Estadio de Mendizorrotza
O Estadio de Mendizorrotza (ou Mendizorroza en castelán) é un estadio de fútbol, situado na cidade vasca de Vitoria, Áraba. O seu equipo titular é o Deportivo Alavés. Foi inaugurado o 27 de abril de 1924 e actualmente ten unha capacidade para 19.840 espectadores e unhas dimensións de 105x67 metros.[1]
Mendizorrotza | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 42°50′14″N 2°41′17″O / 42.837111, -2.688044 |
Localización | Vitoria, Áraba España |
Construción | |
Inauguración | 27 de abril de 1924 |
Ampliación | 1999 |
Estadio | |
Superficie | Herba |
Dimensións | 105 × 67 |
Capacidade | 19.840 |
Propietario | Concello de Vitoria |
Operadora | Deportivo Alavés |
Localía | Deportivo Alavés |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está situado no Paseo Cervantes, no barrio de Mendizorrotza, á beira das piscinas municipais e da Fundación Estadio. O estadio sufriu varias remodelacións, sendo a última e máis importante na tempada 1998/99 tras o terceiro ascenso do Alavés a Primeira División.
Notas
editar- ↑ Deportivo Alavés - Instalaciones Arquivado 07 de maio de 2014 en Wayback Machine.; deportivoalaves.com (en castelán)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web do Alavés Arquivado 08 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.