6 de maio
día do ano
<< | Maio | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 | ||
2024 Todos os días |
O 6 de maio é o 126º día do ano do calendario gregoriano e o 127º nos anos bisestos. Quedan 239 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 899 - Cerimonia de consagración da Catedral de Santiago polo rei de Galiza Afonso III.[1]
- 1105 - O conde Pedro Froilaz casa coa súa segunda esposa, a nobre Maior Guntroda Rodríguez.
- 1840 - O Reino Unido emite o primeiro selo postal do mundo, coñecido como Penny Black.
- 1889 - A Torre Eiffel é oficialmente aberta ao público durante a Exposición Universal de París
- 1937 - Desastre do Hindenburg: préndese lume no cepelín alemán Hindenburg e acaba destruído en menos dun minuto ao tentar pousar en Lakehurst, Nova Jersey. Morren 36 persoas.
- 1942 - segunda guerra mundial: as tropas británicas capturan Madagascar ás forzas coloniais de Vichy.
- 1945 - Inauguración oficial do estadio de Riazor cun encontro entre as seleccións de fútbol de Portugal e España.
- 1994 - Inauguración do eurotúnel no Canal da Mancha.
Nacementos
editar- 1501 - Marcelo II, Papa (m. 1555).
- 1574 - Inocencio X, Papa (m. 1655).
- 1758 - Maximilien de Robespierre, político revolucionario francés (m. 1794).
- 1837 - Joaquín Díaz de Rábago, xurista, sociólogo e economista galego (m. 1898).
- 1856 - Sigmund Freud, psiquiatra, fundador da psicanálise (m. 1939).
- 1861 - Rabindranath Tagore, escritor, poeta e músico bengalí (m. 1941).
- 1871 - Victor Grignard, químico francés, Premio Nobel de Química (m. 1935).
- 1872 - Willem de Sitter, matemático, físico e astrónomo neerlandés (m. 1934).
- 1880 - Ernst Ludwig Kirchner, pintor alemán (m. 1938).
- 1892 - Arturo Noguerol, intelectual galeguista.
- 1893 - José Calvo Sotelo, político español.
- 1895 - Rodolfo Valentino, actor estadounidense (m. 1926).
- 1895 - Malba Tahan, escritor e matemático carioca.
- 1903 - Erasmo Pascual, actor galego (m. 1975).
- 1904 - Harry Martinson, escritor sueco, Premio Nobel de Literatura (m. 1978).
- 1915 - Orson Welles, cineasta norteamericano (m. 1985).
- 1919 - Alexandre de Fisterra, escritor e inventor galego. Inventou o futbolín (m. 2007).
- 1920 - Kamisese Mara, presidente de Fidxi (m. 2004).
- 1929 - Paul Lauterbur, químico estadounidense, Premio Nobel de Química (m. 2007).
- 1934 - Juan Otero García (Eiravella), escultor galego.
- 1938 - Michael Löwy, pensador marxista brasileiro.
- 1942 - Antón Rozas Caeiro, profesor e escritor galego.
- 1943 - Daniel Pino Vicente, sociólogo e escritor galego.
- 1951 - Samuel Doe, presidente de Liberia (m. 1990).
- 1951 - Luma Gómez, actriz galega.
- 1953 - Tony Blair, Primeiro Ministro británico.
- 1955 - Pepe Barro, deseñador galego.
- 1959 - Julia Otero, xornalista galega.
- 1961 - George Clooney, actor estadounidense.
- 1964 - Laura Bugalho, sindicalista e activista galega.
Mortes
editar- 1859 - Alexander von Humboldt, naturalista e explorador alemán (n. 1768).
- 1862 - Henry David Thoreau, escritor e filósofo anarquista estadounidense (n. 1817).
- 1910 - Eduardo VII do Reino Unido (n. 1841).
- 1949 - Maurice Maeterlinck, escritor belga, Premio Nobel de Literatura (n. 1862).
- 1952 - Maria Montessori, educadora e humanista italiana (n. 1870).
- 1963 - Theodore von Kármán, enxeñeiro e físico húngaro (n. 1881).
- 1992 - Marlene Dietrich, actriz alemá nacionalizada estadounidense (n. 1901).
- 2002 - Pim Fortuyn, político nederlandés (n. 1948).
- 2017 - Hugh Thomas, historiador inglés (n. 1931).
Festas e celebracións
editarNotas
editar- ↑ López Ferreiro, Antonio (1899). Historia de la Santa A.M. Iglesia de Santiago de Compostela II. p. 191.
Outros
editar- Santoral: San Lucio de Cirene.