Eclíptica
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
De xeito tradicional, chamábase eclíptica á liña imaxinaria que describía a traxectoria do Sol sobre a esfera celeste ó longo dun ano. En realidade (sistema heliocéntrico do sistema solar) a eclíptica é a proxección da traxectoria da Terra arredor do Sol ao longo dun ano, formando así unha liña imaxinaria (un círculo máximo da esfera celeste) que forma un ángulo duns 23°27′ con respecto ó ecuador celeste, e que por forza coincide coa eclíptica definida de xeito tradicional no modelo xeocéntrico.
Os dous puntos onde intersectan o círculo máximo da eclíptica e o círculo máximo do ecuador celeste son os equinoccios (os chamados primeiros Punto de Aries e Libra); os puntos da eclíptica máis ao norte (cara ao polo norte celeste) e máis ao sur do ecuador celeste (isto é cara ao polo sur celeste) son os solsticios, que tamén son perpendiculares aos equinoccios.
Movemento aparente do sol
editarDebido a que a Terra tarde un ano en completar a súa órbita arredor do sol, a posición aparente deste tarda tamén un ano en completar o seu circuíto na eclíptica. Sendo o ano dun pouco máis de 365 días ao ano, o Sol móvese un pouco menos de 1° en dirección leste cada día. Esta pequena diferenza na posición do Sol en relación ás estrelas fai que calquera punto da superficie da terra alcance o sol (e se sitúe directamente ao norte ou sur deste) arredor duns catro minutos máis tarde cada día do que se produciría se a Terra non orbitase. Un día na Terra ten, polo tanto, 24 horas no canto das aproximadamente 23 horas e 56 minutos do día sidéreo. Esta simplificación baseáse nunha Terra hipotética que orbitase a unha velocidade uniforme arredor do sol. A velocidade real coa que a Terra orbita arredor do Sol varía lixeiramente ao longo do ano, polo que a velocidade coa que o Sol parece moverse ao longo da eclíptica varía en consecuencia. Por exemplo, o Sol está ao norte do ecuador celeste durante uns 185 días cada ano e ao sol durante uns 180. A variación de velocidade orbital é responsábel en parte da ecuación do tempo.
Por causa do movemento da Terra arredor do centro de masa Terra-Lúa, a ruta aparente do Sol abanea lixeiramente, cun período aproximado dun mes. Alén disto, existen outras perturbacións debidas ao resto dos planetas do sistema solar que provocan que o baricentro do sistema Terra-Lúa tamén abanee lixeiramente arredor dunha posición media creando un movemento complexo.
Relación co ecuador celeste
editarArtigo principal: Inclinación axial
Debido a que o eixe de rotación da Terra non é perpendicular ao seu plano orbital, este non é coplanar co plano da eclíptica, senón que está inclinado en relación a este nun ángulo duns 23,4°, o que se coñece como oblicuidade da eclíptica. Se o ecuador se proxecta cada o exterior da esfera celeste, formando o ecuador celeste, cruza a eclíptica en dous puntos, coñecidos como equinoccios. O Sol, no seu movemento aparente ao longo da eclíptica, cruza o ecuador celeste nestes puntos, un de sul ao norte e o outro de norte a sul. A pasaxe de sul a norte coñécese como equinoccio vernal, ou primeiro punto de Aries e nodo ascendente da eclíptica no ecuador celeste, e a pasaxe de norte a sul é o equinoccio de outono ou nodo descendente.
Artigo principal: Precesión axial
A orientación dos eixes da Terra e o ecuador non están fixos no espazo, senón que xira arredor dos polos da eclíptica cun período duns 26 000 anos nun proceso coñecido como precesión lunisolar, debida principalmente ao efecto gravitatorio da Lúa e o Sol sobre o abultamento ecuatorial da Terra. Do mesmo xeito, a eclíptica mesma non é fixa. As perturbacións gravitatorias do resto dos corpos do Sistema Solar provocan un movemento moito menor do plano da órbita terrestre, e consecuentemente da eclíptica, que se chama precesión planetaria. A acción combinada destes dous movementos coñécese como precesión xeral e cambia a posición dos equinocciós nuns 50 arcosegundos (arredor de 0,014°) por ano.
Artigo principal: Nutación astronómica
Sendo tamén unha simplificación, os movementos periódicos da Lúa e os movementos periódicos aparentes do Sol (en realidade, da Terra na súa órbita) provocan oscilacións periódicas de pequena amplitude do eixe da Terra e, en consecuencia, do ecuador celeste, que se coñecen como nutación. Isto engade unha compoñente periódica á posición dos equinoccios; as posicións do ecuador celeste e equinoccio (vernal) xunto coa precesión e a nutación coñécense como ecuador e equinoccio verdadeiros; as posicións sen a nutación son o ecuador e equinoccio medios.
Nodos
editarÉ nesta zona onde aparentemente se cruzan os camiños do Sol e da Lúa, onde se eclipsan. Os puntos por onde a Lúa atravesa a eclíptica chámanse nodos. Fálase de nodo ascendente cando a Lúa pasa dun plano orbital inferior ao plano orbital da Terra arredor do Sol a un superior a este (pasa do sur da eclíptica ao norte da eclíptica); e de nodo descendente cando a Lúa pasa do norte ao sur da eclíptica.
O descubrimento na antigüidade dos nodos e as sicixias, vinculando as eclipses lunares e solares a un ciclo repetitivo deu lugar ao descubrimento do ciclo de saros.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eclíptica |
Outros artigos
editar Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |