Saltar ao contido

Severo Ochoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSevero Ochoa

(1958) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Severo Ochoa de Albornoz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1905 Editar o valor en Wikidata
Ḷḷuarca, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de novembro de 1993 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Central
Universidade Complutense de Madrid
New York University School of Medicine (en) Traducir
Instituto San Isidoro (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseOtto Fritz Meyerhof Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica e Bioloxía molecular Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, bioquímico, profesor universitario, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Nova York
Universidade de Heidelberg
Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa
Universidade de Washington
Universidade Autónoma de Madrid Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresJuan Negrín Editar o valor en Wikidata
AlumnosManuel Losada Villasante (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoArthur Kornberg e Santiago Grisolía Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Очоа Северо)
Obálky knih,
Medvik >>>:Ochoa, Severo, 1905-1993, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1720970 Dialnet: 1715896 Find a Grave: 6946015 Editar o valor en Wikidata

Severo Ochoa de Albornoz, nado en Luarca o 24 de setembro 1905 e finado en Madrid o 1 de novembro de 1993, foi un bioquímico español, gañador do Premio Nobel de Medicina en 1959.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os seus pais foron o avogado Severo Manuel Ochoa e Carmen de Albornoz, irmá do político e presidente do Goberno de España no exilio, Álvaro de Albornoz. Despois da morte do seu pai, cando Severo tiña 7 anos a familia foi vivir a Málaga, onde fixo os seus estudos de grao elemental e bacharel.

Pronto foi medrando o seu interese pola bioloxía, centrándose no estudo do metabolismo enerxético, con especial atención ás moléculas fosforiladas.[1]

Últimos anos

[editar | editar a fonte]
Monumento a Severo Ochoa na Universidade Complutense de Madrid.

Dende 1977 compartía a súa actividade no Instituto Roche de Bioloxía Molecular en Nova Jersey con frecuentes estadías no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa en Madrid, Centro mixto do Consello Superior de Investigacións Científicas e da Universidade Autónoma de Madrid, que promoveu.

No 1985 volveu de xeito definitivo a España a traballar no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa, do que era director honorario. No 1987 ingresou na Real Academia Nacional de Medicina de España, e foi nomeado presidente da Fundación Jiménez Díaz. Publicou o seu último traballo científico en 1986, con 81 anos.

Morreu o 1 de novembro de 1993 e foi enterrado no cemiterio de Luarca, a súa vila natal, xunto á súa dona Carmen. No seu testamento deixou disposta a creación da Fundación Carmen y Severo Ochoa, cun padroado formado por algúns dos seus discípulos españois, có obxecto de perpetuar a memoria de ambos en uniuón como recoñecemento ó soporte ó longo de toda a súa traxectoria, que, segundo a súa propia confesión, resultou decisivo para o desenvolvemento da súa vocación científica.[2][3]

Investigación

[editar | editar a fonte]

A súa investigación foi polifacética, con numerosas e importantes contribucións en distintos campos da bioquímica e da bioloxía molecular. A súa achega fíxose de xeito principal a tres liñas de investigación:

Premios, distincións e citas

[editar | editar a fonte]

A máis do Premio Nobel, numerosos recoñecementos ó longo da súa carreira.[4]

  • Títulos honoríficos das universidades de St. Louis (Washington University), Glasgow, Oxford, Salamanca, Brasil, Wesleyan University e Oviedo.
  • Profesor honorario da Universidade Nacional Maior de San Marcos, en Lima.
  • Doutor Honoris Causa da Universidade de Córdoba (9 de marzo de 1990).
  • Doutor Honoris Causa da Universidade Iberoamericana (UNIBE) da República Dominicana (12 de xuño de 1987).
  • Doutor Honoris Causa da Universidade do País Vasco (19 de abril de 1988).
  • Medalla Neuberg en bioquímica (1951).
  • Premio Nobel de fisioloxía ou medicina, compartido co seu discípulo Arthur Kornberg, (1959).
  • Medalla da Société de Chimie Biologique (1959).
  • Medalla da Universidade de Nova York (1959).
  • Premio Lección Conmemorativa Jiménez Díaz (1969).
  • Medalla Nacional de Ciencia dos Estados Unidos (1979).
  • Membro de varias sociedades de investigación nos Estados Unidos, Alemaña, o Xapón, a Arxentina, o Uruguai e Chile.
  • Presidente da Unión internacional de Bioquímica ("International Union of Biochemistry").
  • Na década de 1970 foi planeado un centro de investigación, construído e nomeado como Centro de Biología Molecular Severo Ochoa .
  • O Servizo Postal de España emitiu selos conmemorativos con motivo do seu pasamento en 1994[5] e na súa memoria en 2003.[5]
  • En 2011, o Servizo Postal dos Estados Unidos emitiu un selo na súa honra[6] como parte da colección de Científicos americanos xunto con Melvin Calvin, Asa Gray, e Maria Goeppert-Mayer. Foi o terceiro volume das series.
  • A Fundación Carmen e Severo Ochoa convoca anualmente o Premio Carmen e Severo Ochoa de Investigación en Bioloxía Molecular para o persoal de investigación que desenvolve o seu traballo en España.[2]

Unha vez Ochoa dixo unha frase que se volveu célebre: «El amor es la fundición de física y química» (O amor é a fusión da física e da química), recoñecendo Joaquín Sabina que tomou de aí o título para o seu álbum Física y Química de 1992.

Entre seus artigos máis citados atópanse:

  • «Malic Dehydrogenase from Pig Heart» (1955)
  • «Malic Enzyme» (1955)
  • «Biosynthesis of Dicarboxylic Acids by Carbon Dioxide Fixation.1. Isolation and Properties of an Enzyme from Pigeon Liver Catalyzing the Reversible Oxidative Decarboxylation of L-Malic Acid» (1948)
  • «Isocitric Dehydrogenase System (TPN) from Pig Heart» (1955)
  • «Enzymic Synthesis of Polynucleotides.1. Polynucleotide Phosphorylase of Azotobacter vinelandii» (1956)
  1. Grunberg-Manago, Marianne (1997). "Severo Ochoa. 24 September 1905–1 November 1993". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society (43): 350–365. 
  2. 2,0 2,1 "Fundación Carmen y Severo Ochoa". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2010. Consultado o 29 de novembro de 2010. 
  3. "Entierro civil de Severo Ochoa en Luarca". El País. 4 de novembro de 1993. Consultado o 29 de novembro de 2010. 
  4. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1959". The Nobel Foundation. 1959. Consultado o 29 de novembro de 2010. 
  5. 5,0 5,1 "sellos Ochoa". 25 de novembro de 2015. Archived from the original on 16 de xullo de 2007. Consultado o 01 de setembro de 2017. 
  6. United States Postal Service. "American Scientists". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2011. Consultado o 04 de setembro de 2017.