Transferase
Unha transferase é un encima que cataliza a transferencia dun grupo funcional, por exemplo un metilo ou un grupo fosfato, dunha molécula doadora a outra aceptora. Por exemplo, unha reacción de transferencia é a seguinte:
- A–X + B → A + B–X
No exemplo, A é o doador e B é o aceptor. O doador é con frecuencia un coencima.
Nomenclatura
editarA nomenclatura correcta, en senso estrito, para as transferases é doador: aceptor grupotransferase. Porén, adoitan empregarse os nomes tradicionais dos encimas, como aceptor grupotransferase ou doador grupotransferase; por exemplo, ADN metiltransferase, que cataliza a transferencia dun ou máis grupos metilo ao ADN, que actúa de aceptor.
Clasificación
editarCorresponden ao EC 2 na catalogación por medio do número EC. Divídense nas seguintes subclases:
- EC 2.1. Encimas que transfiren grupos dun só carbono (metiltransferases).
- EC 2.2. Encimas que transfiren grupos aldehido ou cetona.
- EC 2.3. Inclúe as aciltransferases.
- EC 2.4. Comprende as glicosiltransferases.
- EC 2.5. Encimas que transfiren grupos alquilo ou arilo.
- EC 2.6. Encimas que transfiren grupos con nitróxeno; (transaminases).
- EC 2.7. Encimas que transfiren grupo fosfato|grupos fosfato; (fosfotransferases, entre elas as polimerases e quinases).
- EC 2.8. Encimas que transfiren un grupo sulfurado (sulfurotransferases e sulfotransferases).
- EC 2.9. Encimas que transfiren gupos que conteñen selenio.
Notas
editar- EC 2 Introduction do Departmento de Química do Queen Mary - Universidade de Londres.