiro pasará a ser bienal". La Voz de Galicia.
- ↑ "Carme Varela, con 'As desterradas', gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais". Galicia Confidencial. Consultado o 2020-11-18.
- ↑ http://www.acvgalaica.com, Global Web 6 2-. "AGADIC". www.agadic.gal. Consultado o 2022-12-01.