Universidade de Oslo
Universidade de Oslo Universitetet i Oslo | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Oslo, Noruega |
Fundación | 2 de setembro de 1811 |
Datos actuais | |
Reitor | Svein Stølen |
Datos de contacto | |
Páxina web | https://www.uio.no/english/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Oslo (noruegués: Universitetet i Oslo; latín: Universitas Osloensis) é a máis antiga das universidades de Noruega. Fundouse no ano 1811, cando o país se atopaba baixo dominio dinamarqués, sendo rei Federico VI.[1] Está situada na capital do país, Oslo. En 2019, contaba con preto de vinte e oito mil estudantes, e máis de seis mil empregados.[1] É a alma máter de cinco premios Nobel: Fridtjof Nansen, Ragnar Frisch, Odd Hassel, Ivar Giaever e Trygve Haavelmo.[1]
A Universidade de Oslo fai parte da Rede de Universidades das Capitais da Europa (UNICA), unha organización de 24 universidades con énfase nas políticas urbanas e de xestión universitaria.[2]
Organización
[editar | editar a fonte]A Universidade de Oslo está organizada en oito facultades: Teoloxía, Dereito, Medicina, Humanidades, Matemáticas e Ciencias Naturais, Odontoloxía, Ciencias Sociais e Ciencias da Educación.[1] Ofrece formación en vinte áreas de estudo.
Para alén diso, integra dezasete museos, catro hospitais, unha estación biolóxica en Drøbak, unha estación ecolóxica de alta montaña en Finse e a Estación Arqueolóxica de Isegran. Conta tamén con dúas institucións no estranxeiro: o Instituto Noruegués de Roma e o Centro Franco-Europeo de Humanidades e Ciencias Sociais de París.[1]
Posicionamento
[editar | editar a fonte]No ano 2023, a Universidade de Oslo quedou no posto global 73.º do Ranking de Shanghai.[3] É a entidade norueguesa con maior puntuación nesta listaxe.[4] A situación é semellante no QS World University Ranking do 2024, no que acadou a posición 117.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Tor Ivar Hansen. "Universitetet i Oslo" (en norueguês). Consultado o 15 de dezembro de 2021.
- ↑ "UNICA, Network of Universities from the Capitals of Europe". www.unica-network.eu. Consultado o 2023-12-07.
- ↑ "ShanghaiRanking-Univiersities". www.shanghairanking.com. Consultado o 2023-12-07.
- ↑ "ShanghaiRanking's Academic Ranking of World Universities". www.shanghairanking.com. Consultado o 2023-12-07.
- ↑ "QS World University Rankings 2024". Top Universities (en inglés). Consultado o 2023-12-07.