Santos Salvado
Miguel de los Santos Salvado Rotea, nado en Tui o 5 de xullo de 1811 e finado na Guarda o 17 de abril de 1894, foi un fotógrafo, frade e misioneiro bieito galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1811 Tui, España |
Morte | 17 de abril de 1894 (82/83 anos) |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Traxectoria
editarFillo de Pedro Salvado e Francisca Rotea, e irmán Rosendo Salvado. Ingresou no mosteiro bieito de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela e ordenouse sacerdote en 1835 e nese ano volveu a Tui debido á Real Orde de Exclaustración Eclesiástica de Mendizábal, regresando á súa cidade natal de Tui. Instalouse despois en Madrid e foi capelán da raíña Isabel II. En 1869[1] decidiu marchar a New Norcia, Australia Occidental, onde seu irmán levaba o labor misioneiro. En 1870[2] converteuse no prior da misión. En 1879 enfermo da vista regresou ao seu antigo posto de capelán real na corte real[3] e logo volveu a Galicia. Durante a súa estadía en New Norcia realizou numerosas fotografías que constitúen un arquivo da vida na misión e á súa volta tamén continuou a tirar fotografías na súa localidade natal.
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editar- Rosendo Salvado Rotea (irmán)