Xelo2004
Arquivos anteriores e outras historias |
Mensaxes antigas:
|
Mensaxes |
Mensaxes dende aquí, Grazas
Bloqueos
editarNon quero entrar en polémicas, pero durante dous días levades que si quitame de eiquí esta palla con outro usuario, e non me parece ético que sexas precisamente ti quen lle bloquees o usuario, non son maneiras, non digo que el fixera ben borrando o contido da súa páxina de discusión pero en algo si que tiña razón e naquel momento el non estaba en igualdade de condicións contigo, non podía editar na túa como o estou a facer eu agora porque a tiñas bloqueada. Deixate de leas, que fas un traballo magnifico e retócalle un par de fotos para que vexa que es un crack da fotografía pero, por favor, non recurras a bloquea-lo porque a min danme ganas de deixar de colaborar porque sinto que é un abuso. Un saúdo. Alma 20:43, 19 agosto 2007 (UTC)
Template Coordenadas
editarA min así gústame máis, senón hai obxecións, para min perfecto. Grazas. Lansbricae (Ti dirás) 15:28, 20 agosto 2007 (UTC)
calendario
editarNon sei, Xelo. Pode ser que sobren os calendarios de 2005 e 2006, non o sei nin tampouco me preocupa moito, pero insisto en que a folla do calendario de 2007 (que non me parece supérfluo para nada) debería indica-la data real: é dicir, que hoxe é martes mal que nos pese. Así que o cambio segue sendo necesario á marxe de decidir se se manteñen eses anos anteriores ou non. Pedro --Lameiro 20:04, 21 agosto 2007 (UTC)
Please change my name
editarCan you please change my name from Edmundkh to EdmundEzekielMahmudIsa, and then leave me a message in the English Wikipedia? Thank you very much! --Edmund the King of the Woods! 09:37, 22 agosto 2007 (UTC)
Glosario de aves
editarXelo, xa que estás ó loro ¿podías ve-la forma de iguala-las sangrías das columnas? Quero dicir, que nas diferentes letras non queden unhas columnas máis anchas que outras, algo que queda mal, mal, mal.
E aproveitando a ocasión: ¿isto é un realmente "Glosario" de aves? ¿Non é máis ben unha simple "Lista"de aves? Pedro --Lameiro 14:55, 23 agosto 2007 (UTC)
Desculpas
editarSinto haber cuestionado a túa ética, non debín usar dita expresión a pesares de que non me parecía que ti tiveras a túa paxina de discusión bloqueada. Espero que me perdoes, adeus e ata sempre. Alma 14:24, 28 agosto 2007 (UTC)
Re:
editarEu tamén che pido desculpas. "Quen esté libre de pecado que tire a primeira pedra". Espero que sigas co teu inapreciable labor. Un saúdo, sorte e paciencia (que na nosa terra hai moitos Xíbaros). Lansbricae (Ti dirás) 01:41, 29 agosto 2007 (UTC)
do elefante na cacharerria
editarOla. Talvez sexa un pouco tarde, pero sempre val a pena intentalo. Talvez deba ser eu, un dos que mais che reprochou certas actitudes (con razon ou sen ela), deba ser eu o que dea un paso adiante (teño moitos defectos, pero son humilde):
- 1) pedirche perdon polas miñas accions e criticas subidas de ton. Non ten desculpa, simplemente son un pouco "elefante" e acostumo tropezar. Prometo facilitarche o labor cruzandome contigo o minimo posible
- 2) recoñecer o teu labor (ainda que son novo aqui), teñote visto nos ultimos semanas bloqueando vandalismos de ip tras ip e defendendo a galipedia (é verdade que entre esas ips estivo a miña, dun xeito que discordo, pero iso non e agora importante)
- 3) pregarche que voltes a traballar para a galipedia. igual que lle digo a Lansbricae e a Alma, o proxecto debe estar por encima dos egos, propios e alleos. Desta forma demostrarás tamén que estabas e estás aqui polo proxecto en si e non por outros intereses espúreos.
A cambio do que che expreso , non necesito que me pidas desculpas por nada, e insisto en que coido que debes seguir no proxecto pois na miña opinion es unha persoa moi valida para el e tes moito que aportar (as criticas que che fixen simplemente indican que coido que non es perfecto, tampouco o son eu nin ninguen). Se queres facer un xesto, seria preferible o xesto de suspenderes os teus permisos de administrador por un tempo, mais pregoche que continues no proxecto. Outro xesto que seria apreciado (debo ser honrado contigo e conmigo)é o de borrar a parte polemica do 1_de_xaneiro .
Saúdos e paz sincera pola miña parte (nin che pido o mesmo a cambio).--Maañón 22:20, 29 agosto 2007 (UTC)
Por favor, Reflexiona Xelo
editarPor favor, reflexiona con tranquilidade. Non desfagamos o traballo de moita xente durante moito tempo.
Eres administrador e como tal os demais nos fixamos en como actúas. No caso de 1 de xaneiro din a miña opinión xa que entendía que clasificar o teu traballo, neste caso, como non enciclopédico sen ningún tipo de argumentación era unha falta de respeto.
No caso de Esteiro non podo estar de acordo coa túa actuación nin co borrado de Xabier, no caso de Xabier pola mesma razón que no caso do talk 1 de xaneiro. No canto a si a etimoloxía é ou non contido da galipedia noutros artigos convive, pero non creo que sexa o noso gusto pola etimoloxía ou o nosos desgusto pola etnografía. No que non estou de acordo nin o estiven foi no xeito en que revatiches o caso 1 de xaneiro nin o xeito do bloqueo, porque tampouco estou dacordo co meu xeito de actuar despois de que colgaras o anuncio nos cambios recentes. Sei o que é un usuario común, eu por exemplo, e sei o que é un administrador, pero tamén sei o que son persoas e debemos tentar de selo.
Cando ti secundaches a miña proposta non dixen nada, para eso a fixen. Cando no anuncio fixeches unha valoración ben simplificada do sucedido responsabilizando dos feitos a un indeterminado usuario común e aos seus malentendidos xa non puiden estar nada de acordo. Despois de todo o ocorrido nestes días esa forma tan simple de analizar o asunto foi o que me fixo estourar e no momento no que fixen a miña edición os servidores fallaban o que me fixo sentir máis impotente do que xa me sentira. Collo a luva votada por Xabier Cid e:
PIDO DESCULPAS POLOS MEUS ESCESOS DE HOXE, OS INSULTOS E DEMÁIS FALTAS QUE ASUMO E DAS QUE NON ESTOU NADA ORGULLOSO DELAS E QUE ENTENDO TE AFECTARAN A TI PRINCIPALMENTE, pero tamén trata de entender que a miña proposta non estaba baseada no contido do teu anuncio que voltaba de novo a ser ferinte, esta vez a un indeterminado Usuario Común con todo o que se levaba pasado.
Prégoche que o penses calmadamente e non cometas os erros que xa cometemos outros. Un moi cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 22:26, 29 agosto 2007 (UTC) (Mellor que tratemos de usar o humor e non facer desto algo como o "Caso Dreyfus", porque ao mellor nos aparece un Emile Zola para facer un "Eu Acuso").
- Anunciaches a túa intención de renunciar pero aínda figuras como administrador da Lista de Usuarios polo tanteo deixoche a seguinte mensaxe:
- Penso que tras os sucesos dos días pasados que afectaron gravemente á Galipedia e á credibilidade dos administradores e supuxeron que moitos editores perderan o ánimo para contribuír, como considero que os administradores deste proxecto precisan exercer o seu labor co respaldo da comunidade penso que todos debemos renunciar o noso status e que sexa a comunidade a que elixa os administradores que considere convenientes. Manteriamos provisoriamente o noso status para loitar contra o vandalismo. Dime se estás de acordo.--Miñato 16:12, 1 setembro 2007 (UTC)
Removal request of galician project
editarI hereby confirm having requested removal of my bureaucrat and sysop privileges. Thanks.
Sobre o escudo de Xinzo
editarOla Xelo2004,
Ollei a versión do escudo de Xinzo que subiches e sorprendeume porque nunca o vira. Gostaríame que me dixeras de onde o quitaches, cal é a súa historia, cando se adoptou o actual... e calquera información de interese que poidas ter ao respeito. Graziñas. Podes contactar comigo no enderezo letheo@xanelas.com
Tiña entrado no meta.wiki
editarTiña entrado no metawiki e linlle a vostede o injlés pero devín entender, mal prégolle me desculpe, espero que recupere a súa saúde, pola miña parte tamén lle ando bastante fodido se lle interesa. O máis caralludo de todo é que semella un toma pataca quente que nos xa estamos queimados. Xa se comentaba entre conversas varias sen nengún tipo de maldade, despois empezou a aparecer na "lea" con Alma e contraria ao bloqueo e inicialmente só eso si, Xabier Cid, moito máis tarde cando chejei eu. Primeiro Prevert, propón e vaise. Prefire pintar. Leva un tempo do demo a unha velocidade do demo e unha chea de cousas a un tempo. Propón 3 apóstoles e retirase a montaña como xa levaba tempo dicindo que faría. Ao mesmo tempo o bo de Xelo2004 fai o mesmo, tamén está canso, non sabe de onde sacar o tempo e ven queimado de leas chungas pero evidentes. E unha norma básica do dereito que as condicións dun contrato ou cesión de dereitos de uso e comerciais debe facerse indicando todas as consecuencias como ben recolle a normativa wiki. O copyvio ou autorización incompleta (cantas fotos pensas que deixei eu de usar para os meus ladrillos dos mosteiros?) non empaña o teu labor durante moitísimo tempo e moito máis doutro xeito. O quñe e ven certo é que despois chega Lmbuga que levaba un tempo afastado, moi ao seu pesar seguro, da Gali e prodúcesen novos feitos e fala de sentimento de golpe de estado e desacredita a Miñato que toma o asunto asumindo unha responsabilidade moi perigosa, aí xa non o entendo , que ocorre que o mochuelo ten que vir para mín, neso consiste a broma chegar a desacreditarme eu mesmo cos meus feitos e vos con acusacións e desprezos (tamén vos podiades sentir o mesmo pero non tiñades razón e punto), e desacreditar a Miñato é dicirme, toma tí, o relevo, dirixe ti o cotarro que es mais listo que ninjún. Semella un pouco cruel eu paseime pero vos tamén, eu non dubido da túa boa fe ao poñer o anuncio, pero o anuncio era moi desafortunado no contido pasaba dunha afirmación de culpas compartidas, a pasarlle a culpa a un usuario indeterminado E o caso é que xa tiñades pensado pasar a un segundo plano, xa me quentou de máis. Sego a crer que había datos do escrito nos malditos artigos do 1 de xaneiro e demáis e que tamén fun moi cruel cun humor escuro en esceso, pero esta retirada de todos vos ao galope e ningunha presencia xa empeza a semellar que os egos das persoas están a vencer o vínculo que vos une ca Galipedia, co voso propio traballo como editores e co ensinado e axudado aos demáis que levades deixado. a obriga de Lmbuga co respeto a velar os contidos ideolóxicos da galipedia (vou acabar sendo anarquista editor de mosteiros)... Todo semella moi cruel a sabendas que os meus coñecementos sobre "o mundo no que me metín" son moi básicos, editar, categorizar, benvida, controlar algún vandalismo e pouco máis. O meu perfil é de editor non de administrador. Desfruto como editor pero axudar a administración considereino unha obriga. Repito, para estar maquinado sería moi cruel, eu creo que simplemente atopáchedes o momento, a excusa, de voltar a darvos un tempo as vosas persoas, a reflexionar sobre o peso que leváchedes e as compensacións (espero que gañen as últimas). E ademais as formas tamën o foron; maañön entrara como conflictiltivo, pero podia evolucionar e acabar discutindo amigablemente con Xabier Cid ou Lameiro en calquera talk dun artigo, construtivamente. E logo o que pasou despois, pensades que a mi;a moza 'e da mi;a propiedade, que ten que pensar coma m'in, creo que foi excesivo meterme na casa a lea exemplarizante e dem'ais.
Un contido non válido dana a todos os demáis contidos, un usuario que non respeta as regras o mesmo dana ao resto, se 'e un administrador iso vai a m'ais. Reitero que nunca dubidei da t'ua boa fe ata agora na que vexo que semella unha encerrona de un persoa concreta eu. Que vos fixen eu, se andaba ao meu rollo e tratando de axudar un pouco... Que colla eu as rendas vou prestixado e respaldado de carallo polas minas verbas e as dos demais cara a min. So espero que votedes unha man a quen coa suficiente lexitimidade e paciencia, moita eso si dirixa un pouco este asunto porque todo o que eu prpo;a vai ser dif'icl de que poida ser respaldado. Xa non volverei a decir que marcho nin pretender de novo faltarche ao respeto, pero tam'en te xuro que en dez anos xuro non me presentarei a administrador nin bur'ocrata pero polo dano que levo feito sinto a obriga de voltar.
Todos somos hum'ans e t'i un bo exemplar malia aos erros. Eu agora xa levo moitismos mais ca ti, con diferencia e os meus afectaron a moit'isima m'ais xente. Esperando seguir vendote por aqui, un sa'udo. Lansbricae (Ti dirás) 00:21, 6 setembro 2007 (UTC)
O enviado pola ip non cambia a imaxe que teño de ti en absoluto, pero 'e un erro que foi medrando, queimoute mais. Entendo nos termos que acabo de soltar que neso considero consiste o que pode ser interpretado s'o como unha ameaza lido de golpe Lansbricae (Ti dirás) 00:24, 6 setembro 2007 (UTC)
enfin
editarNon vou calificar o que escribiches na miña paxina talk. Somente pedirche, por favor, non voltes a escribir mais na miña paxina talk. A ultima mensaxe que che deixei foi positiva. Pídoche que me pagues coa mesma moeda e me deixes tranquilo. A galipedia é moi grande, cabemos os dous sin que teñamos que tropezar un co outro. Grazas.--Maañón 22:08, 7 setembro 2007 (UTC)
Moderador
editar- Xelo por favor pídoche que non utilices o Usuario Moderador, ti sabes ben quen o utilizou e o porqué da súa existencia, eu nin vou revertir as túas edicións nin volver bloquear o Moderador, quedei demasiado tocado como para tomar medidas. Só dicirche que un antigo administrador, ao que lle pedín consello polo correo, prometeu aclarar publicamente o do Moderador e tamén pode demostrar que non é un usuario normal. Está en xogo a confianza de moita xente no que isto representa.--Miñato 10:17, 8 setembro 2007 (UTC)
Parabéns
editarSo quería facerche chegar os meus parabens polo inmenso traballo que desempeñaches na Galipedia e que espero queiras seguir a realizar. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 13:49, 9 setembro 2007 (UTC)
- Por favor Xelo, desiste do que estás facendo. Estasnos complicando a situación dun xeito moi grave. Aínda por riba as responsabilidades caen sobra nós, os pardillos dos administradores. Prego por favor que desistas de danar o proxecto, porque sei que traballaches arreo nel e comprenderás a miña preocupación. AlberteSi, digame? 15:11, 9 setembro 2007 (UTC)
Prégolle non insista nas súas explicacións e ameazas
editarPrégolle non insista nas súas explicacións e ameazas cara ao proxecto xa que non axudan en nada a mellora da situación. Vostede sabe que é fácilmente comprobable quen díu de alta de novo ao Moderador como administrador cando vostede xa non posuía os dereitos de administrador e burócrata. Coa súa insistencia vai xerar que a comunidade queira saber quen máis puido estar detrás de esta nova alta ou peor aínda que a comunidade considere que os responsables son todos os administradores, cousa que vostede sabe alónxase moito da realidade polo propio sistema actual da Galipedia. O crego se quere colaborar o que pode facer é darse de alta como usuario común e co tempo presentarse a administrador, como creo debería ser todo proceso evolutivo do rol de cada un no proxecto, para quen queira ser administrador claro. Un saúdo, de un que como moitos galegos traballa no que pode e non se avergoña para nada por elo (cada un é un e as súas circunstancias). Lansbricae (Ti dirás) 16:24, 9 setembro 2007 (UTC)
Mínimos?
editarSenhor Xelo2004, já me ficou claro que cá não aceitam o galego reintegrado. Mas agora pergunto: Aceitam o galego de mínimos? Penso que também não, mas quis tentar. Obrigado. --Ibérico 17:48, 19 novembro 2007 (UTC)
Boas!!!
editarMM... non sei te acordarás de min ou xa esqueciches... Verás, xa facía moooooito tempo que non me pasaba pola wiki en galego, e decidin botarlle un ollo, e dinme de conta de que os artigos de sexo... non hai!! Así que como arranxei os da wiki en castelán e leváronme moito traballiño, estounos a traducir pra miña xentiña... Boeno, se estás moi ocupado entón nada, pero se lle puideras dar un repasiño a cunnilingus (recén acabo de o empezar) e a felación agradeceríacho moito. Grazas!! Abur! --Chuck Norris Cóntamo todo 16:05, 25 xullo 2008 (UTC)
Escudo de Pontevedra
editarXelo2004; ti fixeches unha boa aportación a Galipedia co teu escudo de Pontevedra, o que pasa e que temos outro de maior calidade de visión; o que quero e pedirche axuda, eso sí, voluntariamente, para cambiar o teu escudo por un .svg. Perdóa polas molestias e un cordial saúdo, o usuario Pontevedra78 (conversa · contribucións).
Escudo Concello de Vilalba
editarBo día, Xelo. Na seguinte ligazón deixoche o escudo do Concello de Vilalba, que é o oficial e nunha resolución que pode valer para publicacións. Cando podas cambialo na sección de Vilalba. http://commons.wikimedia.org/wiki/Image:Escudo_Concello_Vilalba(Lugo).jpg E noraboa polo teu traballo. Grazas.
Aviso de eliminación de [:Ficheiro:Bios2005.jpg]
editarAviso de eliminación de imaxe. |
A imaxe [:Ficheiro:Bios2005.jpg] está na lista de Imaxes para borrar. Se vostede pensa que non debe eliminarse, expoña as súas razóns nesta entrada onde se está decidindo que facer coa imaxe. {{{2}}} |
--. HombreDHojalata.conversa 19:45, 1 de xullo de 2010 (UTC)
Cuestionario onomástica
editarOla, Xelo2004! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.
Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:
Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.
Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:11 (UTC)