Rafa Vilar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1968 (55/56 anos) Cee, España |
Formación profesional | Filoloxía galego-portuguesa |
Actividade | |
Ocupación | escritor, filólogo |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Xénero artístico | Poesía |
Premios | |
Rafa Vilar González,[1][2][3] nado en Cee o 2 de abril de 1968, é un escritor galego que ten destacado especialmente no eido da poesía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciado en Filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa no servizo de normalización lingüística da Confederación Intersindical Galega. Foi voceiro da xestora nacional da plataforma Nunca Máis e parte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Membro do Batallón Literario da Costa da Morte, foi tamén un dos fundadores e impulsores da editora Letras de Cal. É un dos membros destacados do Movemento Galego ao Socialismo.
Comeza a ser coñecido sobre o ano 1992, cando gaña con Liques da Memoria o premio de poesía Fermín Bouza Brey para autores novos. Interesado nos xeitos alternativos de edición, foi un dos primeiros autores galegos en facer edicións web da súas obras, así como de ter unha páxina persoal: Mares de Simbad onde ofrecía parte da súa obra poética xunto con artigos sobre a creación e edición literarias. Tamén participou na creación da editora dixital Retagarda Edicións, que ofrecía libros en formato de diskette.
Obra publicada
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Liques da memoria, Caixa Galicia, 1993.
- O devalo do mar, edición do autor, Santiago de Compostela, 1994.
- A sotavento dunha singradura, Espiral Maior, 1995.
- No mesmo espacio, Edicións do Dragón, 1995.
- Casa ou sombra, Xerais, 1997.
- O tributo da tarde, Editorial Toxosoutos, 1997.
- Illa adentro, Edición web, 1998.
- Ícaro, Edições Tema 1999, Retagarda Edicións, Santiago, 2000.
- Días de Sherezade, Espiral Maior, 2000.
- No ventre da balea. Antoloxía persoal 1994-2004, El Correo Gallego, 2004.
- Escoración dos días, Ediciós do Castro, 2007.
- Memoria de Ahab, Sotelo Blanco, 2007.
- Migracións, Espiral Maior, 2008.
- Furtivas (2022). Medulia. 48 páxs. ISBN 978-84-125253-0-4.
- Os lugares da memoria (2023). PEN Galicia. ISBN 978-84-09-55474-4.
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Acuarelas, 2009, Galaxia (dedicado á súa filla).
- Patente de corso, 2012, Edicións Embora.
- Animalario estrafalario, 2013, Sermos Galiza, libro electrónico.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- O mar de adentro, Edicións do Dragón, 1990.
- Homenaxe a Miguel González Garcés, Deputación da Coruña, 1991.
- Chineses, O Correo Galego, 1996.
- De mar e vento, Espiral Maior, 1997.
- Novo do trinque, BNG, 1997.
- Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso, 1997.
- Bestiario, Edicións do Dragón, 1998.
- Mar por medio, Batallón Literario da Costa da Morte, 1998.
- Poesía na noite, Concello de Caldas de Reis, 1998.
- I Certame Mundanal de Contos Ultralixeiros, Além-Parte, 1999.
- dEfecto 2000 (Antoloxía de poetas dos 90), Letras de Cal, 1999.
- O entrelazo das palabras, BNG de Compostela, 1999.
- Mini-relatos, Libraría Cartabón, 1999.
- Novas voces da poesía galega: recital, Consello da Cultura Galega, 2000.
- A tribo das baleas, Xerais, 2001.
- Alma de beiramar, AELG, 2003.
- Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal, AELG, 2005.
- Son de poesía, Edições Fluviais, Lisboa, 2005.
- Poética da casa, Xunta de Galicia, 2006.
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, Xerais, 2008.
- Letras novas, Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2008.
- De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte, Sotelo Blanco, 2009.
- Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, 2010.
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, Toxosoutos, 2013.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, A. C. Caldeirón, 2013.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Actores sociais, loitas reivindicativas e política popular, de Isabel Rauber, 2003, A Nosa Terra.
- O século XXI. Socialismo ou barbarie?, de István Mészáros, 2003, A Nosa Terra.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio de Poesía Liceo de Noia no 1989 e 1991.
- Premio Curuxa de Humor Literario no 1991.
- Premio de poesía Fermín Bouza Brey en 1992, por Liques da memoria.
- Accésit do Certame de poesía da Casa da Xuventude de Noia no 1992, polo libro inédito Á alva coas maos molhadas.
- Premio Cómaros Verdes do concello de Vilagarcía de Arousa en 1997, por casa ou sombra.
- Premio de poesía Concello de Carral no 1999, por Días de Sherazade.
- XIX Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 2006, por Escoración dos días.
- Premio de poesía Cidade de Ourense no 2008, por Migracións.
- Premio Arume de poesía para nenos/as da Fundación Xosé Neira Vilas no 2011, por Patente de corso (pequeno dicionario pirata).
- Premio Rosalía de Castro de Poesía 2021, por O sal dos días.[4]
- XXI Premio de poesía Afundación 2023, por Os lugares da memoria.[5]
- XVIII Certame de Relatos da Sociedade Liceo de Noia, por A penúltima estación.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha do autor
- ↑ Conta en Twitter do autor
- ↑ O autor galeguizou o seu apelido anterior, Rafael Xesús Villar González. Pode verse na súa ficha Arquivado 20 de setembro de 2017 en Wayback Machine. na Editorial Galaxia.
- ↑ E, S. "Rafael Vilar gaña o premio Rosalía de Castro con ‘O sal dos días’". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2021-05-08.
- ↑ "Rafa Villar gaña o XXI Premio de Poesía Afundación". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-10-10.
- ↑ Veiga, Laura (2024-06-27). "Rafa Vilar, escritor: "A idea fundamental que quería deixar con 'A penúltima estación' é que a palabra importa"". Nós Diario. Consultado o 2024-06-27.