Saltar ao contido

YF-20

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «YF-25/23»)
Un motor YF-24B.

YF-20 é toda unha familia de motores foguete desenvolvida pola República Popular da China para o seu uso en varios foguetes Longa Marcha.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Os motores YF-20 usan tetróxido de nitróxeno e UDMH como propelentes. Segundo a variante poden usarse na primeira etapa ou en etapas superiores.[1]

O YF-20A ten un impulso de 750,20 kN, cun impulso específico de 289 s. Pode funcionar durante ata 132 s. Ten un diámetro de 0,84 m e úsase nos foguetes CZ-2A, CZ-2C, CZ-2E, CZ-3 e FB-1. Voou por primeira vez en 1972.[2]

O YF-20B ten un pulo de 816,30 kN, cun impulso específico de 289 s en tempo de funcionamento de 170 s. Ten un diámetro de 0,84 m e úsase nos foguetes CZ-2C, CZ-2D, CZ-2E, CZ-3A, CZ-3B, CZ-3C e CZ-4A. Voou por primeira vez en 1988.[3]

O YF-22 ten un pulo de 717,80 kN, cun impulso específico de 295 s e un diámetro de 1,00 m.[4]

O YF-22/23 estaba formado por un motor YF-22 usando catro YF-23 como motores de control de actitude. Tiña un pulo de 762,00 kN, cun impulso específico de 295 s e un diámetro de 3,35 m. Usouse no CZ-2 e no FB-1.[5]

YF-22A/23A

[editar | editar a fonte]

O YF-22A/23A estaba formado por un YF-22A usando catro YF-23A como motores de control de actitude. Tiña un pulo de 762,00 kN, cun impulso específico de 295 s e un diámetro de 3,35 m. Usouse no CZ-2C e no CZ-3.[6]

O YF-22B usouse na segunda etapa do CZ-4B. Tiña un pulo de 742,00 kN, cun tempo de acendido de 127 s.[7]

O YF-23 úsase como motor de control de actitude xunto cos YF-22 e YF-25. Ten un pulo de 11,00 kN, cun impulso específico de 282 s.[8]

O YF-25 ten un pulo de 787,40 kN, cun impulso específico de 297 s. Ten un diámetro de 1,00 m.[9]

O YF-25/23 está formado por un YF-25 en conxunto con catro YF-23 que funcionan como motores de control de actitude. Ten un pulo de 831,00 kN, cun impulso específico de 295 s. Ten un diámetro de 3,35 m e úsase nos foguetes CZ-2D, CZ-2E, CZ-3A, CZ-3C e CZ-4A.[10]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "YF-20" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2022. 
  2. Mark Wade (2022). "YF-20A" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2022. 
  3. Mark Wade (2022). "YF-20B" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2022. 
  4. Mark Wade (2022). "YF-22" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2022. 
  5. Mark Wade (2022). "YF-22/23" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2022. 
  6. Mark Wade (2022). "YF-22A/23A" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2022. 
  7. Mark Wade (2022). "YF-22B" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2022. 
  8. Mark Wade (2022). "YF-23" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2022. 
  9. Mark Wade (2022). "YF-25" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2022. 
  10. Mark Wade (2022). "YF-25/23" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]