Anton Ewald
Anton Ewald é un cantante e bailarín sueco. El participou en varias ocasións no célebre Melodifestivalen como cantante e tamén como bailarín noutras actuacións.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1993 (31 anos) Södermalm, Suecia |
Actividade | |
Ocupación | cantante, coreógrafo |
Período de actividade | 2013 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz |
Páxina web | antonewald.com |
Carreira
editarEwald comezou a súa carreira como bailarín no Melodifestivalen. No Melodifestivalen 2009, el danzou para Velvet cando ela competía na terceira semifinal en Leksand coa canción "The Queen".[1][2] No Melodifestivalen 2012 el foi o bailarín e coreógrafo de Danny Saucedo coa canción "Amazing".
Participou como cantante no Melodifestivalen 2013, o proceso para escoller o representante de Suecia no Festival de Eurovisión coa canción "Begging" escrita por Fredrik Kempe e Anton Malmberg Hård af Segerstad.[3] Após a semifinal o 9 de febreiro de 2013, el quedou terceiro e foi escollido para a rolda de Segunda oportunidade no Löfbergs Lila Arena en Karlstad.[4]
Na Segunda oportunidade do 2 de marzo de 2013, el se clasificaba para a final no Friends Arena o 9 de marzo após o duelo final con Behrang Miri e a súa canción "Jalla Dansa Sawa".[5] Ewald foi un dos douse elixidos da Segunda oportunidade que pasaba á final, o outro elixido era Robin Stjernberg coa canción "You".[4]
Na final do Melodifestivalen 2013 o 9 de marzo do 2013, Ewald rematou cuarto.[4] Após o Melodifestivalen el lanzou dous sinxelos, "Begging" e "Can't Hold Back" e dous EPs, A e A-coustic.
Anton participou unha vez máis no Melodifestivalen 2014 coa canción "Natural" na cuarta e última semifinal o 22 de febreiro.[6] El actuou tamén na final onde quedou nunha décima posición.
Discografía
editarEPs
editarTítulo e detalles | Notas |
---|---|
A[7]
|
Lista de cancións[8]
|
A-coustic
|
Lista de cancións
|
On My Way
|
Lista de cancións
|
Sinxelos
editarAno | Título | Posición nas listas | ||
---|---|---|---|---|
SUE [9] |
DIN |
TUR | ||
2013 | "Begging" | 2 | — | 87 |
2013 | "Can't Hold Back" | — | — | 144 |
2013 | "Close Up" | — | — | — |
2014 | "Natural" | 24 | — | 95 |
2014 | "This Could Be Something" feat. Medina | 21 | 90 | — |
Notas
editar- ↑ "Anton Ewald halkade i debuten – bakom Velvet - Melodifestivalen". SVT.se. Consultado o 2014-02-15.
- ↑ Publicerat 2013-06-09 (2013-06-09). "Anton Ewald - Intervju på". Devote.se. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 2014-02-15.
- ↑ Svt.se: Anton Ewald page
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Totalresultat Melodifestivalen 2013" (PDF). Svt.se. Consultado o 2013-03-11.
- ↑ "Ewald och Stjernberg i final | Skövde Nyheter" (en sueco). Skovdenyheter.se. 2013-03-02. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2015. Consultado o 2014-02-15.
- ↑ "YOHIO först på scen – här är startordningen för Melodifestivalen 2014". Svt.se. Consultado o 2013-12-20.
- ↑ "Eurovision Sweden: Anton Ewald's 'A'". Esctoday.com. 2013-06-25. Consultado o 2014-02-15.
- ↑ "ANTON EWALD > Слушайте в начало песни, альбомы, концерты, биография". Youzeek.com. Consultado o 2014-02-15.
- ↑ "SwedishCharts.com Anton Ewald discography page". Swedishcharts.com. Consultado o 9-03-2013.