A illa de Santa Inés é unha illa de Chile que forma parte do arquipélago de Terra do Fogo, localizada ao suroeste da península de Brunswick, da que está separada polo estreito de Magallanes e outras illas menores. Ten unha superficie de 3.688 km², sendo a illa máis grande da comuna de Punta Arenas e a terceira maior do arquipélago de Terra do Fogo, logo da illa Grande e da illa Hoste.

Modelo:Xeografía físicaIlla Santa Inés
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deArquipélago de Terra de Fogo Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaArquipélago de Terra de Fogo Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRexión de Magallanes e da Antártica Chilena Editar o valor en Wikidata
Mapa
 53°45′S 72°45′O / -53.75, -72.75
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude561 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións55 (ancho) × 92 (lonxitude) km
Superficie3.688 km² Editar o valor en Wikidata

Características

editar

Administrativamente, pertence á comuna de Punta Arenas, á Provincia de Magallanes e á XII Rexión de Magallanes e da Antártida Chilena.

O seu litoral nesta área é parte da Área Protexida Costeira e Mariña de Francisco Coloane. O resto da illa é parte da Reserva Nacional Alacalufes, do mesmo xeito que a illa Desolación e a península de Córdova. Esta última atópase enfronte da illa, no outro lado do estreito de Magallanes e é unha península da illa Riesco. A illa pertence ao arquipélago de Terra do Fogo. O punto máis alto da illa está a 1.341 metros.

A illa alberga un pequeno campo de xeo chamado Grandes Ventisqueros. Ten unha costa moi recortada con varios fiordes.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar