Aeroporto de París-Orly

O aeroporto de París-Orly (IATA: ORY, ICAO: LFPO) é un aeroporto internacional francés situado parcialmente en Orly e parcialmente en Villeneuve-le-Roi, a 13 km ao sur de París. Serve como centro de conexións secundario para voos domésticos e internacionais de Air France, e como base principal de Transavia France. Dende o aeroporto opéranse voos cara a destinos en Europa, Oriente Medio, África, o Caribe, Norteamérica e o Sueste asiático.

Aeroporto de París-Orly
Aéroport de Paris-Orly

IATA: ORY – ICAO: LFPO
Sumario
Tipo público
Operador Aéroports de Paris
Cidade/Illa París
Coordenadas
Web http://www.parisaeroport.fr/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
02/20 2 400 7 ,874 formigón
06/24 3 650 11 975 formigón bituminoso
07/25 3 320 10 892 formigón
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 31 237 865

Antes da construción do Charles de Gaulle, Orly era o principal aeroporto de París. Incluso co cambio da meirande parte do tráfico internacional ao Charles de Gaulle, Orly segue a ser o aeroporto francés máis concorrido para tráfico doméstico e o segundo en tráfico en xeral, con 31 237 865 pasaxeiros en 2016.[1]

Aeroliñas e destinos

editar
Aeroliñas Destinos
Aigle Azur Alxer, Annaba, Bamaco, Pequín-Capital (comeza en xuño de 2018),[2] Beirut, Béjaïa, Conakry, Constantina, Faro, Funchal, Lisboa, Orán, Porto, Setif, Tlemcen
Air Algérie Alxer, Annaba, Batna, Béjaïa, Biskra, Constantina, Orán, Tamanrasset, Tlemcen
Air Caraïbes Cayenne, A Habana, Fort-de-France, Pointe-à-Pitre, Sint Maarten, Porto Príncipe, Santiago de Cuba, Santo Domingo-Las Americas
Air Corsica Ajaccio, Bastia, Figari
Air Europa Madrid, Palma de Mallorca
Air France Ajaccio, Bastia, Biarritz, Bordeos, Brest, Calvi, Cayenne, Figari, Fort-de-France, Marsella, Montpellier, Nova York-JFK, Niza, Pau, Perpiñán, Pointe-à-Pitre, Saint-Denis, Toulon, Tolosa
Air France
operado por HOP!
Biarritz, Brest, Clermont-Ferrand, Lorient, Lión, Montpellier, Nantes, Pau, Perpiñán, Quimper
Air Malta Malta
Alitalia Milán-Linate
British Airways Londres-City
Corsair International Antananarivo, Dakar, Dzaoudzi, Fort-de-France, A Habana, Mauricio, Pointe-à-Pitre, Saint–Denis, Varadero
Estacional: Abidjan, Montreal-Trudeau
Cubana de Aviación A Habana, Santiago de Cuba
Eastern Airways Rodez
easyJet Berlín-Schönefeld, Faro, Xenebra, Milán-Linate, Nápoles, Niza, Pisa, Roma-Fiumicino, Tolosa, Venecia
Estacional: Atenas, Brindisi, Cagliari, Dubrovnik, Míconos, Olbia, Palermo, Rodas, Split
easyJet Switzerland Xenebra
French Bee Punta Cana, Saint–Denis,[3] San Salvador (Bahamas), Santo Domingo-Las Américas
HOP! Agen, Aurillac, Brive, Calvi, Castres, Figari, Lannion, Lourdes/Tarbes
Iberia Madrid, Tenerif-Sur
Estacional: Tenerife-Norte
Icelandair Reiquiavik-Keflavík
Iran Air Teherán-Imán Khomeini
Norwegian Air Shuttle Copenhague, Oslo-Gardermoen, Estocolmo-Arlanda
Estacional: Bergen
Norwegian Air Shuttle
operado por Norwegian Air International
Helsinqui
OpenSkies Nova York-JFK, Newark
Pegasus Airlines Istanbul-Sabiha Gökçen
Royal Air Maroc Agadir, Casablanca, Essaouira, Fez, Marrakech, Ouarzazate, Oujda, Rabat, Tánxer
Estacional: Nador
TAP Portugal Lisboa, Porto
Transavia Ámsterdam
Transavia France Ámsterdam, Agadir, Atenas, Barcelona, Beirut, Bodrum, Budapest, Casablanca, Dakhla (comeza en outubro de 2017),[4] Xerba, Dublín, Edimburgo, Essaouira, Faro, Eivisa, Lisboa, Madrid, Málaga, Malta, Marrakech, Monastir, Múnic, Nápoles, Oujda, Porto, Praga, Sevilla, Tel Aviv-Ben Gurion, Tunes, Valencia, Venecia, Verona, Viena
Estacional: Boa Vista, Chania, Corfú, Dubrovnik, Fez, Heraclión, Funchal, Míconos, Palermo, Reiquiavik-Keflavík, Sal, Rodas, Santorini, Split, Tánxer,[5] Tesalónica, Tirana, Tivat, Volos, Zadar
Chárter: Antalya, Burgas, Comiso, Fuerteventura, Gran Canaria, Ivalo, Lanzarote, Tánxer, Tenerife-Sur, Varna
TUI fly Belgium Agadir, Casablanca, Marrakech, Oujda, Rabat, Tánxer
Tunisair Xerba, Monastir, Tunes
Twin Jet Le Puy, Limoges, Périgueux
Vueling Alacant, Asturias, Barcelona, Bilbao, Birmingham, Catania, Copenhague (comeza en outubro de 2017),[6] Florence, Gran Canaria, Lanzarote, Lisboa, Málaga, Milán-Malpensa, Palermo, Porto, Roma-Fiumicino, Tenerife-Sur, Valencia
Estacional: Cardiff, Eivisa, Menorca, Palma de Mallorca, Tenerife-Norte

Accidentes e incidentes

editar
  • O 10 de febreiro de 1948 o SNCASE Languedoc P/7 F-BATH de Air France resultou seriamente danado no aeroporto.damaged beyond economical repair at Orly Airport.[37]
  • O 3 de xuño de 1962 o voo 007 de Air France, un Boeing 707 con destino Atlanta esnafrouse na engalaxe con 132 persoas a bordo, morrendo 130 delas. As únicas superviventes foron dúas azafatas sentadas na parte traseira do avión. O voo chárter levaba cara Atlanta a líderes cívicos e culturais da cidade. No seu momento foi o accidente aéreo con máis mortes no que só estivo involucrado un avión.
  • O 13 de outubro de 1972 o voo 217 de Aeroflot, un Ilyushin Il-62, partiu do aeroporto cara Leningrado. O voo esnafrouse na aproximación ao seu destino, matando aos 174 ocupantes do avión.
  • O 11 de xullo de 1973 o voo 820 de Varig, un Boeing 707 procedente de Río de Janeiro-Galeão, tivo que realizar unha aterraxe de emerxencia debido a lume no baño traseiro. O aparello aterrou a uns 5 quilómetros do aeroporto e debido principalmente á inhalación de fume morreron 123 persoas, sobrevivindo só 11 dos seus ocupantes.[7]
  • O 3 de marzo de 1974 o voo 981 de Turkish Airlines esnafrouse no bosque de Ermenonville despois de engalar de Orly na súa ruta cara Londres-Heathrow cando unha porta de carga mal pechada rebentou. A descompresión explosiva resultante fixo que o McDonnell Douglas DC-10 caíse matando aos seus 346 ocupantes e converténdose nun dos peores accidentes de aviación da historia.
  • O 13 de xaneiro de 1975 varios homes, entre os que estaba Ilich Ramírez Sánchez (Carlos O Chacal), realizou un ataque errado con RPGs contra un Boeing 707 de El Al que estaba engalando cara Nova York con 136 pasaxeiros. Non conseguiron acertar ao avión pero danaron un McDonnell Douglas DC-9 de JAT do que estaban desembarcando pasaxeiros procedentes de Zagreb. O grupo intentouno outra vez o 19 de xaneiro, tamén sen éxito.
  • O 20 de maio de 1978 tres terroristas abriron fogo contra pasaxeiros dun voo de El Al na área de saídas. Os tres terroristas e un policía morreron, e tres turistas franceses resultaron feridos.[8]
  • O 15 de xullo de 1983 a organización clandestina armenia ASALA puxo unha bomba no mostrador dunha aeroliña turca no aeroporto matando a 8 persoas e ferindo a máis de 50. O membro do grupo Varoujan Garabedian foi sentenciado a cadea perpetua polo ataque.
  • O 18 de marzo de 2017 soldados que patrullaban o aeroporto mataron a un home durante a Opération Sentinelle, despois de que este intentarse roubarlle a arma a unha soldado.[9]
  1. Paris: Union des aéroports (ed.). "Aéroport de Paris – Orly". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2017. Consultado o 5 de setembro de 2017. 
  2. Aigle Azur (ed.). "Aigle Azur: The Reinvention" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de marzo de 2018. Consultado o 29 de maio de 2018. 
  3. Routes Online (ed.). "French Blue opens Reunion service from June 2017". Consultado o 22 de setembro de 2017. 
  4. Routes Online (ed.). "Transavia France plans Dakhla Oct 2017 launch". Consultado o 22 de setembro de 2017. 
  5. Routes Online (ed.). "Transavia France adds new Paris routes in S17". Consultado o 22 de setembro de 2017. 
  6. Routes Online (ed.). "Vueling Paris – Copenhagen service changes in W17". Consultado o 22 de setembro de 2017. 
  7. Aviation Safety Network (ed.). "Accident description PP-VJZ". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2013. Consultado o 28 de maio de 2018. 
  8. The New York Times (ed.). "3 terrorists killed in attack in Paris on El Al passengers". Consultado o 28 de maio de 2018. 
  9. BBC (ed.). "Orly airport: Man killed after seizing soldier's gun". Consultado o 28 de maio de 2018.