Aprilia
- Para a concello italiano véxase Aprilia, Lazio.
Aprilia é un fabricante de motocicletas pertencente ao grupo industrial italiano Piaggio. Fundouse no ano 1945 e ten a súa sede en Noale, rexión do Véneto, Italia. Ao comezo, dedicábase á venda de scooters, aínda que máis tarde pasou a desenvolver tamén motocicletas deportivas.
Aprilia | |
---|---|
Fundación | 1945 |
Matriz | Piaggio |
Localización | Noale, Véneto, Italia |
Fundador | Alberto Beggio |
Persoas clave | Roberto Colaninno (presidente) |
Industria | Motor |
Produtos | Motos |
Na rede | |
https://www.aprilia.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A empresa participa nos Campionatos do Mundo de Motociclismo de 125 cc e 250 cc, no Campionato do mundo de Superbikes e noutras competicións de motocross e supermoto. Aprilia ten logrado numerosos triunfos nas divisións menores do mundial de motociclismo, caracterizándose por experimentar novas configuracións de cilindros ao igual cá marca Ducati.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aprilia |