Wikipedia:Detector de homónimos
O detector de homónimos é unha ferramenta da Wikipedia que marca con fondo amarelo aquelas ligazóns internas que van dar a páxinas de homónimos. Por regra xeral, os artigos non deberían conter ligazóns a páxinas de homónimos, senón a unha das entradas recollidas nestas, para que así, ao premer o usuario na ligazón, mostre un artigo, en lugar dunha páxina de homónimos.
Activación
editarPara activar a ferramenta hai que dispor dunha conta e ter a sesión iniciada. Nas preferencias de usuario, concretamente na sección Trebellos, detállanse tódalas ferramentas dispoñibles para os usuarios da Wikipedia. O detector de homónimos atópase na sección Navegación. Marcando a caixa xunto ó texto Activar o detector de homónimos, activarase a ferramenta.
Para desactivar a ferramenta basta con desactivar a caixa pertinente nas preferencias.
Como funciona?
editarEsta ferramenta baséase na API da Wikipedia. Cada vez que se cargue unha páxina compróbanse as categorías ás que pertencen todas as páxinas ligadas e compróbase se pertencen á categoría de homónimos. En caso positivo colorease de amarelo a ligazón interna correspondente.
O código Javascript da ferramenta atópase aquí.
Máis información
editarPara avisar de problemas, erros ou propor melloras da ferramenta, podes facer uso da páxina de conversa.
Autor
editarO autor do script é o usuario APPER da Wikipedia en alemán.
Caixa de usuario
editarO usuario que o desexe pode incluír a seguinte caixa na súa páxina, incluíndo o código {{Usuario Detector}} .
Este usuario mellora as ligazóns dos artigos co detector de homónimos. |