Saltar ao contido

Karl Marx

En Galicitas, o Wikiquote en galego.
(Redirección desde «Marx»)
Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo.
Karl Marx

Karl Heinrich Marx (5 de Maio de 1818, Trier (Tréveris), Alemaña - 14 de Marzo de 1883, Londres) foi un filósofo, científico social, economista, historiador e revolucionario alemán.


  • O que caracteriza a economía política burguesa é que ela ve na orde capitalista non unha fase transitoria do progreso histórico, senón a forma absoluta e definitiva da produción social.
  • O estabelecemento dun día de traballo normal é o resultado de séculos de loita entre o capitalista e o obreiro.
  • O traballo é, pola súa esencia, unha actividade non livre, inhumana e insocial, condicionada pola propiedade privada e creadora de propiedade privada. A abolición da propiedade privada non se fará realidade até que non sexa concebida como abolición do "traballo".
    • Sobre o libro de Friedrich List «O sistema nacional de economía política», 1845
  • Proletarios de todos os países, unídevos.
  • Se o individuo traballa apenas para si mesmo, poderá vir a ser un famoso erudito, un gran sabio, un poeta renomado, mais xamais alguén xenuinamente grande e completo. A Historia chama esas persoas dos maiores... aqueles que se enobrecen traballando para o propósito universal. A experiencia exalta como o máis feliz aquel que fixo máis persoas felices.
  • Os obreiros non teñen patria.
  • A clase capitalista rasgou o veo sentimental da familia, reducindo as relacións familiares a meras relacións monetarias.
  • Canto máis produce o obreiro, menos ten para consumir; cantos máis valores cría, máis se deprecia.
  • A burguesía non pode existir sen revolucionar constantemente os instrumentos de produción e, polo tanto, as relacións de produción, isto é, todo o conxunto das relacións sociais. Esta mudanza continua da produción, esta transformación ininterrupta de todo o sistema social, esta axitación, esta perpetua inseguranza distinguen a época burguesa das precedentes. Todas as relacións sociais tradicionais e estabelecidas, co seu cortexo de nocións e ideas antigas e venerábeis, disólvense; e todas as que as substitúen envellecen antes mesmo de poder osificarse.
  • A opresión do home polo home iniciouse coa opresión da muller polo home.
  • As ideas dominantes dunha época sempre foron as ideas da clase dominante.
  • O Capitalismo xera o seu propio enterrador.
  • A mellor forma de Estado é aquela en que os antagonismos entran abertamente e atopan a súa solución.
  • Que aquí se afaste toda suspeita. Que neste lugar se desprece todo o medo.
  • O movemento proletario é o movemento autonomo da inmensa maioría no interese da inmensa maioría.
  • As ideas nada poden realizar. Para realizar as ideas son necesarios homes que poñan a funcionar unha forza práctica.
  • Os comunistas non se rebaixan a ocultar as súas opinións e os seus propósitos. Declaran abertamente que os seus obxectivos só poderán alcanzarse pola derrubada violenta de toda orde social existente. Que as clases dominantes treman á idea dunha revolución comunista. Nela, os proletarios nada ten a perder a non ser as súas prisións, ten un mundo a gañar. Proletarios de todos os países, unídevos!
  • Os filósofos alemáns están discutindo o mundo en termos metafísicos. Chega de discutir o mundo, vamos transformalo.
  • Os que, no réxime capitalista, traballan non se lucran e os que se lucran non traballan.
  • A propiedade privada tornounos tan estúpidos e limitados que un obxecto só é noso cando o posuímos.
  • A relixión é o suspiro da criatura aflita, o estado de ánimo dun mundo sen corazón, porque é o espírito da situación sen espírito. A relixión é o opio do pobo.
  • Non é a historia que usa o home para realizar os seus fins, ao contrario, ela nada máis é do que a actividade do home que persegue os seus fins.
  • O traballo non é a satisfación dunha necesidade, mais apenas un medio para satisfacer outras necesidades.
  • O primeiro requisito da felicidade dos pobos é a abolición da relixión.
  • A ditadura do proletariado constitúese na transición para atinxir unha sociedade sen clases.
  • O comunismo consiste nunha reunión de homes libres traballando con medios de produción comúns e, dependendo, a partir dun plano combinado, as súas numerosas forzas individuais como unha única e mesma forza de traballo social.
  • O traballador só se sente á vontade no seu tempo de folga, porque o seu traballo non é voluntario, é imposto, é traballo forzado.
  • O que caracteriza a división de traballo no interior da sociedade moderna é que ela enxendra especialidades, e con elas, o idiotismo da especialización.
  • De cada un, de acordo coas súas habilidades, a cada un, de acordo coas súas necesidades.
  • O pobo que subxuga outro, forxa as súas propias cadeas.
  • Na manufactura e no artesanato, o traballador utiliza a ferramenta; nunha fábrica, é un servo da máquina.
  • Os homes fan a súa propia historia, mais non a fan como queren... A tradición de todas as xeracións mortas oprime como un pesadelo o cerebro dos vivos.
  • A historia da sociedade ata aos nosos días é a historia da loita de clases.

Citacións referíndose a Marx

[editar]
  • A traxedia do séc. XX consiste en que non foi posíbel escomezar experimentando as teorías de Karl Marx con ratos - Stanisław Lem
  • Un comunista é alguén que leu a Marx. Un anticomunista é alguén que entendeu a Marx. (Ronald Reagan)
  • Unha biblioteca permite que se procure Marx, se atope Schopenhauer e se requisite a Biblia - Ernst R. Hauschka
  • Na Unión Soviética e na RDA empreendeuse unha tentativa en larga escala para refutar a Marx. A tentativa fracasou - Heiner Müller
  • Amor: un problema tamén, que Marx non resolveu - Jean Anouilh
Commons
Commons
Commons ten máis imaxes sobre: