Cacahuete

especie de planta

O cacahuete[1] (Arachis hypogaea), é unha planta anual da familia dos chícharos (Fabaceae), cuxos froitos, de tipo legume conteñen sementes apreciadas en gastronomía.

Características

editar
Cacahuete cru
Valor nutricional por 100 g
Enerxía2 385 kJ (570 kcal)
21 g
Azucres0.0 g
Fibra alimentaria9 g
48 g
Saturadas7 g
Monoinsaturadas24 g
Poliinsaturadas16 g
25 g
Triptófano0.2445 g
Treonina0.859 g
Isoleucina0.882 g
Leucina1.627 g
Lisina0.901 g
Metionina0.308 g
Cistina0.322 g
Fenilalanina1.300 g
Tirosina1.020 g
Valina1.052 g
Arxinina3.001 g
Histidina0.634 g
Alanina0.997 g
Ácido aspártico3.060 g
Ácido glutámico5.243 g
Glicina1.512 g
Prolina1.107 g
Serina1.236 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
52%
0.6 mg
Riboflavina (B2)
25%
0.3 mg
Niacina (B3)
86%
12.9 mg
Ácido pantoteico (B5)
36%
1.8 mg
Vitamina B6
23%
0.3 mg
Ácido fólico (B9)
62%
246 μg
Vitamina C
0%
0.0 mg
Vitamina E
44%
6.6 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
6%
62 mg
Ferro
15%
2 mg
Magnesio
52%
184 mg
Manganeso
95%
2.0 mg
Fósforo
48%
336 mg
Potasio
7%
332 mg
Cinc
35%
3.3 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga4.26 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.

A planta é fibrosa e mide de 30 a 50 cm de altura. Os froitos medran baixo a terra dentro dunha casca leñosa que, normalmente, conten dúas sementes. Vulgarmente coñécese como froito seco.

Cultivo

editar

A. hypogaea, que é de orixe americana, foi cultivada para o aproveitamento das súas sementes desde hai 4000 ou 5000 anos. Os conquistadores españois observaron o seu consumo en México-Tenochtitlán, a capital do imperio azteca, no século XVI, e posteriormente distribuírono por Europa e o resto do mundo, xunto con outros mercantes europeos. Cultívase en maio, e colléitase a finais do outono.

O que non puideron observar os españois foi que xa o Señor de Sipán, no norte do Perú, se adornaba con réplicas de cacahuetes en ouro: orelleiras, colares e demais xoias que se exhiben agora no Museo de Sipán. As Tumbas Reales de Huaca Rajada foron descubertas en 1987 e asombra a súa tecnoloxía no manexo dos metais. Pertencente á cultura pre-inca dos mochicas, datouse no ano 250 d.c.

Na actualidade o cultivo do cacahuete estendeuse amplamente por rexións da Asia e África. As cascas, obtidas como subproduto, empréganse como combustíbel.

Pragas

editar

A infección por certas especies de fungos (Aspergillus flavus ou A. parasiticus) contamina as sementes con aflatoxinas, perigosas substancias canceríxenas.

Nomenclatura

editar
 
Cacahuetes salgados

O termo ven do náhuatl tlālcacahuatl, que significa cacao da terra, de tlalli: 'terra, solo', porque a vaíña das súas sementes está baixo terra e cacahuatl: 'grans de cacao'. A árbore e o seu froito coñécense en México como cacahuate ou cacahuete. Mentres que no español de España se adoptou este último termo, en case todos os demais países de fala hispana emprégase o vocábulo taíno maní. En portugués é coñecido por amendoim.

 
Cacahuetes.

Con este froito obtéñense alimentos tales como a manteiga de cacahuete ou o aceite de cacahuete moi empregado na cociña da India e do sueste de Asia.

En México é común encontralos en diferentes presentacións como botana ou lambonada (salgados, xaponeses, garrapiñados, enchilados etc.) ou en forma dun doce tradicional moi nutritivo feito con cacahuetes e mel, chamado palanqueta (tamén se pode facer con outras sementes, como pebidas de cabaza). Así mesmo, úsase para preparar distintos guisos, como o polo en mollo de cacahuete.

En España consómese a semente crúa ou torrada, denominándose entón panchito nalgunhas áreas localizadas.

Na Arxentina, gran produtor de cacahuete, este consómese torrado cos seus grans ou en garrapiñadas e pralinés ou recubertos por unha capa de chocolate ou, á inversa, dentro de tabletas de chocolate, sendo tamén un dos compoñentes principais das picadas; cando se vai a un bar, pub, restaurante ou "boliche" arxentino e se pide unha cervexa é moi común que esta sexa acompañada de "yapa" (gratuitamente) co que se chama "con ingredientes", os cales consisten nun pratiño ou pequena bandexa que contén grans de cacahuete torrado e salgado, xeralmente acompañados por unha pequena porción de patacas fritas e "palitos salados" (pequenos paus feitos dunha masa de fariña, os cales están fritos e salgados). Canto á manteiga de cacahuete, esta prodúcese en gran cantidade, mais o seu destino acostuma ser a exportación (o gusto por tal "manteiga" está relativamente pouco difundido aínda entre a poboación arxentina), aínda que é moi común que se consuma nunha especie de variante sólida moi parecida a un turrón: a chamada mantecol, que se toma na sobremesa.

Galería de imaxes

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cacahuete.

Véxase tamén

editar