Cordilleiras Béticas
Tipo | sistema montañoso cordilleira | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Arco de Gibraltar (pt) | |||
Situado na entidade xeográfica | Península Ibérica | |||
Localización | ||||
División administrativa | Andalucía, España | |||
| ||||
Comparte fronteira con | Depresión do Guadalquivir, norte | |||
Composto por | ||||
Características | ||||
Altitude | 3.478 m | |||
Punto máis alto | Mulhacén (3.482 m ) | |||
Historia | ||||
Período de tempo | Terciário (pt) | |||
As Cordilleiras Béticas ou Sistemas Béticos son un conxunto de sistemas montañosos que se estenden polo sur da Península Ibérica, desde o golfo de Cádiz ata Alacant e Baleares. Forman parte do Arco de Xibraltar e se subdividen nas cordilleiras Prebética, Subbética e Penibética.
É o máis importante dos conxuntos de relevo de España. É un vasto conxunto montañoso que se alarga máis de 600 km desde o Estreito de Xibraltar ata o Cabo da Nau e que ata continua por baixo do mar para aparecer nas Illas Baleares. O seu extremo máis estreito é na zona de Xibraltar e vaise ensanchando cara á zona oriental, onde se pon en contacto co zócolo herciniano da meseta.
Ao estudar a Cordilleira Bética hai que distinguir os seus trazos morfolóxicos. Pero tamén, para poder comprender eses trazos, temos que ter en conta a estrutura que subxace debaixo desas formas estruturais e a súa evolución xeolóxica. Imos ver como estudan a serra os xeólogos e os xeógrafos para despois contrastalo.