Basket Zaragoza 2002
O Basket Zaragoza 2002 S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Casademont Zaragoza é un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de Zaragoza, Aragón. Fundado no ano 2002, xurdiu coa idea de recuperar o baloncesto de elite en Zaragoza após as dificultades que atravesaba o Club Baloncesto Zaragoza. Actualmente o club participa na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español. O pavillón onde xogan os seus encontros como local é o Príncipe Felipe, inaugurado o 17 de abril de 1990 e con capacidade para 10 744 espectadores.
Casademont Zaragoza | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ACB |
Fundación | 2002 |
Cores | Vermello, branco, negro |
Presidente | Reynaldo Benito |
Adestrador | Martin Schiller |
Patrocinador | Casademont |
Localización | |
Cidade | Zaragoza, España |
Pavillón | Pavillón Príncipe Felipe |
Capacidade | 10 744 |
Inauguración | 17 de abril de 1990 |
Campionatos | |
Liga LEB | 2 (2008, 2010) |
Copa Príncipe | 1 (2004) |
basketzaragoza.net |
- Para o equipo que xogou na Liga ACB até 1996, véxase CB Zaragoza.
Historia
editarDebido ás dificultades económicas que afastaron ao Club Baloncesto Zaragoza da elite en 1996, en 2002 un grupo de empresarios funda o Basket Zaragoza 2002 co propósito de devolver á capital aragonesa ao baloncesto de elite masculino. Co apoio financeiro da Caja de Ahorros de la Inmaculada (CAI, do castelán: Caixa de Aforros da Inmaculada), o club comprou a praza do Sondeos do Norte coruñés, equipo que militaba na LEB. Porén, as primeiras andainas non resultaron nada sinxelas. De feito, o equipo houbo de pelexar até o final por non perder a categoría. Após seis temporadas en LEB, o equipo conseguiría o ascenso á Liga ACB o 9 de maio de 2008 tras ao derrotar a L'Hospitalet por 27 puntos (91−64). A primeira temporada do equipo zaragozano na elite iniciouse coa Supercopa, a cal que disputaba o cadro aragonés en calidade de anfitrión. Xa en liga, o equipo acaba en último lugar e descende tan só un ano despois á LEB Ouro.
O descenso supuxo unha renovación na dirección técnica con Willy Villar ao mando e sendo o José Luís Abós o técnico elixido para devolver o equipo á categoría perdida a tempada anterior.[1] Na primeira temporada co novo adestrador o equipo regresa á ACB. Tras asentarse durante os seguintes anos na máxima categoría, en abril de 2013 o equipo clasifícase por vez primeira aos playoffs, conseguindo chegar ás semifinais após venceren ao Valencia Basket en cuartos de final (1−2). En seminais foron eliminados polo Real Madrid por 3−0. Desde aquela, o equipo non conseguiu volver disputar as semifinais da competición. A nivel europeo, o club tan participado na EuroCup, na Basketball Champions League e na FIBA Europe Cup.
Patrocinios
editarPor motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- CAI Zaragoza (2002−2016)
- Tecnyconta Zaragoza (2016–2019)
- Casademont Zaragoza (2019–presente)
Xogadores
editarCadro actual
editarCasademont Zaragoza 2021−2022 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Destacados
editar- Pablo Aguilar
- Alberto Angulo
- José Ángel Antelo
- Carlos Cabezas
- Pep Cargol
- Quino Colom
- Alberto Corbacho
- Albert Fontet
- José Luis Galilea
- Pedro Llompart
- Andrés Miso
- Fran Murcia
- Fran Vázquez
- Paolo Quinteros
- Lucas Victoriano
- Sam Van Rossom
- Damjan Rudež
- Michael Roll
- Andre Turner
- Jón Stefánsson
- Henk Norel
- Rubén Garcés
- Robert Archibald
- Giorgi Shermadini
Adestradores
editarA seguinte é unha lista dos adestradores do Basket Zaragoza desde a súa fundación.
- José Luis Oliete (2002−2003)
- Ranko Žeravica (2003)
- Alfred Julbe (2003−2004)
- Óscar Quintana (2004−2005)
- Alfred Julbe (2005−2006)
- Chus Mateo (2006−2007)
- Curro Segura (2007−2009)
- Alberto Angulo (2009)
- José Luis Abós (2009−2014)
- Joaquín Ruiz Lorente (2014−2015)
- Andreu Casadevall (2015−2017)
- Luis Guil (2017)
- Jota Cuspinera (2017−2018)
- Pep Cargol (2018)
- Porfirio Fisac (2018−2020)
- Diego Ocampo (2020)
- Sergio Hernández (2020−2021)
- Luis Casimiro (2021)
- Jaume Ponsarnau (2021−presente)
Palmarés
editar- Campións (2): 2008, 2010
- Campións (1): 2004
Historial
editarAno | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2002–03 | 2 | LEB | 14º | 15–20 | ||||||
2003–04 | 2 | LEB | 4º | 25–19 | Copa Príncipe | C | ||||
2004–05 | 2 | LEB | 6º | 19–18 | Copa Príncipe | SF | ||||
2005–06 | 2 | LEB | 4º | 30–12 | ||||||
2006–07 | 2 | LEB | 3º | 26–16 | ||||||
2007–08 | 2 | LEB Oro | 1º | 28–6 | Copa Príncipe | SF | ||||
2008–09 | 1 | ACB | 17º | 8–24 | Supercopa | 2º | ||||
2009–10 | 2 | LEB Oro | 1º | 27–7 | ||||||
2010–11 | 1 | ACB | 10º | 16–18 | ||||||
2011–12 | 1 | ACB | 10º | 16–18 | ||||||
2012–13 | 1 | ACB | 3º | 23–17 | Cuartos de final | Supercopa | SF | |||
2013–14 | 1 | ACB | 8º | 18–18 | Semifinais | 2 EuroCup | U32 | 8–8 | ||
2014–15 | 1 | ACB | 9º | 18–16 | Cuartos de final | 2 EuroCup | U32 | 6–10 | ||
2015–16 | 1 | ACB | 12º | 13–21 | 2 EuroCup | OF | 12–6 | |||
2016–17 | 1 | ACB | 15º | 9–23 | ||||||
2017–18 | 1 | ACB | 16º | 10–24 | ||||||
2018–19 | 1 | ACB | 6º | 18-16 | ||||||
2019–20 | 1 | ACB | 6º | 17–11 | Cuartos de final | 3 Champions League | 4º | 13–6 | ||
2020–21 | 1 | ACB | 13º | 14–22 | 3 Champions League | 3º | 11–3 |
Notas
editar- ↑ Coscolín, Enrique (19 de xuño de 2009). "El director deportivo del CAI será Willy Villar" [O director deportivo do CAI será Willy Villar]. Heraldo de Aragón (en castelán).